RT Book,_Whole T1 Sistemas dispersos heteroxéneos: bases fisicoquímicas A1 Otero Espinar, Francisco Javier K1 Tecnoloxía Farmacéutica I K1 Licenciatura en Farmacia AB Cando un composto é soluble noutro podemos formar unha disolución verdadeira. Nesta, o soluto atópanse dispersado a nivel molecular nodisolvente de maneira que as moléculas de disolvente e de soluto posúentamaño similar, polo que podemos asumir que as moléculas de soluto estándistribuídas uniformemente no disolvente. En cambio, se unha subtancia éinsoluble noutra, non poderemos dispersala a nivel molecular. Non obstante,o que poderemos facer é dividila en pequenas unidades e distribuílas no seoda substancia que actúa como fase dispersante. Neste caso, obteremos unsistema disperso heteroxéneo (SDH) no que as unidades da fase dispersateñen un tamaño moito maior que as moléculas do disolvente ou da fasedispersante. Os SDH son polo tanto aqueles nos que unha substancia (a fasedispersa) atópase dispersa ou dividida (en unidades con tamaño superior ás0.5 μm), no seo doutra (a fase dispersante ou continua). A nivel farmacéuticoos SDH típicos son as suspensións, fi nas partículas dun sólido distribuídasnun líquido; e as emulsións nas que gotas dun líquido se dispersan noutrolíquido co que non é miscible. Os distintos tipos de SDH (cadro 4.1.) atopanaplicacións en campos moi diversos, dende a cociña ás tecnoloxías máisavanzadas. Neste tema centrarémonos na súa utilización no campo da tecnoloxía farmacéutica.A principal característica dos SDH é que son inestables dende unpunto de vista termodinámico, polo que ao cabo do tempo tenden á separación das fases de seu coa consecuente rotura do sistema. Nesta unidadedidáctica tentaremos describir todos aqueles aspectos que están directa e indirectamente relacionados coa inestabilidade dos SDH, para contar coa basenecesarias para afrontar con éxito a elaboración de emulsións, suspensións e sistemas coloidais farmacéuticos estables. PB Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico SN 978-84-9750-924-4 YR 2008 FD 2008 LK http://hdl.handle.net/10347/23174 UL http://hdl.handle.net/10347/23174 LA glg NO Titulación: Licenciatura en Farmacia -- Materia: Tecnoloxía Farmacéutica I NO Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüística DS Minerva RD 20 abr 2026