Grao en Xornalismo

Permanent URI for this collectionhttps://hdl.handle.net/10347/11507

Browse

Recent Submissions

Now showing 1 - 20 of 27
  • Item type: Item ,
    Jugando por el cambio
    (2024-07) Nieto Cancho, Lucía; Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Ciencias da Comunicación; Vázquez Herrero, Jorge
    La reciente aparición de nuevas fórmulas y productos periodísticos ha ampliado el abanico de posibilidades que los profesionales del sector pueden emplear para transmitir la información e historias que pretenden contar. La presente investigación tiene como objetivo constatar si las características diferenciales de los newsgames favorecen la transmisión de temáticas propias del periodismo social. Para alcanzar el propósito principal del trabajo, el estudio se basa en el análisis de los resultados de examinar un conjunto de piezas que se enmarcan en los newsgames de temática social, entrevistas a sus creadores y la opinión de una muestra de población acerca de su percepción sobre ello. Asimismo, se persigue verificar que el formato en cuestión aumenta el grado de inmersión de los jugadores y les ofrece nuevas posibilidades de participación
  • Item type: Item ,
    Creación dunha revista de moda e lifestyle de ámbito autonómico
    (2024-09) Fernández Castro, Leila; Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Ciencias da Comunicación; Pérez Seijo, Sara; Quián, Alberto
    No presente Traballo de Fin de Grao atopamos o proceso de creación dunha revista de moda e lifestyle impresa e de ámbito autonómico, desde a idea ata a materialización da mesma. Pártese dunha investigación previa sobre o deseño editorial e faise un repaso histórico polas revistas desta temática, abarcando a presenza destas publicacións na comunidade galega actualmente. O primeiro número de BRINKO é froito deste proxecto. A primeira revista impresa en galego, que pretende ser unha ventá para a industria da moda e da arte existente en Galicia, con especial foco nos novos creadores. Entrevistas, editoriais fotográficas, artigos de opinión e, en xeral, contidos de análise e en profundidade sobre a escena cultural emerxente, enchen as páxinas desta nova publicación independente
  • Item type: Item ,
    Elaboración de produtos xornalísticos multimedia
    (2024-07) Loureiro Sánchez, Ana; Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Ciencias da Comunicación; Vizoso García, Ángel Antonio
    Nun escenario social e cultural no que as representacións artísticas identitarias, a busca de pertenza ou a reivindicación do territorio se consolidan coma unha contrareacción a fenómenos como a globalización, a nostalxia e a reivindicación das expresións da cultura tradicional semellan consolidarse como saída a esa necesidade de definir a personalidade en sociedade. Nos últimos tempos tense comezado a falar da "modernización da cultura tradicional" como forma de reinterpretar a cultura popular e achegala ás linguaxes actuais para, con isto, poder introducila a novos públicos. Para reflexionar sobre todas esas cuestións e darlle voz a algúns dos proxectos que lideran este movemento nace como Traballo de Fin de Grao "A Romaría Gzeta". Unha reportaxe multimedia que pretende construír unha alegoría do que podería ser unha romaría tradicional se se definira desde os códigos do presente. Isto serve para demostrar, ao mesmo tempo, que a transformación resulta transversal a todas as disciplinas culturais e se está a consolidar coma un fenómeno sociolóxico no que inflúen factores sociais, culturais e antropolóxicos. Todo isto mentres se analiza como estes ciclos de transformación resultaron constantes ao longo da historia e, por tanto, non hai tanto que afaste á sociedade desa chamada "cultura tradicional"
  • Item type: Item ,
    ADESORA: As Mulleres Alén das Alcobas
    (2024-09) Ramos Mesía, Iria; Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Ciencias da Comunicación; Sixto García, José
