RT Book,_Whole T1 Desenvolvemento económico: Conceptos, teorías e realidade A1 Sánchez Carreira, María del Carmen A1 Rodil Marzábal, Óscar K1 Desenvolvemento K1 Desarrollo K1 Índice de Desenvolvemento Humano (IDH) K1 Índice de Desarrollo Humano (IDH) K1 Crecemento económico K1 Crecimiento económico K1 Modernización económica e social K1 Subdesenvolvemento K1 Subdesarrollo K1 Débeda externa K1 Deuda externa K1 Desigualdade de Xénero K1 Desigualdad de Género K1 Índice de Pobreza Multidimensional K1 Estrutura Económica Mundial II:Desenvolvemento Económico K1 Grao en Economía AB A unidade didáctica «Desenvolvemento Económico: Conceptos, Teorías e Realidade» pertence á materia Estrutura Económica Mundial II: Desenvolvemento Económico, correspondente ao segundo curso do Grao en Economía. Esta materia forma parte do módulo Estrutura Económica e Desenvolvemento, conformado por cinco materias obrigatorias e unha optativa. O sentido que adquiren dentro do plan de estudos as materias que compoñen este módulo é proporcionar ao alumnado un coñecemento xeral e específico do contexto económico real no que desenvolverá a súa futura actividade profesional. Ademais, preténdese que con estas materias o alumnado adquira a capacidade analítica necesaria para interpretar os fenómenos e enfrontarse aos novos escenarios que xurdan na economía mundial, europea, española e galega, que están suxeitas a cambios continuos. O módulo comeza coa materia Estrutura Económica Mundial I de primeiro curso, continuando en segundo coa materia Estrutura Económica Mundial II: Desenvolvemento Económico. Posteriormente, en terceiro curso, impártense as materias Estrutura Económica de España e da Unión Europea, Estrutura Económica de Galicia e, Desenvolvemento Rexional e Desenvolvemento Local. Por último, no cuarto curso, ofértase a materia optativa de Desenvolvemento Económico e Sustentabilidade.Estrutura Económica Mundial II: Desenvolvemento Económico é continuación da materia Estrutura Económica Mundial I. A organización didáctica conxunta das dúas materias pretende que o alumnado dispoña duns coñecementos teóricos que lle permitan comprender os aspectos fundamentais da análise estrutural en economía; dotar ao alumnado dun coñecemento básico da estrutura e configuración da economía mundial actual como marco no que se insiren as economías europea, española e galega. A finalidade é que aprendan a analizar a economía mundial cos instrumentos propios dunha metodoloxía sistémica, que saiban interpretar as súas características actuais con referencias históricas, a súa evolución e movementos cíclicos e, coñezan os elementos relacionais que hai detrás dos modelos de acumulación. PB Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico SN 978-84-15876-58-8 YR 2013 FD 2013 LK http://hdl.handle.net/10347/10495 UL http://hdl.handle.net/10347/10495 LA glg NO Titulación: Grao en Economía -- Materia: Estrutura Económica Mundial II:Desenvolvemento Económico NO Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüística DS Minerva RD 28 abr 2026