EC/010-Vol.10, Núm. 2 (2001)

Permanent URI for this collectionhttps://hdl.handle.net/10347/18909

Browse

Recent Submissions

Now showing 1 - 19 of 19
  • Item type: Item ,
    Internet e comercio electrónico
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2001) Díez de Castro, José Alberto; Miranda Torrado, Fernando
  • Item type: Item ,
    Medidas de actuación no sector naval español ante os novos factores de competitividade
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2001) Guisado Tato, Manuel; Vila Alonso, Mercedes; Ferro Soto, Carlos A.
  • Item type: Item ,
    Consideracións sobre a competitividade do sector turístico en Galicia
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2001) Rodríguez Domínguez, María del Mar; Guisado Tato, Manuel
  • Item type: Item ,
    Presentación
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2001) Díez de Castro, José Alberto; Piñeiro Chousa, Juan Ramón; Babío Arcay, María Rosario
  • Item type: Item ,
    Un reto para a empresa galega no século XXI: imaxe vs. xestión medioambiental
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2001) Maside Sanfiz, José Manuel; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Economía Financeira e Contabilidade
    Nos últimos anos produciuse un incremento das presións externas e unha maior concienciación cara ós valores medioambientais por parte das propias empresas, que motivou a integración das variables medioambientais dentro dos procesos de toma de decisións empresariais. Este artigo pretende sinala-las implicacións deste proceso para os sistemas de información empresariais e nel destácase a necesidade de deseñar e de implantar sistemas integrados de información para a xestión ambiental que, superando as deficiencias dos sistemas de información tradicionais, sexan capaces de adaptarse ós intereses e ás necesidades dos diferentes stakeholders (tanto internos como externos)
  • Item type: Item ,
    O desenvolvemento sostible no sector enerxético: as enerxías renovables en Galicia
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2001) Piñeiro Chousa, Juan Ramón; Romero Castro, Noelia María; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Economía Financeira e Contabilidade
    A humanidade atópase perante unha encrucillada. O consumo de enerxía haberá de incrementarse necesariamente e, á vez, hase reduci-lo impacto ambiental desa utilización masiva da enerxía. As enerxías renovables propoñen unha alternativa válida dende o punto de vista social e económico de cara a lograr un desenvolvemento sostible e atopan oportunidades especialmente atractivas en Galicia, onde as condicións do contorno natural permitirán que no 2010 un 83% da enerxía consumida na comunidade sexa de orixe renovable. As empresas do sector enerxético están chamadas a asumi-lo compromiso da protección do medio, tanto mediante a implantación de sistemas de xestión ambiental como a través da promoción das fontes renovables de enerxía. O investimento en medio ambiente xera valor empresarial. Unión Eléctrica Fenosa, un dos grupos máis potentes do sector cunha presencia moi significativa en Galicia, apostou polo medio ambiente en ámbolos dous sentidos, e viu como se incrementou o valor da empresa para os seus accionistas
  • Item type: Item ,
    A democracia industrial galega á luz da teoría neo-institucional: unha perspectiva crítica
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2001) Vázquez Vicente, Xosé Henrique
    Analízase cómo se organizan internamente as empresas de traballo asociado galegas e avalíase ata qué punto amosan un comportamento económico diferenciado das empresas convencionais. Así, contrastando as teses e as prediccións da teoría-neo-institucional coa evidencia empírica dispoñible para o caso das sociedades laborais do sector industrial, debúllase trazo a trazo un modelo de empresa social preocupada esencialmente coa necesidade de compatibiliza-las súas particulares lóxicas decisoras coas presións do mercado ás que se deben enfrontar
  • Item type: Item ,
    O autoemprego e a economía social
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2001) Verdugo Matés, Rosa María; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Economía Aplicada
