EC/017-Vol.17, Núm. 2 (2008)

Permanent URI for this collectionhttps://hdl.handle.net/10347/18924

Browse

Recent Submissions

Now showing 1 - 15 of 15
  • Item type: Item ,
    Xa chegamos aos corenta!
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2008) Cancelo Márquez, María Teresa; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Economía Cuantitativa
  • Item type: Item ,
    O noso 68
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2008) Pérez Touriño, Emilio
  • Item type: Item ,
    Disparidades retributivas do profesorado do ensino público non universitario
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2008) Vila, Manuel César
    Analízase a evolución das retribucións do profesorado público non universitario nas diferentes comunidades autónomas do Estado español. Faise un repaso da teoría económica que relaciona a oferta de profesorado co salario, concluíndo que non sería aplicable para o estudo da dispersión salarial no Estado español ao contar cunha oferta elástica. Deseguido exponse a estrutura salarial do profesorado público non universitario, pasando a estudar as diferenzas existentes entre as distintas comunidades autónomas, para o que botamos man dos principais indicadores de dispersión e de converxencia. Esta análise realízase tanto para os salarios nominais como para os reais dos primeiros anos do século XXI, observando unha tendencia ao incremento da diverxencia. Igualmente, constátase unha perda de poder adquisitivo destes traballadores, así como unha perda de riqueza relativa con respecto ao resto dos sectores económicos
  • Item type: Item ,
    O abandono de terras: concepto teórico e consecuencias
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2008) Corbelle Rico, Eduardo José; Crecente Maseda, Rafael; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Enxeñaría Agroforestal; Área de Enxeñaría e Arquitectura
    O abandono de terras e a conseguinte diminución da superficie utilizada pola agricultura constitúe un problema importante nun gran número de rexións da Unión Europea entre as que se atopa Galicia. A posta en marcha do Banco de Terras de Galicia no ano 2007 está dirixida a corrixir, dentro do posible, esta situación que enlaza cos elementos centrais da problemática do campo galego contemporáneo: a incidencia catastrófica dos incendios forestais, a redución e progresivo envellecemento da poboación rural e un ineficaz uso do territorio que dificulta a competitividade do sector agrario. Con todo, o propio concepto de abandono pode dar lugar a diferentes interpretacións, co que semella necesaria unha clarificación do termo. Neste contexto preséntase unha discusión sobre os conceptos teóricos máis importantes en relación co abandono de terras e achégase unha revisión da literatura científica existente sobre o tema. A maiores, o traballo pon a énfase no carácter multidimensional do problema e a necesidade de complementar os estudos de carácter exclusivamente económico con outros centrados na compoñente territorial do proceso
  • Item type: Item ,
    As desviacións orzamentarias na Xunta de Galicia
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2008) Caamaño Alegre, José
    As desviacións orzamentarias das nosas comunidades autónomas foron máis dunha vez obxecto de atención polo amplo volume que as súas cifras oficiais alcanzaron no pasado ou pola persistente presenza de desviacións ocultas, especialmente no ámbito sanitario. Aquí analízase o caso concreto da Comunidade Autónoma galega, distinguíndose entre a desviación en créditos e a desviación en obrigas (sobre créditos iniciais). Con respecto á primeira, evidénciase o atraso do marco legal autonómico en relación co estatal e trázanse as grandes liñas de evolución das súas cifras globais, así como do uso realizado das diversas figuras modificadoras. Con respecto á desviación en obrigas, desvélanse algunhas claves do seu comportamento, investigándose as diferenzas resultantes de axustar as cifras oficiais polo chamado “gasto oculto”. Finalmente, enúncianse as principais conclusións do traballo e apúntanse posibles reformas para emprender nos próximos anos
  • Item type: Item ,
    Análise económica e financeira das empresas públicas estatais. Efectos do Programa de modernización de 1996
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2008) García Fernández, Roberto; López Díaz, Antonio; González Díaz, Belén
    Este traballo analiza a situación económico-financeira do sector público empresarial dependente do Estado e dá a coñecer os principais trazos que o caracterizan. Para iso, calcúlase unha batería de indicadores no período 1996-2001, e aplícanse técnicas de análise multivariante que permiten resumir os comportamentos e as características empresariais deste colectivo. Os resultados mostran que as consecuencias derivadas do «Programa de modernización do sector público empresarial» do ano 1996 supuxeron cambios importantes na estrutura empresarial destas sociedades. Pódese afirmar que no período analizado se produciu unha mellora da rendibilidade económica e unha redución do endebedamento debido ás reorganizacións que tiveron lugar nos anos obxecto de estudo e que tiñan como obxectivo principal o saneamento financeiro das empresas públicas estatais
  • Item type: Item ,
