BL/043, Núm 43 (2010)

Permanent URI for this collectionhttps://hdl.handle.net/10347/6030

Browse

Recent Submissions

Now showing 1 - 13 of 13
  • Item type: Item ,
    Creación: Xavier Lama
    (Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2010) Lama, Xavier
  • Item type: Item ,
    Correspondencia Rafael Dieste-María Zambrano
    (Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2010) Serantes López, María Aránzazu
    As cartas que aquí se presentan foron froito dunha investigación realizada na Fundación María Zambrano financiada pola Xunta de Galicia.
  • Item type: Item ,
    Antonio Ramos Varela. Textos políticos
    (Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2010) Otero Urtaza, Eugenio Manuel
    O Boletín Galego de Literatura segue neste número coa presentación dos escritos inéditos de Antonio Ramos Varela (1903-1945) que conserva Pilar Briones.
  • Item type: Item ,
    Aimé Césaire, a negritude e o Caderno dun retorno ao país natal
    (Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2010) Outeiriño, Manuel
    Caderno dun retorno ao país natal publicouse por primeira vez en agosto de 1939 no número 20 da revista Volontés, en versión claramente diferente da que agora ofrecemos. A edición pasou desapercibida, por causa da declaración da Segunda Guerra Mundial. Despois do rencontro azaroso de Aimé Césaire con André Breton, en abril de 1941, publicouse unha nova pasaxe de Caderno dun retorno ao país natal: é a sección final titulada “A xeito de manifesto literario”, aparecida no nº 5 da revista Tropiques, de abril de 1942.
  • Item type: Item ,
    O divino sainete, de Curros Enríquez, e Miromería, de Pardo Bazán
    (Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2010) Frutos Martínez, María Consuelo de
    A autora demostra que o poema O divino sainete (1888), do escritor galego Manuel Curros Enríquez (1851-1908) non é ningunha parodia d’A divina comedia, de Dante, tal e como se afirma na maioría dos estudos críticos sobre esta obra galega, senón unha contundente resposta ideolóxica, en clave polémica e satírica, ás ideas expresadas e defendidas en Mi romería (1888, compilación de crónicas xornalísticas) por Emilia Pardo Bazán (1851-1921), motivo polo cal o texto de Curros non se pode analizar e interpretar axeitadamente sen ter moi presente este libro da viaxe a Roma da, tamén galega, escritora.
  • Item type: Item ,
    A vis erothica na poesía de Yolanda Castaño: Erofanías
    (Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2010) Enríquez, Rosa
    Reprodúcese a intervención de Rosa Enríquez no acto de presentación do libro Erofanías (2009), da poeta Yolanda Castaño, que tivo lugar o 14 de decembro de 2009 na libraría Couceiro de Santiago de Compostela. Sinálase, en primeiro lugar, que Erofanías se nutre doutros tres poemarios da autora, concretamente de Elevar as pálpebras (1995), Delicia (1998) e Vivimos no ciclo das Erofanías (1998), para, a seguir, facer un breve percorrido por estas tres obras.
  • Item type: Item ,
    Teorizando o relato breve: tres achegas á crítica do xénero
    (Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2010) Casado Villanueva, María
    O presente artigo revisa tres obras publicadas nos últimos anos: Contemporary Debates on the Short Story (2007), de José Ramón Ibáñez, José Francisco Fernández e Carmen M. Bretones (eds.); The Cambridge Introduction to the Short Story (2007), de Adrian Hunter; e The Short Story. An Introduction (2009), de Paul March- Russell, e reflexiona sobre a súa achega en relación á crítica existente sobre o relato breve. Dende perspectivas diferentes, os autores destes volumes salientan a multiplicidade de significados e emocións evocados polo relato fronte a teorías precedentes centradas na súa unidade formal e conceptual e a súa vitalidade e relevancia no panorama literario actual. Todos eles contribúen a matizar as etapas de evolución deste xénero, centrándose na omnipresente tensión que manifesta entre continuidade e innovación.
  • Item type: Item ,
    Nota sobre O Vello d’o Pico Sagro
    (Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2010) Camoira, César
    Neste breve texto dáse noticia do tema tratado e un resumo do contido duns pregos escritos en galego, anteriores ao Rexurdimento decimonónico, coñecidos como O Vello d’o Pico Sagro e que até o de agora, se ben eran citados profusamente polo devandito título, ninguén parecía telos consultado de visu.
  • Item type: Item ,