    A finalidade das Políticas Activas de Emprego postas em marcha pola Junta de Galiza é reduzir o elevado nível de desemprego que caracteriza ao mercado de trabalho galego. Dentro das Políticas Activas de Emprego podemos diferenciar dous grupos: por umha parte, aquelas que aumentam as possibilidades de contrataçom dos desempregados e, por outra, as que melhoram as condiçons para que os desempregados gerem o seu próprio posto de trabalho; estas últimas som as que formam o programa de fomento do autoemprego e a economia social, programa que será objecto de estudo ao longo deste trabalho. Primeiramente, descrevemos as medidas incluídas dentro do programa de fomento do autoemprego e a economia social; a seguir, estimamos o impacto destas medidas sobre a criaçom de emprego, ao tempo que fornecemos de umha série de recomendaçons que, introduzidas no programa, aumentariam os seus efeitos positivos sobre a criaçom de emprego
  • Item type: Item ,
    Características e problemas do comeciante en Galicia
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2001) Losada Pérez, Fernando; Barreiro Fernández, María Begoña; Sánchez Vilariño, Guillermo; Ruzo Sanmartín, Emilio; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Economía Financeira e Contabilidade; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Organización de Empresas e Comercialización
    O sector da distribución comercial é un dos sectores productivos que exercen máis influencia no desenvolvemento económico das nacións; de feito, o seu escaso desenvolvemento nos países máis empobrecidos é considerado por numerosos analistas como unha das causas fundamentais para que eses países non consigan mellores resultados económicos nin un maior benestar social para os seus cidadáns. Por iso, no presente traballo propuxémonos como obxectivo analizar cáles son as características fundamentais e os principais problemas que lles xorden ós integrantes do sector comercial (os comerciantes) na rexión galega, inserida no marco da Unión Europea
  • Item type: Item ,
    Incidencia do tamaño sobre o comportamento financeiro da empresa. Unha análise empírica con pemes galegas
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2001) Boedo Vilabella, Lucía; Calvo Silvosa, Anxo Ramón
    O presente traballo tenta afondar no comportamento financeiro das empresas tomando como variable de clasificación o tamaño. Existen, para o caso español, traballos relevantes nos que se analizan as características estructurais da composición do pasivo no segmento das pequenas e medianas empresas e a súa diferencia respecto ás de maior dimensión. Ó realizar unha revisión destes estudios co obxectivo de extraer regularidades empíricas, atópanse unha serie de problemas que dificultan a comparación dos resultados entre eles: diferentes criterios empregados para dividi-las empresas por tamaños, diferentes puntos de corte para cada criterio, diferentes modos de construcción das variables financeiras estudiadas, a dificultade para obter datos cos que realiza-los contrastes empíricos, distintas referencias temporais, etc. Todas estas cuestións son abordadas neste traballo para, posteriormente, acometer un estudio empírico a partir dunha mostra de empresas domiciliadas en Galicia. O obxectivo desta parte é achar diferencias significativas no comportamento financeiro das empresas clasificadas en grupos construídos a partir da consideración de diferentes criterios relativos ó tamaño e detectar se a variable empregada como criterio de clasificación é relevante á hora de atopar esas eventuais diferencias. Finalmente, extráense conclusións
  • Item type: Item ,
    Sistema financeiro e desenvolvemento empresarial desde a perspectiva galega
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2001) Vasallo Rapela, Alejandro Manuel
    Neste traballo reflexiónase sobre a situación actual das relacións entre o sector financeiro galego coas empresas da nosa Comunidade Autónoma, basicamente a través das modificacións que están sucedendo no nivel estratéxico, no que se refire á participación das entidades de crédito nas empresas non financeiras e como impulsoras do desenvolvemento empresarial na economía galega de forma xeral
  • Item type: Item ,
    Deseño e impacto dunha OPV no mercado de valores español: os casos Inditex e Iberia
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2001) Fernández Fernández, Loreto; Fernández López, Sara; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Economía Financeira e Contabilidade
