EC/008-Vol.8, Núm. 1 (1999)
Permanent URI for this collectionhttps://hdl.handle.net/10347/18904
Browse
Recent Submissions
Now showing 1 - 19 of 19
Item type: Item , Flexibilidad en el trabajo : estrategias y prácticas en Europa. Sue Hutchinson, Chris Brewster. Barcelona: AEDIPE/Gestión 2000. 1995 [312 páginas](Universidade de Santiago de Compostela, 1999) Redondo López, Carmen; Díez de Castro, José Alberto; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Ciencia Política e Socioloxía; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Organización de Empresas e ComercializaciónItem type: Item , Merchandising: teoría y práctica. Enrique Carlos Díez de Castro, Francisco Javier Landa Bercebal. Madrid: Pirámide. 1996 [399 páginas](Universidade de Santiago de Compostela, 1999) Ruzo Sanmartín, Emilio; Losada Pérez, Fernando; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Organización de Empresas e ComercializaciónItem type: Item , Economía de la educación. José Luis Moreno Becerra. Madrid: Pirámide. 1998 [171 páxinas]. Economía de la educación. Esteve Oroval, J. Oriol Escardíbul. Madrid: Encuentro. 1998 [ 117 páxinas](Universidade de Santiago de Compostela, 1999) Fernández López, Sara; Neira Gómez, Isabel; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Economía Financeira e Contabilidade; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Economía AplicadaItem type: Item , Ayuda a la decisión. Un nuevo instrumento de gestión. José a. Diez de Castro, Carmen Redondo López, Begoña Barreiro Fernández. Santiago de compostela: Universidade de Santiago de Compostela, Servicio de Publicacións e Intercambio Científico. 1997 [174 páxinas](Universidade de Santiago de Compostela, 1999) López Cabarcos, María Ángeles; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Organización de Empresas e ComercializaciónItem type: Item , Defensa da globalización e mundialización do mercado ; entrevista a Paul Krugman ; Estudio bibliografico sobre as hipóteses en xogo(Universidade de Santiago de Compostela, 1999) Cancio Álvarez, Miguel; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Ciencia Política e SocioloxíaEste artigo continúa o publicado no número anterior da Revista Galega de Economía (vol. 7, núm. 2, 1998, pp. 279-310), co título: ''Chamamento dos economistas para saír do pensamento único, da globalización, da mundialización. Estudio bibliógrafico sobre as hipóteses en xogo (la parte)". Na prirneira parte do devandito artigo inclúense entrevistas e numerosas referencias a grupos, autores, publicacións... que, criticando o "pensarnento único", o "neolibealismo" e as súas novas armas como a "globalización", a "mundialización dos mercados'\ defenden con "novas roupaxes" o vello intervencionismo político. Nesta segunda parte do traballo damos conta doutras hipóteses en xogo: as que defenden o liberalismo económico a escala internacional, as que defenden a nova fase do desenvolvemento económico relativa á globalización, á mundialización dos mercados. E que, como tódalas fases, esta de finais do milenio formula novas problemas, interrogantes, conflictos, desafíos ... En primeiro lugar, darnos canta dunha entrevista co prestixioso economista americano Paul Krugman, publicada en Le Monde Économie, do 26 de maio de 1998. En segundo lugar, traducímo-lo artigo: "Por un cumio sobre a mundialización", de Peter D. Sutherland, presidente do Consello para o Desenvolvemento do Ultramar (The Overseas Development Council, CDO), e de Goldrnan Sachs International. Foi director xeral do GATT (Acordo Xeral sobre as Tarifas e o Comercio) e comisario europeo; e John W. Sewell, director xeral do CDO. En terceiro Jugar, damos conta de referencias bibliográficas -unha parte deJas comentadas- do campo económico, empresarial, xerencial, sociolóxico, político, antropolóxico, das relacións intemacionais ... sobre as hipóteses que poñen en xogo os enfoques liberais e intervencionistas en relación cos asuntos, cos títulos desenvolvidos en ámbolos dous artigosItem type: Item , Problemática contable da introducción do euro en España(Universidade de Santiago de Compostela, 1999) Salinas Valencia, Máximo; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Economía Financeira e