    O proxecto de crédito agrícola e a proposta de redención foral (1886). A resposta liberal de Montero Ríos e de Díaz de Rábago á crise finisecular
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2008) Martínez Rodríguez, Susana
    Este estudo presenta as interaccións habidas entre o pensamento económico e a toma de decisións políticas a través dun caso concreto. Analizamos as propostas referidas á política agraria formuladas por Eugenio Montero Ríos, ministro de Fomento no período 1885-1886, e a influencia que nelas exerceu o economista Joaquín Díaz de Rábago. Ambos os dous foron galegos destacados da segunda metade do XIX. A investigación céntrase nas concomitancias entre as propostas lexislativas e as obras publicadas, aínda que tamén pescudamos aspectos biográficos e a súa correspondencia persoal coa intención de evidenciar a amizade e a cooperación que existía entre eles
  • Item type: Item ,
    A aposta pola calidade das empresas galegas. Estudo descritivo
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2008) Río Rama, María Cruz del; Martínez Carballo, Manuel
    A contorna globalizada e moito máis competitiva na que operan as empresas na actualidade provocou que estas deban buscar estratexias que lles permitan afrontar con éxito os retos que se lles presentan. Así, hoxe en día a calidade converteuse nunha das variables clave de competitividade que as empresas galegas deben incorporar á súa estratexia corporativa. O propósito do noso traballo é estudar o grao de implantación da calidade/xestión da calidade nas empresas galegas, para o que imos realizar unha análise descritiva da situación actual −número de empresas certificadas, sistemas de certificación implantados, evolución das certificacións...−, o que nos permitirá obter unha radiografía do grao da implementación da calidade na Comunidade Autónoma de Galicia
  • Item type: Item ,
    A pegada ecolóxica corporativa: concepto e aplicación a dúas empresas pesqueiras de Galicia
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2008) Carballo Penela, Adolfo; García Negro, María do Carme; Doménech Quesada, Juan Luis; Villasante Larramendi, Carlos Sebastián; Rodríguez Rodríguez, Gonzalo; González Arenales, Mónica; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Economía Aplicada; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Organización de Empresas e Comercialización
    A pegada ecolóxica (PE) é un indicador de sustentabilidade que proporciona un marco de referencia para a análise da demanda humana de bioprodutividade. Aplicado inicialmente aos territorios, está a lograr recentemente unha notable difusión como indicador aplicable ás empresas e, en xeral, ás organizacións. Neste artigo realizamos, en primeiro lugar, a descrición xeral do indicador, explicando os seus obxectivos e o método de cálculo, ademais de sinalar os principais puntos fortes e febles. Posteriormente, incidimos nas especificidades da PE das organizacións, realizando unha aplicación a dúas empresas do sector pesqueiro galego no ano 2006. Os resultados amosan diferenzas importantes nas dúas pegadas calculadas, identificando o consumo de enerxía e os cebos como as áreas principais causantes da pegada e das diferenzas existentes
  • Item type: Item ,
    O valor da xestión do capital intelectual nos parques científico-tecnolóxicos. Proposta dun novo modelo organizativo para Galicia
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2008) Calvo Babío, Nuria Begoña; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Organización de Empresas e Comercialización
    Desde hai unha década, os parques científicos e tecnolóxicos configuráronse como axentes clave do sistema de innovación galego. A creación dunha contorna física que sirva de lugar de encontro entre a empresa e a universidade, co apoio da Administración local e orientado a favorecer o contacto, o coñecemento e o tránsito de ideas e de experiencias entre as comunidades científica e empresarial, provocou que nos últimos dez anos se implantaran diferentes tipos de parques co obxectivo de que estes organismos permitan atraer investimentos en tecnoloxía e potenciar a investigación científica e o desenvolvemento tecnolóxico. O deseño organizativo elixido polas diferentes entidades constituídas variou en función da súa dimensión, dos seus recursos económicos dispoñibles e da institución promotora do parque. En Galicia, ao igual ca no resto de España, existen parques científicos, tecnolóxicos e infraestruturas de apoio á innovación, e cada una delas desenvolve un papel fundamental no incipiente sistema de innovación. Nesta análise, partindo dunha revisión conceptual dos distintos modelos de xestión de capital intelectual, realízase unha proposta organizativa destinada a crear e manter a xestión do coñecemento no Parque Tecnolóxico de Galicia
  • Item type: Item ,
    Restricións institucionais aos ciclos económicos de orixe política en España
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2008) Carlos Villamarín, Pablo de; Gómez García, Francisco
  • Item type: Item ,
    La globalización neoliberal en Chiapas. Jorge Alberto López Arévalo. Colección Social y Humanística). Tuxtla Gutiérrez (Chiapas): Universidad Autónoma de Chiapas. 2007 [514 páxinas]
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2008) Lamelas Castellanos, Nélida Cecilia; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Economía Aplicada