    O éxito dunha empresa cando inicia a súa andaina nos mercados bolsistas depende de múltiples factores. Agora ben, o modo de levar a cabo a súa saída a bolsa, isto é, a súa oferta pública de venda inicial, desenvolve un papel importante xa que supón a súa "presentación en sociedade". Aínda que o proceso dunha OPV é similar nas súas etapas principais, as circunstancias que rodean a cada empresa nas diferentes fases poden explicar en parte a posterior evolución dos títulos no mercado secundario a pesar de que, sen dúbida, cómpre ter en conta neste sentido a evolución do mercado en xeral. A todos estes aspectos faremos referencia a continuación, utilizando de forma ilustrativa dous casos: as dúas únicas OPV que se produciron no mercado español no que vai de ano e que constituíron exemplos antagónicos de desenvolvemento deste tipo de operacións: Iberia e Inditex
  • Item type: Item ,
    As caixas de aforro do sur de Galicia: a relevancia do capital humano no proceso de fusión
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2001) Pisón Fernández, Irene; Buch Gómez, Enrique J.; Rodríguez Parada, Sonia M.; Fernández-Feijóo Souto, Belén
    As variables financeiras asumen, con certa exclusividade, o principal papel na análise dos procesos de fusión entre empresas, cuestión que se agudiza no caso do sector bancario. Por iso, neste traballo preténdese identifica-los problemas, dende un punto de vista cualitativo, da integración que afectan ó capital humano involucrado. Convencidos de que o capital humano é un factor criticamente determinante do éxito ou do fracaso dunha integración, este traballo analiza diversas facetas da materialización práctica do proceso, a partir dunha investigación empírica que toma como referencia as percepcións e as expectativas do persoal que participou nunha recente fusión de tres caixas de aforros españolas de ámbito rexional, acometida no sur de Galicia
  • Item type: Item ,
    A demanda de crédito hipotecario en España: especial referencia á situación galega
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2001) Redondo López, José Antonio; López Penabad, Celia; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Economía Financeira e Contabilidade
    No presente traballo analizámo-los factores determinantes da demanda de crédito hipotecario e da demanda de vivenda, tanto aqueles que explican a decisión de compra dunha vivenda e a cantidade de vivenda comprada como aqueles vinculados ás características do mercado financeiro no que se realizan as operacións hipotecarias. Aspectos como a evolución dos factores sociodemográficos, a situación económica, a capacidade económica das familias ou a inflación inmobiliaria son revisados para o mercado español e para o galego en relación coa demanda de vivenda. Finalmente, trala consideración da evolución da demanda de crédito hipotecario, analízanse as principais variables que inflúen en que as necesidades de vivenda se traduzan en demanda efectiva de crédito hipotecario
  • Item type: Item ,
    A situación actual e de futuro dun viño novo: a denominación de orixe Rías Baixas
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2001) Vázquez Rodríguez, Paula; Gayo López, Alberto; López Cabarcos, María Ángeles; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Organización de Empresas e Comercialización
    España é un dos países de Europa occidental que conta cunha maior tradición vitivinícola. A gran variedade de solos e de climas incentivou unha extensa gama de viños, cada un deles marcado por unha personalidade diferente. Todas esas circunstancias determinaron no seu día a necesidade de regulamentar estes viños con denominacións de orixe para protexelos, regula-la producción e garanti-la calidade. O maior patrimonio da denominación de orixe Rías Baixas radica en ser capaces de proporcionar viños dunha enorme calidade, o que lles permite competir cos mellores e máis prestixiosos viños brancos do mundo. O esforzo colectivo e a busca de calidade fixo posible que en 1988 se aprobase o regulamento da denominación de orixe Rías Baixas
  • Item type: Item ,
    Situación das relacións fabricante-detallista no sector de bens alimentarios en Galicia
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2001) Mejías Sacaluga, Ana María; Prado Prado, José Carlos