    Algúns desafíos da historiografía literaria: estudo comparatista da periodización nas literaturas española, vasca e eslovena
    (Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2010) Olaziregi Alustiza, María José; Pregelj, Barbara
    Dende unha perspectiva comparatista as autoras deste estudo afondan nas características das literaturas vasca, eslovena e española dos séculos XVI e XVII. Partindo dunha introdución na que procuran similitudes entre eses tres sistemas literarios no referente á periodización, demostran como, tendo en conta os diferentes contextos de desenvolvemento e as diferenzas que se estabelecen entre as literaturas grandes fronte ás minoritarias, se obteñen resultados ben distintos. Deste xeito salientan especialmente a decisiva vinculación das literaturas minoritarias vasca e eslovena coa transmisión oral da literatura e coa imaxe, do cal conclúen a lóxica interna da periodización que se manexa nesas dúas literaturas.
  • Item type: Item ,
    Ciencia, poder e estratexia na Universidade de Santiago a finais do século XVIII. A polémica sobre a Física Experimental e a apertura cara a un novo modelo de institución
    (Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2010) Fernández Seoane, Paula
    Neste artigo propoñemos a análise dun cadro de conflito específico –o da polémica sobre a Física Experimental– que emerxe na Universidade compostelá de finais do século XVIII. O obxectivo é deseñar unha abordaxe do asunto que nos permita aproximarnos ao coñecemento dos parámetros de estruturación e das dinámicas de funcionamento que nesa altura definen o espazo universitario. Iso pasa, entre outras cousas, pola atención aos grupos de poder que partillan en distribución xerárquica as posicións docentes e de goberno dentro da institución; pola identificación dos elementos repertoriais que os sectores enfrontados promoven, como parte da súa estratexia de ocupación do espazo; e polo exame da función que a Universidade exerce no cadro social en que se insire.
  • Item type: Item ,
    Compatibilidade da teoría do proceso interliterario coa dos polisistemas: o concepo de comunidade interliteria específica
    (Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2010) Domínguez Pérez, Mónica
    Aínda que parezan contraditorias entre si, as teorías do proceso interliterario proposta por »Duri£in e a dos polisistemas de Even- Zohar son compatíbeis e poden complementarse para conxugalas nun estudo que sexa máis completo. O presente estudo demostra esta afirmación, analizando as unidades coas que traballa cada teoría e defendendo que a literatura nacional (unidade da teoría do proceso interliterario) é un construto formado a partir da selección de certos elementos dos polisistemas (unidade da teoría de Even- Zohar). Revísanse a continuación certos traballos que conxugaron ambas as teorías. Finalmente, adáptanse as características das comunidades interliterarias específicas (concepto acuñado por »Duri£in) á teoría polisistémica, exemplificando deste xeito como se poden complementar ambas as teorías.
  • Item type: Item ,
    Camilo J. Cela, ‘autotradutor’ ao galego de La Familia de Pascual Duarte
    (Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2010) Dasilva, Xosé Manuel
    Xosé Manuel Dasilva dá a coñecer neste traballo a intención de Camilo José Cela de se encargar da autotradución da súa novela La familia de Pascual Duarte no ano 1952, o cal demostra recorrendo a varios testemuños epistolares nos que se recolle a proposta formulada á Editorial dos Bibliófilos Gallegos a través de Carlos Martínez-Barbeito. Ademais de salientar as posíbeis motivacións que levaron a Cela a concibir esta idea, analiza os motivos polos que o seu proxecto non acabou callando e apunta que a novela foi traducida por Vicente Risco en 1962 e que se publicou acompañada dun prólogo de Otero Pedrayo.
  • Item type: Item ,
    Livro das devoracións, na procura do ollar pausado do mundo
    (Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 2010) Cambeiro López, Emilio Xosé
    Da disputa cos demais facemos retórica; da disputa con nós mesmos, facemos poesía. Poderíamos dicir que esta cita de W.B. Yeats é unha das máis axeitadas para explicarmos o significado último da poesía, simplemente unha disputa con nós mesmos. Nesta liña ou idea do significado último da poesía poderíase encadrar a obra de Pilar Pallarés. No artigo pretendemos achegarnos tanto ás claves como ao fondo da disputa que achamos no seu último poemario, o Livro das devoracións, cuxo título xa nos evoca esta disputa interior que a autora mantén con ela mesma.