RT Book,_Whole T1 A norma xurídica A1 Rodríguez Boente, Sonia Esperanza K1 Legalidade AB Teoría do Dereito impártese no primeiro cuadrimestre do primeiro curso do Grao en Dereito, e persegue sentar as bases do coñecemento xurídico do alumno, explicando os caracteres xerais do Dereito (ontoloxía xurídica), a metodoloxía para o seu coñecemento (teoría da ciencia) e os valores presentes no Dereito (axioloxía xurídica). Todo o cal explicarase sen fixarnos en ningún ordenamento xurídico concreto, aínda que poidan facerse referencias a estes a título de exemplo. A presente Unidade Didáctica (en adiante, UD), inclúese na parte de Ontoloxía Xurídica, na que se analiza en xeral que é o Dereito e, en particular, as doutrinas filosófico-xurídicas sobre o Dereito aparecidas ao longo da historia (iusnaturalismo e positivismo xurídico); o concepto de Dereito; as funcións do Dereito; a súa distinción con respecto a outras ordes normativas, como poden ser a moral e as regras de trato social; a norma xurídica; o dereito como sistema xurídico; as fontes do Dereito, a súa interpretación e aplicación e os conceptos xurídicos fundamentais. Esta UD contempla o Dereito dende o punto de vista da súa célula primaria: a norma xurídica, fronte á UD seguinte que o observa como un sistema de normas, como ordenamento xurídico. Por outra banda, analízase a norma de forma estática. Os alumnos atoparán información sobre que é unha norma xurídica, cal a súa estrutura; cales as súas clases e, por último, as súas dimensións ou propiedades: validez, eficacia e lexitimidade PB Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico SN 9788498876451 YR 2011 FD 2011 LK http://hdl.handle.net/10347/23273 UL http://hdl.handle.net/10347/23273 LA glg NO Titulación: Grao en Dereito -- Materia: Teoría do dereito NO Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüística DS Minerva RD 23 abr 2026