ContabilidadeO mundo económico español atópase actualmente ante a necesidade de se adaptar ás esixencias contables que supón o proceso de introducción en España do euro como moeda única nos países da área da Unión Monetaria Europea. O cambio de moeda que estamos afrontando nestes momentos afecta tanto á docencia universitaria como a tódalas entidades suxeitas á contabilidade, dende o comezo ata o final do denominado período transitorio de introducción do euro. Esta monografía, titulada Problemática contable de la imroducción del euro en España, ademais da súa aplicación didáctica, pretende darlles unha resposta clara e sistematizada ás novas esixencias contables do devandito período, nun momento no que a oportunidade é un factor decisivo para istoItem type: Item , A crise nos mercados emerxentes e as implicacións financeiras(Universidade de Santiago de Compostela, 1999) Piñeiro Chousa, Juan Ramón; Feás Vázquez, Jacobo; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Economía Financeira e ContabilidadeItem type: Item , A economía cubana no período 1990-1998 e a súa perspectiva(Universidade de Santiago de Compostela, 1999) Castro Tato, ManuelEste traballo ten como obxectivo fundamental ofrecer unha análise económica xeral dos principais factores que incidiron na evolución descendente da economía socialista de Cuba dende 1990 ata 1994, evolución que se iniciou co derrubamento do socialismo nos países de Europa oriental, especialmente na antiga URSS, así como a súa perspectiva a curto prazo, fundamentalmente para o ano 1999. Formúlanse as causas principais que provocaron o decrecemento da economía cubana dende 1990 ata 1994 e as medidas extraordinarias adoptadas polo Goberno cubano para saír da crise económica, así como os resultados positivos obtidos coa aplicación desas medidas a partir do ano 1993, que foi cando se promulgaron as medidas fundamentais de axuste e perfeccionamento da actividade económica no país, ata 1998Item type: Item , A fecundidade de Ourense: nova estimación e evolución comparada, 1981-1991(Universidade de Santiago de Compostela, 1999) Viso Outeiriño, Pablo; Vaamonde Porto, Ramón; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Economía AplicadaNa evolución recente da poboación de Galicia existe un grave problema de datos que distorsiona as análises que, dende a demografía ou as disciplinas que pretenden busca-las causas dos seus acontecementos, fan referencia á súa provincia interior. Este traballo ten unha dobre finalidade: corrixi-las cifras oficiais e presentarlle unha aproximación ó curso da fecundidade nun periodo e nun espacio que ata o momento se presentaban escuras e confusosItem type: Item , O sistema de garantías no quinquenio de financiamento autonómico 1997-2001(Universidade de Santiago de Compostela, 1999) Vázquez Navarrete, Julio Arturo; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Economía AplicadaO acordo sétimo do Consejo de Política Fiscal y Financiera de 23 de setembro de 1996 crea un sistema de garantías que vela pola conservación do equilibrio financeiro e a sufíciencia do sistema de financlamento das comunidades autónomas. Posteriormente, e ante a previsible evolución negativa dalgunha das variables daquel, o propio Consejo acordou en abril de 1998 a modificación dalgunha destas garantras, así como a creación dunha cuarta. Nas liñas que seguen intentaremos debullar cada unha das garantías, así como analizala evolución futura en función de determinadas hipóteses de traballoItem type: Item , Relación entre os hábitos de consumo e os grupos lingüísticos en Galicia(Universidade de Santiago de Compostela, 1999) Redondo Bellón, IgnacioLogo de analiza-la evolución do galego durante os últimos anos, este estudio empfrico desvelou numerosas diferencias significativas nos niveis de consumo dos grupos lingüisticos galego, castelán e bilingüe de Galícia, aínda eliminando os efeclos da clase social e do hábitat. lsto verificouse en productos de diversa índole como comestibles envasados, bebidas, artigos de limpeza doméstica, cosmeticos e productos de hixiene persoal Observouse o mesme no tocante ó nivel de exposición ós medios de comunicación, á frecuencia de compra en varios estab/ecementos, ós electrodomésticos