    A produción e mailo consumo de podcasts viñeron aumentando de xeito exponencial nos últimos anos. Proliferan, especialmente, os que se centran en temáticas especializadas e os que artellan o seu contido arredor das técnicas de conversa, de exposición documental ou do storytelling. Este tipo de produtos goza dun especial éxito entre mocidade, a denominada Xeración Z. Entrementres, no eido da investigación histórica, estase a experimentar un incremento dos enfoques con perspectiva de xénero. No caso do estudo da Historia de Galicia, destaca o labor dunha serie de expertos que incorporan esta tendencia nos seus traballos a respecto do período medieval. Unidas estas dúas realidades en auxe, proponse un podcast divulgativo dirixido á Xeración Z que achegue unha aproximación ás convencións sociais e á vida cotiá das mulleres dos tres estamentos sociais da Galicia medieval a través da selección de cinco perfís femininos e mais dun relato adaptado das súas biografías
  • Item type: Item ,
    Modelos de financiación das radiotelevisións públicas en Europa
    (2023-07) Pérez Cantelar, Paula; Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Ciencias da Comunicación; Rodríguez Castro, Marta
    Nun contexto de cambios no consumo e nos soportes dos servizos de comunicación de masas faise preciso estudar novas vías de financiamento dos medios ou adaptar os existentes ás novas realidades, todo para que poidan sobrevivir. A Comisión Europa pon especial atención neste eido a respecto dos medios de comunicación públicos, pois un axeitado financiamento destas corporacións deriva nunha maior independencia na súa actuación en prol do servizo público. Co obxectivo de pescudar o modelo que aporte un financiamento axeitado e unha estabilidade orzamentaria ás entidades radiotelevisivas públicas, esta investigación estudou os comportamentos do financiamento das principais corporacións de comunicación desta natureza de seis países con distintos modelos de ingresos públicos e de diversas situacións políticas, económicas e mediáticas: España, Francia, Finlandia, Bélxica, Austria e o Reino Unido. Así, esclareceuse que os modelos de financiamento existentes nos países europeos teñen os seus defectos e as súas virtudes, de modo que nalgúns países poden ser os ideais, mentres noutros están lonxe de selo. Conclúese que todo depende da idiosincrasia e circunstancias de cada territorio
  • Item type: Item ,
    A cultura da cancelación en redes sociais
    (2023-07) Sánchez Lorda, Uxía; Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Ciencias da Comunicación; Sixto García, José
    Coa irrupción de internet e das redes sociais os debates públicos pasaron a desenvolverse no espazo dixital. Os avances formais que trouxo a democratización de internet contan coas súas sombras que se reflicten en polarización, campañas de acoso, forte emocionalidade e na chamada cultura da cancelación. A perda de apoio cara a quen expresa unha opinión disidente e que, nun principio, debe ser sinalada, é unha das realidades máis actuais con importantes efectos na sociedade. Na presente investigación analízase a cultura da cancelación nas redes sociais. Tras elaborar unha caracterización da importancia da opinión pública no conxunto da historia e de como se desenvolve na nova era dixital como marco teórico, para abordar a dimensión da cultura da cancelación, lévase a cabo unha investigación práctica constituída por cinco casos representativos. Por outra banda, desenvólvense cinco entrevistas abertas como técnica cualitativa para estudar o fenómeno da cultura da cancelación desde a psicoloxía, a socioloxía, a política, a comunicación e o dereito. Os resultados do traballo evidencian que a cultura da cancelación reproduce o fenómeno da espiral do silencio ao constatarse a vixencia do silencio nas redes sociais ante disparidade de opinións, que entorpece o debate público e, por conseguinte, afecta a calidade democrática, e que existe unha tendencia dos medios de comunicación a reforzar a cultura da cancelación. Por outro lado, as consecuencias desiguais que viven os homes das mulleres non son exclusivas do espazo dixital pero, non obstante, evidénciase como obrigatorio analizar a cultura da cancelación con perspectiva de xénero
  • Item type: Item ,
    Unha mirada actual da relación entre o xornalismo e a literatura dende Galicia
    (2022-07) Fontao Saavedra, Amara; Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Ciencias da Comunicación; López García, Xosé
