EC/019-Vol.19, Núm. 1 (2010)

Permanent URI for this collectionhttps://hdl.handle.net/10347/18927

Browse

Recent Submissions

Now showing 1 - 13 of 13
  • Item type: Item ,
    Comprender la contabilidad y las finanzas. Oriol Amat. Barcelona: Gestión 2000. 2008 [288 páxinas]
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2010) Vivel Búa, Milagros; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Economía Financeira e Contabilidade
  • Item type: Item ,
    Microeconomic Policy. A New Perspective. Clem Tisdell e Keith Hartley. Cheltenham: Edward Elgar. 2008 [457 páxinas]
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2010) Cruz Morato, Marco Antonio
  • Item type: Item ,
    Das contas nacionais á riqueza das nacións. Unha folla de ruta para a economía do século XXI
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2010) Prada Blanco, Albino
  • Item type: Item ,
    Risco de reputación: revisión teórica e aproximación á súa valoración
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2010) Vizcaíno González, Marcos
    O obxectivo deste traballo é realizar unha revisión do concepto, da dimensión, do alcance, dos determinantes, das causas e das consecuencias do risco de reputación, facendo fincapé en aspectos clave e directrices para a identificación e a xestión do dito risco. Ponse de relevancia que o éxito neste campo só pode alcanzarse a través de accións integradoras que comprometan á organización no seu conxunto, a todos os niveis, con intensos labores de sensibilización e control para a detección temperá, tanto de acontecementos potencialmente prexudiciais para a posta en práctica das accións pertinentes encamiñadas a minimizar os danos, como de eventuais oportunidades que permitan obter unha diferenciación positiva. Ademais, perséguese realizar unha primeira aproximación á valoración do risco de reputación asentada nunha metodoloxía matemática robusta, con múltiples e notables aplicacións no ámbito do estudo financeiro, como son as ecuacións diferenciais parciais, combinadas con destacados resultados do cálculo estocástico.
  • Item type: Item ,
    Obstáculos para as spin-offs universitarias en España e en Galicia
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2010) Rodeiro-Pazos, David; Fernández López, Sara; Rodríguez Sandiás, Alfonso; Otero González, Luis; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Economía Financeira e Contabilidade
    A contorna na que as universidades desenvolven as súas actividades ten cambiado radicalmente nas últimas décadas. Hoxe en día a sociedade demanda unha maior participación das institucións académicas no seu desenvolvemento social e económico. Dentro deste novo marco xurdiu o termo “universidade emprendedora”, que fai referencia a unha universidade que está en maior contacto coa súa contorna. A transferencia de coñecemento é unha das vías para incrementar esa interacción entre a universidade e a sociedade. Dentro dos instrumentos empregados para trasladar o coñecemento á sociedade, a creación de empresas ten acadado nos últimos anos unha grande importancia, e conta coa atención tanto das institucións académicas como das Administracións Públicas. De feito, o número de “spin-offs” creadas a partir de tecnoloxía desenvolvida nas universidades ten aumentado considerablemente nos últimos anos. Porén, estas empresas teñen que facer fronte a problemas como a falta de financiamento ou de capacidades empresariais por parte dos fundadores. O obxectivo deste traballo é analizar a actividade de creación de “spin-offs” en España e en Galicia, prestando especial atención aos problemas máis habituais cos que se atopan. Esta análise permite unha maior comprensión da actividade emprendedora das universidades en países como España ou como Galicia, onde as universidades caracterizáronse por unha escasa tradición de colaboración coa industria.
  • Item type: Item ,
    Familia e actividade económica. Estratexias reprodutivas dos fogares galegos, 1880-1930
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2010) Freire Esparís, María del Pilar; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Economía Aplicada
    Os estudos xurídicos e antropolóxicos máis frecuentemente citados asígnanlle á “casa”, nunha sociedade agraria tradicional como a galega no período 1880-1930, unha significación que traspasa a do simple lugar de residencia e de centro da explotación campesiña, e descríbena como unha “institución” que ten no sistema hereditario non igualitario de “mellora” e nas fórmulas familiares de cooperación no traballo na “casa” os seus máis firmes fundamentos. Con todo, como revelan as máis recentes investigacións e como se mostra neste traballo, os argumentos que sustentan o vello paradigma “matrimonio-patrimonio” baten coa realidade do mundo campesiño analizado, que mostra unha gran diversidade e heteroxeneidade interna. Nese contexto, o estudo exhaustivo da estratexia reprodutiva das familias de catorce parroquias galegas revela claramente a insuficiencia do concepto “casa”, en tanto que unificadora do mundo rural, pois non responde á diversidade das estruturas familiares que se tipifican nesta investigación. Nela analízanse, primeiro, as prácticas hereditarias e outras institucións ao servizo da “casa”; segundo, a estrutura dos agregados domésticos; e, por último, as variacións na distribución profesional segundo o tipo de familia.
