A norma xurídica
Loading...
Identifiers
Publication date
Advisors
Tutors
Editors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico
Abstract
Teoría do Dereito impártese no primeiro cuadrimestre do primeiro curso do Grao en Dereito, e persegue sentar as bases do coñecemento xurídico do alumno, explicando os caracteres xerais do Dereito (ontoloxía xurídica), a metodoloxía para o seu coñecemento (teoría da ciencia) e os valores presentes no Dereito (axioloxía xurídica). Todo o cal explicarase sen fixarnos en ningún ordenamento xurídico concreto, aínda que poidan facerse referencias a estes a título de exemplo. A presente Unidade Didáctica (en adiante, UD), inclúese na parte de Ontoloxía Xurídica, na que se analiza en xeral que é o Dereito e, en particular, as doutrinas filosófico-xurídicas sobre o Dereito aparecidas ao longo da historia (iusnaturalismo e positivismo xurídico); o concepto de Dereito; as funcións do Dereito; a súa distinción con respecto a outras ordes normativas, como poden ser a moral e as regras de trato social; a norma xurídica; o dereito como sistema xurídico; as fontes do Dereito, a súa interpretación e aplicación e os conceptos xurídicos fundamentais. Esta UD contempla o Dereito dende o punto de vista da súa célula primaria: a norma xurídica, fronte á UD seguinte que o observa como un sistema de normas, como ordenamento xurídico. Por outra banda, analízase a norma de forma estática. Os alumnos atoparán información sobre que é unha norma xurídica, cal a súa estrutura; cales as súas clases e, por último, as súas dimensións ou propiedades: validez, eficacia e lexitimidade
Description
Titulación: Grao en Dereito -- Materia: Teoría do dereito
Keywords
Bibliographic citation
Relation
Has part
Has version
Is based on
Is part of
Is referenced by
Is version of
Requires
Sponsors
Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüística
Rights
© Universidade de Santiago de Compostela, 2011. Esta obra atópase baixo unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional (CC BY-NC-SA 4.0)
Attribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 Internacional
Attribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 Internacional