que equipan o fogar, ó uso de certos servicios financeiros e á compra recente de varios xéneros. Case todas estas variables mostraron que os maiores consumidores eran os castelanfalantes, logo os bilingües e, finalmente, os galegofalantesItem type: Item , A imaxe de Arxentina(Universidade de Santiago de Compostela, 1999) Ortigueira Sánchez, ManuelNa presente investigación mostrámo-los resultados dun macroestudio realizado en oito países diferentes. A utilídade da información obtida está relacionada coa enorme transcendencia que ten a imaxe dun país para o desenvolvemento das súas relacións de intercambio con outros países. Neste traballo recollémo-la imaxe dun país onda, xa hai anos, acudiu unha enorme cantidade de galegos para mellora-las súas condicións de vida. Estámonos a referir á Arxentina. O lazo histórico mantído con este país é o que nos induciu a presentar aquí a súa imaxeItem type: Item , Pequenas empresas, aprendizaxe e sistemas nacional e rexional de innovación(Universidade de Santiago de Compostela, 1999) Maculan, Anne Marie; Carleial, LianaEste artigo discute as posibilidades e dificultades, sucesos e limites da inserción de pequenas empresas nun sistema nacional/rexional de innovación aínda en formación como no aso brasileiro. O elemento central é un proceso de aprendizaxe tecnolóxica e de organización baseado en multiples interaccións con outras organizacións tales como grandes empresas, institutos de investigación, axencias gobemamentais de ámbito nacional e rexional. O punto de partida é un conxunto de elementos que caracterizan a economía industrial brasileira neste momento. En primeiro lugar, as grandes empresas industriais procuran organizar unha producción enxoita. Consecuentemente, elas están derivando cara ó exterior unha parte crecente das súas actividades productivas e formando redes de subcontratación con pequenas empresas. En segundo lugar, a creación de pequenas empresas de base tecnolóxica que son apoiadas por institucións de investigación ou universidades ou incluso polo Ministério da Ciència e Tecnología. O noso enfoque teórico é a teoría neoschumpeteriana (evolucionista) da firma, que destaca os diferentes procesos de aprendizaxe, sobre todo a aprendizaxe por interacción. As nosas principais conclusións son as seguintes: 1) a inserción en redes de adquisición de subcontratación permite un proceso de acumulación de coñecementos e competencias nas pequenas empresas que está fortemente ligado ó proceso productivo e varia co sector de actividade; 2) a localización de pequenas empresas en incubadoras fai posible a adquisición de competencias tecnolóxicas e organizativas coma o acceso a redes de información, producción e serviciosItem type: Item , ¿Pertencen á tradición clásica os modelos de crecemento "endóxeno"?(Universidade de Santiago de Compostela, 1999) Kurz, Heinz D.; Salvadori, NeriAnalizase a teoría do crecemento propugnada polos economistas clásicos. Demóstrase que é unha teoría de crecemento endóxeno e que, unha vez que a análise do crecemento se illa da escaseza de terra, pode xerar un crecemento continuo. A continuación, esta teoría é comparada con algúns dos recentes modelos de crecemento endóxeno, e demóstrase que estes pertencen con toda seguridade á mesma tradición. En especial, a taxa de beneficio non se determina sobre a demanda e oferta de capital, como no caso dos modelos neoclásicos, senón que se fai eliminando "traballo" do cadro en cuestión e poñendo no seu lugar "capital humano"ou "coñecemento"; é dicir, algo que o século vinte pode aceptar como un factor de producción producible (e acumulativo). De feilo, a asunción clásica dun índice de salarios real "dado", non é máis ca un modo de considera-lo traballo como un factor producibleItem type: Item , ¿Por qué casa a xente? Sobre as decisións polas que as persoas elixen siguer solteiras e non aceptar unha proposta matrimonial(Universidade de Santiago de Compostela, 1999) Giménez Fernández, Eduardo L.Aplicase a análise económica ao comportamento individual no momento mesmo de decidir casar, é dicer, de aceptar unha oferta matrimonial. Esta investigación realizase no marco dun modelo de búsqueda. Asemade identificanse os factores que influen en