  • Item type: Item ,
    Política sectorial da enerxía eólica en Galicia: participación social e comparación internacional
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2010) Regueiro Ferreira, Rosa María; Doldán García, Xoán Ramón; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Economía Aplicada
    Nas últimas décadas produciuse un notable desenvolvemento da enerxía eólica no mundo, e é destacable o liderado da Unión Europea, de España ou de Galicia. Diversas directrices recollen as políticas sectoriais dos países en apoio ás iniciativas empresariais, entre as que destaca a Directiva 2001/77/CE da Unión Europea. As diferenzas nos criterios de actuación aprécianse no modo de implicar á cidadanía no proceso de implantación de parques eólicos, con modelos como o xaponés, onde participan directamente como financiadores, ou como o dinamarqués ou o holandés, onde os donos dos terreos poden participar na propiedade do parque. En España maniféstase a problemática da valoración dos terreos con aproveitamento eólico ao darse serios desaxustes entre o prezo outorgado ao terreo e o valor xerado pola explotación do recurso eólico, o que supón un punto de inflexión no avance de políticas enerxéticas integrais que inclúan aspectos cruciais no asentamento dun parque eólico (urbanísticos, ambientais, fiscais, enerxéticos, agrícolas, de ordenación do territorio, etc.). A ausencia dunha política sectorial que resolva claramente estas cuestións acaba por perpetuar ou agravar unha situación ás veces insostible. O caso galego mostra peculiaridades propias e outras comúns con outras zonas do Estado, que mostran a imperiosa urxencia de establecer un marco normativo que regule todos os aspectos pendentes no asentamento destas instalacións industriais e que fica por resolver mesmo despois da promulgación da recente lei eólica
  • Item type: Item ,
    Os plans eólicos empresariais en Galicia. Unha análise do seu desenvolvemento
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2010) Montero Muñoz, María; Simón Fernández, Xavier; Giménez Fernández, Eduardo L.; Castro Rodríguez, Fidel
    Neste traballo descríbense os Plans Eólicos Empresarias, principal figura do marco regulador do sector eólico galego, e a súa incidencia no seu desenvolvemento. Analízanse os obxectivos de potencia instalada, de investimentos globais, de investimentos en/con empresas galegas e de impulso do tecido industrial vinculado coa enerxía eólica e coa enerxía solar. Conclúese que o avance da enerxía eólica en Galicia foi espectacular entre os anos 1995 e 2009, aínda que os obxectivos de política enerxética e de política industrial fixados pola Xunta de Galicia non foron alcanzados na súa totalidade
  • Item type: Item ,
    O desenvolvemento das enerxías renovables en Galicia, 1980-2008. Engasa, referente singular do sector
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2010) Mirás Araújo, Jesús; Lindoso Tato, Elvira; Martínez López, Alberte
    A crise enerxética dos anos setenta conduciu a unha reformulación do paradigma enerxético imperante. Como consecuencia, as enerxías renovables comezaron a abrirse camiño como alternativas estratéxicas. Historicamente, Galicia desempeñou un destacado papel como provedora de enerxía eléctrica procedente da gran hidráulica, grazas á favorable dotación de recursos que posúe. Pero o desencadeamento da crise reforzou o seu rol no campo das enerxías renovables, en concreto na construción de minicentrais hidráulicas e parques eólicos. Nos anos seguintes, enerxías como a biomasa ou a solar comezaron a ser explotadas, aínda que de maneira incipiente. Este traballo pretende ofrecer unha visión global da evolución das enerxías renovables en Galicia durante as tres últimas décadas. O potencial hidroeléctrico rexional viuse complementado co desenvolvemento da enerxía eólica, unha rama en expansión na que actúan empresas autóctonas como Engasa (1981), unha das pioneiras no aproveitamento da enerxía do vento
  • Item type: Item ,
    Comportamento enerxético de Galicia durante o período 2001-2006 a partir dos seus balances enerxéticos
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2010) Calvo Silvosa, Anxo Ramón
    O obxectivo do presente traballo é describir o comportamento enerxético de Galicia no sexenio 2001-2006. Para analizar os principais fluxos enerxéticos do período de referencia empregouse información procedente dos correspondentes balances enerxéticos anuais. O traballo está estruturado en catro partes. En primeiro lugar estúdase a enerxía primaria e destácase o elevado grao de dependencia enerxética que Galicia ten dos combustibles fósiles (petróleo, carbón, gas natural, etc.) procedentes do exterior. Esta situación orixina un saldo enerxético deficitario coa súa contorna durante todo o período. En segundo lugar, a atención céntrase no efecto que teñen as transformacións enerxéticas que teñen lugar en territorio galego, poñendo unha especial atención no seu rendemento en función da orixe das diferentes fontes (autóctonas e importadas). A continuación estúdase como se verifica o consumo da enerxía dispoñible obtida a partir das ditas transformacións con especial atención ao lugar onde se realiza ese consumo (no interior ou fóra de Galicia) e á tendencia experimentada polo consumo interno durante o sexenio analizado. No último apartado extráense as conclusións do traballo