    O presente traballo pescuda nas formas nas que se entrelazan o xornalismo e a literatura no contexto cultural e lingüístico galego mediante o estudo de tres autores: Rosa Aneiros, Miguel-Anxo Murado e Manuel Rivas. Para tal fin, analizouse un corpus composto por oitenta artigos xornalísticos e tres obras narrativas, empregando unha metodoloxía na que se combinan elementos cuantitativos e cualitativos, unha análise dedutiva e entrevistas en profundidade semiestruturadas. Conclúese que os temas, procesos de creación e ferramentas narrativas son compartidas entre ambas disciplinas e que a vontade literaria é determinante para a existencia do xornalismo de calidade
  • Item type: Item ,
    Radio Eladio
    (2022-07) González Lois, Eladio; Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Ciencias da Comunicación; Silva Rodríguez, Alba
    Este trabajo analiza el surgimiento, evolución e impacto de Radio Eladio, un podcast de entrevistas nacido como programa de radio en 2018 y cuya actividad se extiende hasta la actualidad. Se trata de un espacio de divulgación de información relacionada con el ámbito de la comunicación, y su objetivo fundamental es mostrar el progreso experimentado por un mismo proyecto en base a la adquisición de los conocimientos y destrezas que proporciona el Grado en Periodismo. Del mismo modo, en base a la observación de Radio Eladio, se estudia el podcast como soporte de narrativas periodísticas, sus propiedades, los efectos de convertir un formato basado en audio en un producto audiovisual y, especialmente, la diferencias entre los conceptos de radio en Internet y podcast. Todas ellas son ideas que se apoyan en los cambios, estrategias y pruebas que se han llevado a cabo en el proyecto
  • Item type: Item ,
    O discurso xornalístico a través da rede social TikTok no panorama mediático español
    (2022-07) Blanco Fernández, Lucía; Corredoira Rebolo, Ainara; Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Ciencias da Comunicación; Toural Bran, Carlos; Vizoso García, Ángel Antonio
    A continua evolución das redes sociais provocou transformacións no xeito de comunicar a través destes espazos. No novo paradigma do ecosistema dixital, instaurado dende a irrupción dos cibermedios, a actividade xornalística non é allea a este tipo de cambios, que teñen como resultado a adaptación aos novos entornos comunicativos e aos seus formatos derivados. O obxectivo deste estudo é dar conta do tipo de produción noticiosa presente na canle social de TikTok, unha plataforma de entretemento xurdida en 2016, aínda que cun grande desenvolvemento a nivel informativo a partir da crise sanitaria da Covid-19, grazas á progresiva incorporación dos axentes comunicativos á súa comunidade. A partir da análise en profundidade das contas informativas de RTVE, TVG, Antena 3 e Telecinco e do testemuño de diversas profesionais que traballan no espazo social é posible coñecer como é a adaptación do produto noticioso en termos de linguaxe, recursos, formatos e función. De acordo co observado, a estratexia seguida apóiase na difusión de materiais breves, cunha función e intencionalidade informativa, un protagonismo da voz e na incorporación de elementos propios das canles interactivas. Porén, é posible advertir contidos que son trasladados do medio televisivo, polo que tamén imperan modelos propios do xornalismo tradicional
  • Item type: Item ,
    O xornalismo de banda deseñada na (re)presentación das crises humanitarias
    (2021-07) Fole Garza, Xiana; Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Ciencias da Comunicación; Castelló Mayo, Enrique
    A banda deseñada adquire unha especial sensibilidade á hora de retratar realidades complexas, como son as crises humanitarias e os conflitos internacionais. Este traballo analiza o tratamento do conflito palestino-israelí en banda deseñada, dentro da corrente en voga coñecida como cómic-xornalismo e a partir das obras Palestine (2015) e Foonotes in Gaza (2020) de Joe Sacco, Chroniques de Jérusalem (2011) de Guy Delisle e How to understand Israel in 60 days or less (2012) de Sarah Glidden. Conclúese que estas se inscriben dentro da hibridación de xéneros, se ben a investigación evidenciou que non todas son produtos xornalísticos; e poden considerarse un exercicio de memoria e transmisión cultural, retratando o conflito con diferentes graos de autenticidade
  • Item type: Item ,
    Creación de una revista en el marco del slow journalism, dirigida a la juventud
    (2021-07) Miranda Martínez, María Uxía; Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Ciencias da Comunicación; Casás García, José
