Desenvolvemento económico: Conceptos, teorías e realidade
Loading...
Identifiers
Publication date
Advisors
Tutors
Editors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico
Abstract
A unidade didáctica «Desenvolvemento Económico: Conceptos, Teorías e Realidade» pertence á materia Estrutura Económica Mundial II: Desenvolvemento Económico, correspondente ao segundo curso do Grao
en Economía. Esta materia forma parte do módulo Estrutura Económica e Desenvolvemento, conformado por cinco materias obrigatorias e unha optativa. O sentido que adquiren dentro do plan de estudos as materias que compoñen este módulo é proporcionar ao alumnado un coñecemento xeral e específico do contexto económico real no que desenvolverá a súa futura actividade profesional. Ademais, preténdese que con estas materias o alumnado adquira a capacidade analítica necesaria para interpretar os fenómenos e enfrontarse aos novos escenarios que xurdan na economía mundial, europea, española e galega, que están suxeitas a cambios continuos. O módulo comeza coa materia Estrutura Económica Mundial I de primeiro curso, continuando en segundo coa materia Estrutura Económica Mundial II: Desenvolvemento Económico. Posteriormente, en terceiro curso, impártense as materias Estrutura Económica de España e da Unión Europea, Estrutura Económica de Galicia e, Desenvolvemento Rexional e Desenvolvemento Local. Por último, no cuarto curso, ofértase a materia
optativa de Desenvolvemento Económico e Sustentabilidade.
Estrutura Económica Mundial II: Desenvolvemento Económico é continuación da materia Estrutura Económica Mundial I. A organización didáctica conxunta das dúas materias pretende que o alumnado dispoña duns coñecementos teóricos que lle permitan comprender os aspectos fundamentais da análise estrutural en economía; dotar ao alumnado dun coñecemento básico da estrutura e configuración da economía mundial actual como marco no que se insiren as economías europea, española e galega. A finalidade é que aprendan a analizar a economía mundial cos instrumentos propios dunha metodoloxía
sistémica, que saiban interpretar as súas características actuais con referencias históricas, a súa evolución e movementos cíclicos e, coñezan os elementos relacionais que hai detrás dos modelos de acumulación.
Description
Titulación: Grao en Economía -- Materia: Estrutura Económica Mundial II:
Desenvolvemento Económico
Keywords
Desenvolvemento| Desarrollo| Índice de Desenvolvemento Humano (IDH)| Índice de Desarrollo Humano (IDH)| Crecemento económico| Crecimiento económico| Modernización económica e social| Subdesenvolvemento| Subdesarrollo| Débeda externa| Deuda externa| Desigualdade de Xénero| Desigualdad de Género| Índice de Pobreza Multidimensional| Estrutura Económica Mundial II:
Desenvolvemento Económico| Grao en Economía
Bibliographic citation
Relation
Has part
Has version
Is based on
Is part of
Is referenced by
Is version of
Requires
Sponsors
Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüística
Rights
© Universidade de Santiago de Compostela, 2013. Esta obra atópase baixo unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional (CC BY-NC-SA 4.0)








