EC/009-Vol.9, Núm. 2 (2000)
Permanent URI for this collectionhttps://hdl.handle.net/10347/18907
Browse
Recent Submissions
Now showing 1 - 17 of 17
Item type: Item , El factor humano en las relaciones laborales. Antonio Leal Millán [coord.]; Ana Alfaro, Lucía Rodríguez, Marisa Román. Madrid: Pirámide, 1999 [474 páxinas](Universidade de Santiago de Compostela, 2000) Redondo López, Carmen; Rivas Costa, JavierItem type: Item , La riqueza y la pobreza de las naciones: por qué algunas son tan ricas y otras son tan pobres. David S. Landes. Barcelona: crítica. 1998, 1999 [604 páxinas](Universidade de Santiago de Compostela, 2000) Martínez Rodríguez, Susana; Fernández Méndez, Andrés; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Economía AplicadaItem type: Item , Movimientos sociales: perspectivas comparadas D. Mcadam , J. Mccarthy , M . N. Zald [ed.]. Madrid: Istmo. 1999 [527 páxinas](Universidade de Santiago de Compostela, 2000) Lago Peñas, PedroItem type: Item , Comprender la globalización. Guillermo de la dehesa. Madrid: alianza. 2000 [245 páxinas](Universidade de Santiago de Compostela, 2000) Fernández Méndez, Andrés; Martínez Rodríguez, Susana; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Economía AplicadaItem type: Item , La universidad española hacia Europa. F. Michavila , B. Calvo. Madrid: Fundación Alfonso Martín Escudero. 2000 [287 páxinas](Universidade de Santiago de Compostela, 2000) Fernández López, Sara; Rodríguez Sandiás, Alfonso; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Economía Financeira e ContabilidadeItem type: Item , O investimento extranxeiro na República de Cuba na etapa contemporánea(Universidade de Santiago de Compostela, 2000) Estévez Mártir, Manuel A.; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Economía Financeira e ContabilidadeTendo en conta o incremento dos investimentos estranxeiros na República de Cuba fundamentalmente nos últimos anos e, por outro lado, considerando a influencia que sobre a estructura industrial cubana tiveron sucesos comprendidos entre os anos 1898 e 1990, no presente traballo vincúlanse ámbolos dous aspectos, a súa interdependencia e a influencia nas características dos investimentos estranxeiros contemporáneosItem type: Item , Perfil da maternidade en España(Universidade de Santiago de Compostela, 2000) Verdugo Matés, María Victoria; Cal Bouzada, María IsabelO comportamento procreador dunha muller depende dunha serie de condicionamentos, tales como o momento de reproducción no que se atope (idade), se vive ou non en parella (estado civil) ou se desenvolve ou non unha actividade fóra da casa, do lugar no que reside, etc. Parece evidente, pois, que a probabilidade de que unha muller decida ter ou non un fillo diferirá dependendo de se presenta unhas ou outras características. O principal propósito deste artigo é cuantifica-lo impacto deses condicionamentos “demográficos” sobre a probabilidade individual de ser nai, utilizando para iso a metodoloxía econométrica dos modelos de elección cualitativaItem type: Item , Desigualdade e benestar en termos da distribución persoal da renda: a situación galega no marco do estado(Universidade de Santiago de Compostela, 2000) Troitiño Cobas, Ánxela; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Economía CuantitativaProducción e distribución constitúen dous aspectos básicos da economía de calquera sociedade. Centrándonos no campo distributivo, analizámo-la desigualdade (absoluta e relativa) e o benestar, en función da distribución da renda, para a Comunidade Autónoma galega, así como a situación desta no conxunto do Estado e en relación ás restantes comunidades. A base de datos manexada é a EPF 90/91, xunto cos datos do ingreso reconstruído en Pena Trapero (1996). Aproximámo-la renda dispoñible dos fogares a través de tres variables diferentes: o gasto do fogar, o ingreso declarado e o ingreso reconstruído (IR). Homoxeneizámo-las ditas variables: a) en canto ó poder adquisitivo nas diferentes comunidades aplicando paridades de poder adquisitivo, e b) en canto ó tamaño, composición e economías de escala dos fogares aplicando escalas de equivalencia. Cuantifícase a desigualdade e o benestar-renda a través dun amplo abano de medidas, achegando resultados segundo cada unha delas para as diferentes variables. O feito de aplicar un extenso grupo de medidas permítenos observar se os resultados son unánimes (apoiados pola totalidade ou unha grande maioría dos indicadores) ou se son diferentes en función das medidas e variables seleccionadas.Item type: Item , Unha reflexión sobre a evolución dos métodos de xestión de existencia e a súa influencia no ámbito da información contable(Universidade de Santiago de Compostela, 2000) Porto Serantes, Nélida; Castromán Diz, Juan Luis; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Economía Financeira e Contabilidade; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Organización de Empresas e ComercializaciónO dinamismo que presenta o contorno empresarial supón para as