    El slow journalism es una corriente periodística poco definida por el momento. En el contexto de sobrecarga informativa en el que vivimos, todavía no se tiene muy clara la rentabilidad y el éxito a largo plazo de este tipo de periodismo. Sin embargo, está constatada la existencia de la demanda de esos contenidos por una parte de la sociedad; contenidos caracterizados por una profundidad tanto a nivel narrativo como en su producción. En este trabajo se estudiará la posible adherencia del “periodismo lento” entre el público joven a través de la creación de una revista, Shitén
  • Item type: Item ,
    Las posibilidades comunicativas del videojuego
    (2021-07) Rañales Pérez, Pablo Javier; Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Ciencias da Comunicación; Silva Rodríguez, Alba
    La presente investigación analiza el fenómeno del newsgaming enlazándolo con la tradición teórica clásica de los géneros periodísticos. En su revisión documental, se expone la necesidad de construir unos protogéneros readaptados que ayuden a entender las capacidades expresivas tanto de los newsgames como de este modo emergente de hacer periodismo: el periodismo videolúdico. Los resultados obtenidos, utilizando una triangulación metodológica que garantiza una aproximación cualitativa y cuantitativa, muestran la consolidación de un reportaje videolúdico procedural, caracterizado por la utilización de temas centrados en el ‘cómo’, con arquetipos ficcionales enmarcados en un contexto de no ficción y también ejemplos de buenas prácticas de trabajo periodístico. De igual manera, la crónica y el editorial videolúdicos caminan hacia una consolidación dentro del newsgaming, y solo la noticia, apegada a la última hora, se sitúa como una estructura muy alejada de su conceptualización hegemónica. Estos protogéneros periodísticos deberán ser repensados, matizados y debatidos, en una búsqueda de normalización y mayor comprensión del periodismo videolúdico
  • Item type: Item ,
    A televisión local en Galicia
    (2021-07) Fernández Cerdeira, Jessica; Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Ciencias da Comunicación; Rodríguez Vázquez, Ana Isabel
    A televisión local naceu como resposta á necesidade da sociedade por ter contido informativo audiovisual que tratase dos temas máis próximos ás persoas. Este modelo de televisión permite, ademais, que os cidadáns poidan participar dela e contar as súas historias na televisión. No caso concreto de Lugo, a cidadanía lucense puido desfrutar de tres proxectos televisivos entre 1994 e 2017, ano no que cesaron as emisións a través de TDT. Por esta razón, esta investigación ten por finalidade descubrir se o grupo propietario da última televisión local lucense Telelugo está disposto a volver a poñer en marcha as emisións da televisión local, catro anos máis tarde; se a sociedade lucense bota en falta unha televisión local lucense e, de habela, de que forma a imaxina
  • Item type: Item ,
    La implantación y evolución de las nuevas tecnologías en las televisiones públicas europeas para la aparición del público participante
    (2021-07) Prieto Arosa, Juan Manuel; Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Ciencias da Comunicación; Túñez López, Miguel
    El servicio audiovisual público europeo no ha parado de evolucionar constantemente en su misión de valor público. Desde que a finales de los años 90 se gestó el fenómeno de Internet han ido apareciendo nuevas tecnologías en las que los PSM han ido estando presentes mientras se seguía evolucionando tecnológica y socialmente. El switch off fue el desencadenante de la transformación digital a través de la HbbTV, las plataformas de vídeo OTT y las redes sociales; tres pilares en los que se ha estado moviendo la sociedad en los últimos años y que los PSM tuvieron en cuenta para combatir el cambio en los hábitos de consumo, la fragmentación de la audiencia, el cambio de interés de los contenidos y la forma de verlos, mientras el espectador demanda una mayor participación, interactividad, feedback y co-creación para sentirse creador de los propios productos televisivos. La investigación se basa en una observación activa de las plataformas de vídeo de los PSM y en la recogida de datos cualitativos y cuantitativos de los perfiles generalistas y/o corporativos, deportivos y de plataformas de vídeo de las redes sociales más tradicionales y en auge, así como de las que mayor interés están generando al fomentar la participación, en los PSM de Alemania (ZDF y ARD), Finlandia (Yle), Francia (France Télévisions), España (RTVE), Irlanda (RTÉ) y Reino Unido (BBC). Los resultados muestran como el servicio audiovisual público europeo se ha adaptado a las nuevas tecnologías, así como que no para de innovar a través de la IA y de nuevas estrategias digitales, online y lineales para mantener a su audiencia, mientras sigue fomentando el contenido bajo demanda, la estrategia multipantalla y la second screen con el objetivo de recuperar la confianza en su misión de valor público