  • Item type: Item ,
    Elaboración de estatísticas enerxéticas. Comparación do balance enerxético galego co doutras comunidades autónomas
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2010) Chas Amil, María Luisa; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Economía Cuantitativa
    A enerxía é fundamental para o desenvolvemento económico e para a permanencia dos actuais estándares de vida. O incremento na demanda fai que haxa unha preocupación crecente sobre as pautas de produción e de consumo, sobre a necesidade de camiñar cara a un sistema enerxético sustentable e sobre o impacto que o uso dos combustibles fósiles ten no medio ambiente. Por todo isto, desde sempre se considera fundamental dispoñer de información contrastable que permita realizar unha análise correcta da realidade enerxética. Neste sentido, a Comisión Estatística das Nacións Unidas considerou crucial esta temática despois da crise enerxética de principios dos anos setenta, dándolle unha prioridade alta no seu programa de traballo e acordando empregar o Balance Enerxético (BE) como instrumento chave para entender e analizar o funcionamento da enerxía e as súas relacións coa economía. Neste artigo descríbese o contido dun balance enerxético segundo as recomendacións elaboradas pola AIE e polo Eurostat (2004) co fin de harmonizar as estatísticas enerxéticas a nivel internacional. Preséntase tamén o contido da publicación Balance enerxético de Galicia, elaborada polo Instituto Enerxético de Galicia (Inega), e compárase co elaborado por outras comunidades autónomas. Esta análise amosa a falta de homoxeneidade na elaboración desta estatística de síntese no Estado español, situación tamén observada a nivel internacional
  • Item type: Item ,
    Determinantes do crecemento das emisións de gases de efecto invernadoiro en España (1990-2007)
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2010) Alcántara Escolano, Vicent; Padilla Rosa, Emilio
    A evolución dos gases de efecto invernadoiro en España estase distanciando notablemente do obxectivo marcado polo Protocolo de Kyoto. No presente traballo analízanse os diferentes factores que contribuíron ao importante aumento experimentado nas emisións de gases de efecto invernadoiro provenientes do consumo de enerxía en España no período 1990- 2007. A metodoloxía de descomposición factorial utilizada permite facer unha distribución exacta (sen residuos) da variación de emisións en diferentes efectos (efecto carbonización, efecto transformación, efecto intensidade e efecto escala). Os resultados mostran claramente que o efecto escala –a variación no nivel de produción– foi determinante en explicar o aumento de emisións, mentres que a contribución dos outros efectos, que deberían ser os que cambiasen a tendencia de crecemento de emisións, non permitiu moderar o seu aumento. Unha contribución especialmente negativa é a atribuíble ao efecto intensidade, que reflicte a variación na intensidade enerxética final do PIB, xa que mesmo tería contribuído a aumentar as emisións. En sentido oposto, o efecto transformación –o impacto atribuíble á transformación enerxética– tería contribuído a moderar o aumento das emisións totais. O traballo discute as implicacións dos resultados obtidos
  • Item type: Item ,
    Esgotamento dos combustibles fósiles e emisións de CO2: algúns posibles escenarios futuros de emisións
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2010) Salaet Fernández, Stéphane; Roca Jusmet, Jordi
    A dependencia con respecto ao uso de combustibles fósiles xerou dous tipos de preocupacións: por un lado, os impactos ambientais asociados e, en especial, os seus efectos no cambio climático; por outro, a limitación de reservas e o seu futuro esgotamento. As dúas preocupacións dominaron en diferentes momentos históricos. En calquera caso, as emisións de CO2 e o uso masivo duns recursos non renovables e moi limitados son dúas caras da mesma moeda e que hai que analizar conxuntamente. Neste traballo formúlanse posibles escenarios para o século XXI supoñendo que o petróleo e o gas natural se esgoten seguindo comportamentos tipo “pico do petróleo”, aínda que contemplando diferentes variantes e hipóteses sobre o tamaño dos recursos finalmente recuperables. Para o carbón supóñense reservas suficientemente abundantes como para manter a oferta enerxética total procedente dos combustibles fósiles. O futuro das emisións de CO2 dependerá sobre todo do resultado das forzas que, por un lado, inducirán a un uso crecente do carbón a medida que se esgotan o petróleo e o gas natural e, polo outro, as que fan presión para limitalo desde a política ambiental