organizacións empresariais importantes retos; entre eles, é importante o que presenta a reducción do ciclo de vida do producto e, consecuentemente, o risco de obsolescencia técnica ou comercial dos stocks almacenados nas empresas. Neste contexto adquire relevancia a información financeira emitida nas contas anuais das organizacións sobre as existencias e a súa perda de valor recollida nas contas compensadoras. Neste traballo resúmense algúns enfoques seguidos na xestión de existencias que comparten, aínda que non sexa de maneira explícita, unha serie de principios comúns moi vinculados coa organización da “cadea loxística” e co intento de convertela en vantaxe competitiva, facendo notar cómo inflúen na aparición de perdas de valor continxentes nos stocks e no seu reflexo contableItem type: Item , Os montes vizinhais em mao comum e os programas Proder e Leder: um recurso para o desnvolvemento?(Universidade de Santiago de Compostela, 2000) Pérez Fra, María do Mar; García Arias, Ana Isabel; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Economía AplicadaA situaçom de manifesta subexplotaçom que vêm padecendo as superfícies de monte vizinhal em mao comum em Galiza, junto com a elevada percentagem que este tipo peculiar de propriedade supom sobre o total da superfície agraria, fai que podamos afirmar que devam de ser consideradas como um recurso de primeira ordem em qualquer plano estratégico de intervençom que busque promover o desenvolvimento económico e social na maior parte das áreas rurais galegas. O objectivo central desta investigaçom é tratar de constatar este feito a través da consideraçom que estas áreas têm nos programas públicos de intervençom destinados a promover processos de desenvolvimento rural. Centramos o nosso trabalho nos Programas PRODER e LEADER, o primeiro resulta da aplicaçom do marco comunitário de apoio pluriregional para as regions objectivo 1 do Estado Espanhol mentres que o segundo é umha Iniciativa Comunitária que têm o desenvolvimento de áreas rurais como objectivo. As similitudes entre ambos programas som muitas, tanto no que se refere ao enfoque empregado; intervençom local, como no que atinge à finalidade específica; impulso do desenvolvimento endógeno e sustentável através de a diversificaçom da economia ruralItem type: Item , Novo tratamento contable das sociedades cooperativas no ámbito estatal e da comunidade autónoma galega(Universidade de Santiago de Compostela, 2000) Maside Sanfiz, José Manuel; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Economía Financeira e ContabilidadeTratando de recolle-las inquedanzas das sociedades cooperativas e os novos desafíos derivados da Unión Monetaria europea e o proceso globalizador no que estamos inmersos, xurdiron recentemente a Lei xeral de cooperativas (Lei 27/1999) e a Lei galega de cooperativas (Lei 5/1989). Referímonos neste artigo, en primeiro lugar, ás cuestións contables máis destacadas recollidas na Lei xeral de cooperativas (achegas ó capital social, retribución, reembolso e actualización de achegas, determinación e reparto de resultados, contas anuais e libros de contabilidade, etc.) para, finalmente, poñer de manifesto as principais diferencias que presenta coa regulación da Comunidade Autónoma galegaItem type: Item , O proceso de internacionalización das empresas galegas: o papel dos organismos públicos(Universidade de Santiago de Compostela, 2000) Martínez Senra, Ana Isabel; García Rodríguez, María JoséNas últimas décadas producíronse na escena económica internacional unha serie de acontecementos que levan implícita a idea da internacionalización, entre estes podemos destaca-lo rápido crecemento do comercio internacional e o investimento estranxeiro e o forte impulso adquirido polos acordos de cooperación internacional e os procesos de integración económica. As empresas deben ser conscientes dos efectos que van producir sobre a súa actividade todo este conxunto de tendencias, comprendendo que a competitividade nunha economía aberta, como a actual, é unha variable fundamental para garanti-lo éxito empresarial. Pero estes procesos de internacionalización non só condicionan a conducta das empresas senón tamén a dos gobernos, que se viron obrigados a abandona-las políticas intervencionistas en favor doutras que permitan unha competitividade sen fronteirasItem type: Item , A demanda turística en Galicia: o problema da concentración(2000) Martínez Roget, Fidel; Miguel Domínguez, José Carlos de; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Economía AplicadaO crecemento da actividade turística foi continuo nas últimas décadas, tanto a nivel mundial como europeo, español ou galego. Sen embargo, este crecemento non foi homoxéneo ó longo do tempo senón que houbo variacións na evolución segundo o ano ou grupo de anos considerados. A demanda turística tampouco presenta unha evolución parella se se analizan os distintos meses do ano ou as distintas áreas e zonas xeográficas. Se se fai esta análise, pódese comprobar cómo a demanda turística