  • Item type: Item ,
    Colaboración coa RAG para a creación de pezas audiovisuais destinadas ao fomento do uso do galego entre a mocidade
    (2020-07) Alcayde Dans, Xián Lois; Quiroga Rodríguez, Paula; Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Ciencias da Comunicación; Rodríguez Vázquez, Ana Isabel
    Proxecto feito en colaboración coa RAG. Elaboración en equipo dunha campaña audiovisual dividida en cinco capítulos. Cada peza está protagonizado por un personaxe público. Estes son referentes para cada un dos retrucantes, un por capítulo, no que van coñecelos para conversar ao redor das súas preocupacións. Os conflitos expostos están relacionados coa lingua. O proxecto se destinará a promocionar o emprego da lingua galega entre a mocidade, aumentar a autoestima social respecto do idioma e amosar o galego como unha lingua digna. A distribución está prevista para outono de 2020 e se fará a través das canles que a RAG considere oportunas
  • Item type: Item ,
    La verificación de datos en Europa como método para combatir la desinformación
    (2020-07) García Vivero, Gloria; Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Ciencias da Comunicación; López García, Xosé
    En la era digital la desinformación se ha convertido en un problema que, en situaciones de conflicto o caos –como ha sido en el 2020 la aparición de la covid-19–, polariza la sociedad y crea falsas realidades que ponen en peligro a una parte de esta. Frente a este fenómeno los verificadores de datos trabajan diariamente para intentar reducir su impacto. La presente investigación pretende mostrar la fotografía de cuál es la situación actual de la verificación en Europa mediante el estudio de varios fact-checkers europeos. Así, se analizará el contenido que publican y las características de este, intentando encontrar semejanzas entre ellos. De la misma manera, se buscará comprender también la naturaleza y características de la desinformación con la que trabajan. Además, entrevistas con profesionales de los verificadores de datos y con especialistas en fact-checking permitirán comprender sus rutinas y metodologías, los perfiles de los trabajadores y sus estructuras empresariales, intentando de nuevo establecer conclusiones generales en el escenario europeo. Debido al momento en el que ha tenido lugar la investigación, el estallido de la pandemia del coronavirus, el fenómeno también ha tomado relevancia en la investigación, estudiando como ha afectado esta al aumento de la información y que soluciones han buscado los verificadores para hacerle frente
  • Item type: Item ,
    O xornalismo vilalbés no primeiro terzo do século XX
    (2019-02) García Calaza, iván; Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Ciencias da Comunicación; López García, Xosé
    O século XX estivo marcado por múltiples acontecementos cuxas consecuencias chegan ata a actualidade. No apartado da información e da comunicación, a comezos deste século, foi cando os xornais se consolidaron como as principais fontes de información, aínda que xa apareceran nas dúas centurias anteriores. A prensa pasou a ser a narradora dos feitos que estaban cambiando o mundo. Este mesmo fenómeno deuse, non só nas grandes cidades, senón tamén nas vilas máis pequenas. Vilalba (Lugo) é un claro exemplo. Nesta localidade xurdiron no primeiro terzo do século XX, polo menos, vinte publicacións. Moitas delas eran feitas de maneira artesanal e duraban pouco na rúa, pero contribuíron e influíron, dunha ou doutra maneira, en Vilalba e na súa comarca
  • Item type: Item ,
    Evolución de la financiación de los servicios audiovisuales públicos europeos (2010-2017)
