EC/012-Vol.12, Núm. 2 (2003)

Permanent URI for this collectionhttps://hdl.handle.net/10347/18914

Browse

Recent Submissions

Now showing 1 - 14 of 14
  • Item type: Item ,
    250 frases y experiencias sobre las bolsas de valores. E. J. Menéndez Alonso. Barcelona: Gestiones 2000. 2002 [144 páxinas]
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2003) Fernández López, Sara; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Economía Financeira e Contabilidade
  • Item type: Item ,
    The Fundamental of Risk Measurement. Chris Marrison. New York: McGraw Hill. 2002 [413 páxinas]
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2003) Tamazian Shamagian, Artur; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Economía Financeira e Contabilidade
  • Item type: Item ,
    Análise da política de incentivos en Galicia a través da actividade do IGAPE: especial referencia ás pemes nos próximos anos
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2003) Fernández Méndez, Andrés; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Economía Aplicada
  • Item type: Item ,
    Distribución municipal da realidade socioeconómica galega
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2003) Rúa Vieites, Antonio; Redondo Palomo, Raquel; Campo Campos, Cristina del
    Neste artigo trátase de establecer se a favorable evolución socioeconómica galega da última década se produciu por igual en toda a súa xeografía ou se, pola contra, tivo lugar en polos existentes de desenvolvemento, aumentando as diferencias existentes previamente. Para iso, establecerase unha clasificación dos municipios da Comunidade Autónoma atendendo a unha serie de características socioeconómicas dadas por un número amplo de variables. Utilizaranse técnicas estatísticas multivariantes de reducción e clasificación de datos que permitirán determinar as diferencias e as similitudes existentes entre os distintos municipios galegos. Esta clasificación supoñerá unha tipoloxía municipal, constituída por diferentes grupos ou conglomerados, de maneira que as diferencias entre eles sexan o máis grandes posibles e as diferencias intragrupos sexan mínimas
  • Item type: Item ,
    A orientación da actividade aseguradora de vida cara á creación de valor
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2003) Otero González, Luis; Fernández López, Sara; Rodríguez Sandiás, Alfonso; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Economía Financeira e Contabilidade
    Este traballo ten por obxecto analizar as estratexias de xestión de activos e pasivos que permitan orientar a actividade aseguradora de vida cara á xeración de rendibilidade. Por iso, abordamos, en primeiro lugar, as particularidades da proxección do fluxo de caixa neste sector para, posteriormente, detérmonos en dúas ferramentas básicas: o valor intrínseco e o EVA. A súa aplicación nas compañías de seguros supón un cambio estratéxico moi importante na medida en que son os resultados e a creación de valor os que orientan as decisións de activo e pasivo e non outras variables tradicionais como o crecemento das vendas ou o beneficio contable.
  • Item type: Item ,
    O abastecemento de augas na cidade da Coruña durante o franquismo
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2003) Mirás Araújo, Jesús; Piñeiro Sánchez, Carlos; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Economía Aplicada; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Economía Financeira e Contabilidade
    O artigo examina a evolución do servicio de abastecemento de auga nunha cidade española de tipo medio durante o franquismo mediante unha análise da empresa subministradora, “Aguas de La Coruña, S.A.”. Durante esta etapa, esa sociedade atravesou diversas dificultades que condicionaron unha xestión empresarial máis eficiente. Os principais factores responsables foron o contexto autárquico imperante, os cambios nas pautas de demanda (asociados a un considerable crecemento urbano) e o cambio radical da contorna institucional, crecentemente intervencionista, que gradualmente transformou as formas de xestión dos servicios públicos en España, ata o punto de converter en dominante, a finais dos anos sesenta, a xestión municipal
  • Item type: Item ,
    Benestar socioeconómico dos concellos galegos: unha aproximación á súa medida
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2003) López Vizcaíno, María Esther; Sánchez Fernández, Patricio; Iglesias Patiño, Carlos Luis; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Estatística e Investigación Operativa
    O obxectivo final deste traballo é chegar a unha comparación territorial entre os concellos galegos no referente ó nivel ou calidade de vida ou, cando menos, á súa aproximación. Para este propósito empregarase o método da distancia P2 de Pena Trapero. Como resultado obterase unha ordenación dos concellos galegos que permitirá observar os desequilibrios, en canto ó nivel de benestar e desenvolvemento, existentes a nivel municipal en Galicia
  • Item type: Item ,
    Protección arancelaria e importación na economía galega (1985-2000)
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2003) López Martínez, Iván; García-Carro Peña, Beatriz; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Economía Aplicada
    Neste traballo estúdiase a variación da protección arancelaria galega causada pola asunción da política comercial común por parte do Estado español e a súa influencia na evolución posterior do fluxo importador de Galicia. A metodoloxía permite calcular a variación das tarifas arancelarias aplicadas ás principais importacións galegas, tendo en conta a súa procedencia comunitaria ou extracomunitaria. Deste modo, realízase unha análise detallada para 219 partidas arancelarias, as máis relevantes na corrente importadora galega. Posteriormente, estas partidas son clasificadas en cinco grupos, segundo a maior ou menor alteración da súa protección arancelaria entre os anos 1985 e 2000. Por último, baixo a clasificación anterior, compáranse as ditas modificacións arancelarias coas variacións do fluxo importador galego
  • Item type: Item ,
    O territorio protexido nas comunidades autónomas
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2003) González Gómez, Manuel; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Economía Aplicada