está localizada nuns determinados meses do ano e nunhas zonas concretas, presentándose neste caso o fenómeno da concentración, tanto temporal como espacial, da demanda turística. A concentración espacial da demanda turística pode supoñer que determinados espacios xeográficos se queden á marxe do fenómeno turístico ou, para os que si son destino turístico, unha excesiva dependencia de determinados países ou rexións emisoras de turistas. A concentración temporal da demanda turística pode ocasionar problemas de inestabilidade laboral, perda de calidade nos servicios ofrecidos, baixos niveis de profesionalización e outros trazos asociados á localización da actividade nuns poucos meses do anoItem type: Item , Dimensionalidade da capacidade económica nas comarcas galegas(Universidade de Santiago de Compostela, 2000) Iglesias Patiño, Carlos Luis; López Vizcaíno, María Esther; Sánchez Fernández, Patricio; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Estatística e Investigación OperativaNeste artigo o obxectivo xeral que se establece é realizar unha análise exploratoria dun conxunto suficientemente amplo de variables que, nun primeiro momento, están relacionadas coa capacidade económica a nivel comarcal. Dentro deste marco xeral, en primeiro lugar, créase un indicador sintético da capacidade económica mediante unha análise de compoñentes principais que permitirá obter unha clasificación segundo diversas características combinadas. A continuación, realízase unha análise factorial para resumir e simplifica-la información das variables de caracterización das comarcas. Finalmente, lévase a cabo unha análise cluster para conseguir agrupacións das comarcas segundo criterios de homoxeneidadeItem type: Item , A colaboración entre universidade e industria no marco dos sistemas rexionais de innovación: o caso galego(Universidade de Santiago de Compostela, 2000) González López, Manuel; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Economía AplicadaA colaboración entre a Universidade e a industria (CUI) é un fenómeno que ten cada día maior relevancia tanto nas instancias políticas como nas académicas. Este artigo pretende analiza-lo dito fenómeno usando o marco dos Sistemas Rexionais de Innovación (SRI). Deste xeito, nunha primeira parte, definímo-la CUI como unha das compoñentes do sistema de innovación nun determinado territorio e que, polo tanto, responde ás súas características globais. Na segunda parte do artigo damos conta da CUI, referida ó caso galego, e presentámo-los resultados do estudio empírico realizado para dúas das tres Universidades de Galicia. Concluímos sinalando que a situación periférica da economía galega é un condicionante fundamental do sistema galego de innovación e, polo tanto, da colaboración que se dá entre a universidade e a industriaItem type: Item , Institucións e sistema fiscal: reflexións desde a nova economía institucional(Universidade de Santiago de Compostela, 2000) Caballero Míguez, GonzaloA Nova Economía Institucional é o corpo teórico máis relevante que xorde nos últimos anos na ciencia económica. Nestas páxinas expoñemos cómo se presenta o sistema fiscal ante a mirada deste novo enfoque económico. Comezamos presentando o carácter institucional e organizacional do sistema fiscal. Sinalamos cómo detrás dun sistema fiscal existe un Estado, cómo este determina o sistema fiscal, partindo da teoría do Estado do Nobel Douglass North. Analizamos cómo o fenómeno fiscal é estudiado desde dúas perspectivas distintas dentro do institucionalismo: unha macro e unha micro. A continuación, recollémo-la relevancia do capital social para un sistema fiscal, o cal constitúe un dos factores que nos permiten defende-la nonexistencia de regras fiscais que teñan unha optimidade xeral. Expoñemos cómo a Teoría Política dos Custos de Transacción permite novas dimensións na análise de cuestións tributarias e rematamos cunha recapitulación como conclusiónItem type: Item , Análise da productividade total no sector agrario galego (1970-95)(Universidade de Santiago de Compostela, 2000) Aguayo Lorenzo, Eva; Expósito Díaz, Pilar; Rodríguez González, Xosé Antón; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Economía CuantitativaNos últimos corenta anos o sector agrario galego experimentou importantes transformacións, e estas foron especialmente intensas a partir da adhesión de España á CE. Neste contexto de cambios profundos ofrecemos, no presente traballo, unha análise do comportamento da productividade total dos factores no sector para o período 1974-95, comparando os resultados obtidos para Galicia, para as súas provincias e para o global de España. No estudio poñemos de manifesto a marcada diverxencia existente, en termos de productividade, entre os ámbitos español e galego e, dentro deste último, as relevantes diferencias provinciais, o que reafirma a idea de que as políticas agrarias serán máis efectivas na medida en que teñan en conta as distintas especialidades productivas e os contextos concretos de producción