    (2019-07) Gesto Louro, Alejandro; Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Ciencias da Comunicación; Campos Freire, Francisco
    En los años posteriores a la crisis económica, se consolidó la tendencia negativa en la financiación de los servicios audiovisuales públicos europeos, junto a una significativa caída de la audiencia. Este estudio explora esta coyuntura, analizando los resultados económicos de las corporaciones de medios públicos de los 28 países de la Unión Europea entre los años 2010 y 2017 y relacionándolos con diversas variables económicas, como los ingresos per cápita, por hogar o la Paridad de Poder Adquisitivo, así como según su fuente de financiación predominante (canon, publicidad o subvención directa) y a través de los modelos propuestos por Hallin y Mancini (2004, 2008, 2013). Además, mediante la realización de un estudio de caso con los ejemplos de la RAI, la YLE y la RTÉ, apoyado por las entrevistas a dos investigadores universitarios y a un profesional del sector, se extrae, como conclusión, una reducción en la plantilla de los entes públicos durante este periodo y ciertas carencias en lo que se refiere a producción propia e innovación, que hacen que la oferta de las corporaciones públicas sea cada vez menos competitiva
  • Item type: Item ,
    Cosmopolitismo e europeísmo na revista Nós
    (2019-07) Méndez Rodríguez, Antonio; Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Ciencias da Comunicación; Outeiriño, Manuel
    A revista Nós (1920-1936) supuxo para a cultura e o xornalismo galegos un dos fitos máis importantes da primeira metade do século XX así como da historia de Galicia. Nós foi o órgano de expresión da xeración de autores homónima que renovaron e innovaron no eido literario e xornalístico e desenvolveron unha gran labor na dignificación e valorización da lingua, converténdose nun dos grupos máis significativos do panorama galego. Este Traballo de Fin de Grao ten como obxectivo analizar dous trazos característicos tanto da revista coma da xeración no seu conxunto: o carácter cosmopolita e europeísta. Desde o primeiro número de Nós, os responsables da publicación manifestan o seu interese por mediar entre as diferentes culturas e situar a Galicia nun chanzo semellante ás mesmas. Esta investigación analiza un total de corenta e catro artigos da revista para demostrar a presenza do cosmopolitismo e europeísmo nas páxinas de Nós ao longo de toda a súa traxectoria, así como debullar e caracterizar ámbolos dous aspectos.
  • Item type: Item ,
    Cobertura electoral en las radiotelevisiones públicas
    (2019-07) Caínzos Achirica, Íñigo; Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Ciencias da Comunicación; Campos Freire, Francisco
    Los comicios catalanes del 21 de diciembre de 2017, que se saldaron con una victoria de Ciudadanos pero con la mayoría en el Parlament de las fuerzas soberanistas estuvieron envueltos en un clima de tensión sin precedentes entre los dos bloques: constitucionalistas e independentistas. Por su parte, las elecciones generales del 28 de abril de 2019 estuvieron marcadas por el auge de la extrema derecha, el juicio a los líderes soberanistas en Madrid y por el adelanto electoral decidido por Pedro Sánchez después de un mandato de apenas diez meses, tras la moción de censura contra Mariano Rajoy. En ambos comicios el papel de los medios de comunicación, especialmente los públicos, estuvieron bajo estricto control por parte de la Junta Electoral Central, y se cruzaron las acusaciones de control por parte de los diferentes bloques que concurrieron a los comicios. Los organismos encargados de hacer cumplir la Ley Orgánica de Régimen Electoral (LOREG) sancionaron con cuatro multas de 1.000 euros a TV3 y Catalunya Radio, los medios públicos catalanes, por incumplir las normas y desoír las recomendaciones en materia de pluralismo y neutralidad informativa durante la cobertura de la campaña electoral de las elecciones de Cataluña. En el caso de las generales, siguieron los focos de tensión en los medios catalanes, a los que se añadió la polémica con los debates electorales y la participación de Vox en este formato. Con los datos en la mano, y atendiendo también a las aportaciones teóricas de diferentes estudios, se vuelve a comprobar cómo aunque en términos generales existe un pluralismo formal en el reparto de tiempos, no se da un tratamiento neutral a los contenidos informativos