    Un dos instrumentos de política ambiental máis utilizado nas últimas décadas é a declaración de espacio natural protexido para atender a crecente escaseza relativa de recursos ambientais. Neste traballo descríbese a evolución da superficie protexida para as CC. AA. do Estado español, estúdiase a evolución da súa concentración e converxencia e examínase a existencia de factores ecolóxico-ambientais e socioeconómicos que expliquen a persistencia das diferencias entre a distintas rexións
  • Item type: Item ,
    Especialización e modelos de comercio en Europa
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2003) Frías Pinedo, Isidro; Iglesias Casal, Ana; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Economía Cuantitativa
    No presente artigo estudiamos os efectos da incorporación española á UE e da construcción dun mercado interno en Europa en 1992. A cuestión a dilucidar refírese a se algúns estados europeos melloraron a súa posición no mercado interno como consecuencia dunha maior capacidade para explotar as súas vantaxes comparativas (productividade, dotación de factores...) e as economías de escala, en tanto en canto os estados teñen dúas razóns fundamentais para intercambiar productos: a especialización nas actividades que realizan mellor que o resto e a explotación das economías de escala. A evolución do comercio interindustrial revelará se as previsións de certos cualificados economistas sobre un afondamento na especialización dos países do norte nas industrias intensivas en capital humano e nos países do sur en industrias intensivas en traballo se confirman na realidade. Ademais, o desenvolvemento do comercio intraindustrial probará se os beneficios das economías de escala foron maiores no sur, onde estaban menos explotadas ó comezo do proceso. Finalmente, analizaremos de maneira concisa o papel do investimento exterior directo (que pode ser contemplado como unha forma alternativa de comercio exterior, coa que comparte os determinantes causais) na consolidación das pautas de especialización en Europa
  • Item type: Item ,
    Comparación de estructuras productivas entre rexións transfronteirizas: Galicia e a Rexión Norte de Portugal
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2003) Fernández Fernández, Melchor; Fernández Grela, Manuel; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Fundamentos da Análise Económica
    Neste traballo ofrécese unha visión comparativa das economías de Galicia e a rexión norte de Portugal, a través das técnicas de análise input-output. A estructura de producción de ambas as dúas economías descríbese utilizando varias ratios estructurais xa clásicas, e identifícanse as relacións de interdependencia dentro de cada economía calculando diversos coeficientes e multiplicadores estándar. Deste modo detéctanse analoxías e diverxencias entrambas as dúas rexións que permiten apuntar algunhas conclusións acerca do proceso de integración económica que experimentan desde a súa incorporación á Unión Europea en 1986
  • Item type: Item ,
    Percepción de intanxibles e as súas consecuencias sobre o rendemento empresarial: unha aproximación empírica en pemes galegas
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2003) Calvo Silvosa, Anxo Ramón; López López, Vicente Ángel; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Organización de Empresas e Comercialización
    O enfoque dos recursos (RBV) é unha das perspectivas que tradicionalmente veu prestando máis atención ó carácter intanxible dalgúns activos como fonte xeradora de vantaxes competitivas e, polo tanto, con capacidade para influír no rendemento empresarial. Neste traballo explórase a relación entre as percepcións que posúen os directivos sobre un grupo de recursos intanxibles (reputación da empresa, reputación do producto ou servicio, capital humano e cultura organizativa) e o performance, para iso realízase un contraste empírico nunha mostra de empresas certificadas ISO 9000:1994. Finalmente, extráense conclusións
  • Item type: Item ,
    A xestión do servicio de recollida de lixo nos concellos galegos
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2003) Álvarez Villamarín, Xosé Carlos; Caride Estévez, María José; González Martínez, Xosé Manuel
    Neste traballo realízase unha avaliación económica da xestión do servicio de recollida e tratamento de residuos sólidos urbanos nos principais municipios de Galicia. Así, a partir da análise da dispoñibilidade da información por parte dos centros xestores das principais variables asociadas ó servicio, realízase unha valoración dos niveis de prestación a través dun conxunto de indicadores para os distintos planos de interese ?volume do servicio prestado, factores em-pregados e estructura e cobertura de custos?. Os resultados obtidos permiten coñecer e compa-rar os niveis de prestación, estudiar en profundidade nos problemas de financiamento e ofrecer unha aproximación á eficiencia da prestación que debe servir de marco de referencia para orien-tar decisións cara a unha mellora da súa xestión
  • Item type: Item ,
    O turismo rural en Galicia
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2003) Abad Romero, Pilar
    Nos últimos anos o sector do turismo experimentou notables cambios; un dos máis importantes, a diversificación da oferta turística froito dos cambios nos gustos da demanda. Como resultado xorde, entre outros, o turismo rural, que alcanzou un importante desenvolvemento na Comunidade Autónoma de Galicia. O obxectivo principal deste traballo é caracterizala evolución deste sector durante o período 1993-2000 a través da análise da oferta e da demanda do turismo rural. Adicionalmente, neste traballo estúdiase o turismo rural galego cunha perspectiva comparada desde dúas vertentes: por unha parte, en relación co turismo rural español en 2001 e, por outra, en relación co sector do turismo galego no seu conxunto. Os resultados mostran a evolución favorable do turismo rural en Galicia, que durante todo o período experimentou un importante ritmo de crecemento da oferta e a demanda. Ademais, o turismo rural galego representa actualmente unha importante cota do mercado nacional e presenta algunhas diferencias respecto ó sector do turismo galego global