    O desprazamento progresivo do poder de mans do fabricante ó vendedor -que na actualidade asume a dobre función de almacenista e detallista-, promovido fundamentalmente polo proceso de concentración no seo da distribución comercial vivido recentemente, derivou no endurecemento dos procesos de negociación entrámbalas dúas partes. Os detallistas, ademais, atoparon no desenvolvemento da función loxística un elemento máis co que exerce-lo seu poder sobre os fabricantes, á vez que incrementan a súa participación no proceso de satisface-las necesidades dos consumidores. Trala análise da evolución recente das relacións fabricante-detallista e unha vez xustificada a necesidade de que ámbolos dous axentes traballen conxuntamente no terreo da loxística, este traballo presenta os resultados dun estudio empírico realizado para analiza-la situación actual das relacións entre os fabricantes e os detallistas no contexto de bens de gran consumo alimentario en Galicia, e que presta unha especial atención ó desenvolvemento da loxística
  • Item type: Item ,
    Os criterios de localización na industria auxiliar do automóbil de Galicia
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2001) Gómez Fraiz, José Santiago; García Vázquez, José Manuel
    Nos últimos anos a actividade industrial experimentou fortes transformacións como consecuencia da evolución seguida en plans como o tecnolóxico, o laboral ou o organizativo. Especialmente relevantes foron as repercusións no ámbito socioeconómico derivadas dos episodios de "cambio industrial". Unha das máis significativas, pola súa notoriedade, afectaría á distribución da industria no espacio. Habitualmente, eses episodios van acompañados de novas xerarquías nos factores de localización, o que dá lugar a novas pautas e criterios nas decisións de emprazamento das empresas. Polo tanto, asistimos, en primeiro lugar, ó auxe da grande empresa multinacional como elemento definitorio de tales pautas e, posteriormente, ó recoñecemento da capacidade de determinadas técnicas de xestión que deben influír no proceso localizador da industria. O sector do automóbil tivo un papel destacado e amosou unha gran capacidade dinamizadora. Técnicas de xestión como o xusto a tempo, a calidade total ou o desenvolvemento compartido afectaron profundamente ás relacións empregador-empregado e provedor-cliente, sinalando novas necesidades en materia de localización. Debido á transcendencia do sector na economía galega e ó feito de atoparse fortemente concentrado, pareceunos interesante determinar cáles son os factores que guían a industria auxiliar á hora de localizarse. Con iso tratariamos de contrastar se esa concentración pode responder á xeneralización do XAT como un estándar de xestión dentro do sector, ou si, pola contra, non é máis có resultado da casualidade ou do efecto das forzas aglutinadoras clásicas
  • Item type: Item ,
    As empresas galegas no mercado mundial do granito: características e factores de competitividade
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2001) Guisado Tato, Manuel; Martínez Senra, Ana Isabel
    O obxectivo deste traballo é analiza-las características das empresas galegas exportadoras de granito e determinar aqueles factores que apoian a posición preeminente daquelas no mercado internacional do granito, mercado no que compiten con empresas de procedencia tan heteroxénea como Italia, punto de referencia básico do sector, e, entre outras, de China e da India, países emerxentes cunha enorme potencialidade competidora futura
  • Item type: Item ,
    Flexibilidade numérica nas empresas: o traballo a tempo parcial en Galicia
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2001) Díez de Castro, José Alberto; Redondo López, Carmen; Rivas Costa, Javier; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Organización de Empresas e Comercialización
    A flexibilidade empresarial é considerada como unha variable clave para coñece-la capacidade que teñen as empresas de se adaptaren ós cambios no seu medio empresarial, desenvolvendo novas estructuras e comportamentos. A flexibilidade é un concepto con moitas interpretacións e dimensións. No que respecta á diversidade de contidos, podemos falar de tres grandes tipos de flexibilidade: temporal, espacial e contractual. Centrarémonos na primeira delas e, especialmente, no traballo a tempo parcial, que é a forma máis frecuente de tempo flexible. Neste artigo efectúase unha análise estatística do traballo a tempo parcial en Galicia, incluíndo datos non publicados. Revisarémo-las principais magnitudes e tendencias para confirmar ou rexeita-las afirmacións máis comúns efectuadas na literatura sobre este tipo de traballo