dita decisión. A teoría pode reproducir certos feítos da realidade como a actual elevada idade da xente ao casar, e exténdese ao caso da decisión de ser noivo e da formación das parellas de feíto. Finalmente realizouse unha calibración con datos de España 1940-1991. Partindo do feíto que a porcentaxe de casados crece á mesma taxa que o volume de persoas en idade de casemento, obtivose unha taxa natural de solteiroItem type: Item , Modelo econométrico integrado do transporte internacional por vía marítima, 1973-1992(Universidade de Santiago de Compostela, 1999) Frías Pinedo, Isidro; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Economía CuantitativaNeste artigo preséntase un modelo economélrico integrado do mercado de fretes ma· ritimos nos mercados de carga seca e líquidos a granel. En primeiro lugar, realizase unha análise das principais variables relacionadas co transporte internacional por vía maritima A continuación, estimase un modelo de !retes a curto prazo que consta de catro ecuacíóns de comportamenlo e dunha identidade. Nas catro ecuacións de comportamenlo explicase o funcionamento do prezo dos fretes a curto, a renda dos contratos de alugueiro, a participación dos cargueiros polivalentes ("combinad carriers") nos mercados que se consideran e a tonelaxe da flota inactiva. Finalmente, son estimadas as ecuacións que explican o funcionamento do mercado de fretes no longo prazo: a oferta de buques para o despezamento e o volume e os prezos dos buques de nova construcciónItem type: Item , O intercambio electrónico de datos como fonte de vantaxes competitivas: o redeseño dos sistemas de información interorganizacionais(Universidade de Santiago de Compostela, 1999) Diz Comesaña, María EvaA adaptación das empresas ó novo contorno competitivo, onde a información constitúe un importante recurso estratéxico, pasa, en moitas acasións, pota cooperación can outras entidades para conseguir melloras en lempo e en cafidade. De feito, pódese considera-lo lntercambio electrónica de Datos como unha filosofía de cooperación que permita a explotación de vantaxes competitivas na interconexión das cadeas de valor das empresas que cooperan. Isto provoca que os procesos transcendan os limites propios de cada organización, polo que os sistemas de información deben adaptarse seguindo a fina dos distintos procesos e non a das empresas. A seguir, analizaranse as fases que se terán que seguir para realizar un redeseño dos sistemas de información interorganizacionais que permita unha correcta implantación das tecnoloxías da información e comunicación que axuden a ser máis competitivosItem type: Item , A Universidade ós ollos da peme galega(Universidade de Santiago de Compostela, 1999) Castro Cotón, Manuel; Fernández López, Sara; Rodríguez Sandiás, Alfonso; Ximénez Rodríguez, Santiago; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Economía Financeira e ContabilidadeCoñece-lo que opinan as empresas da universidade é un bo principio para senta-las bases dunha futura colaboración Peme-Universidade. Partindo desta premisa, no naso traballo analizámo-lo papel que desempeñan determinadas caracterfstlcas ou variables na opinión que da universidade leñen ss empresas. Esta análise permitiranos concluir cunha serie de orientacións para favorece-lo achegamento dende o lado académico ó mundo empresarialItem type: Item , A relación entre desemprego e productividade en España e Portugal: persistencia e longo prazo(Universidade de Santiago de Compostela, 1999) Bande Ramudo, Roberto; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Fundamentos da Análise EconómicaO desemprego representa un dos principais problemas das economías europeas, entre elas España. Sen embargo, o naso viciño Portugal, a pesar de haber estado sometido a similares perturbacións no mercado de traballo (e a súa economía en xeral), presenta unha taxa de desemprego moito máis baixa que a española Neste artigo preténdese acouta-la existencia dunha realción de longo prazo entre a taxa de desemprego e a laxa de crecemento da productividade. Se esta relación existe, pódese explica-la maior persistencia do desemprego español en relación co portugués. A evidencia suxire que esta relación é significativa para ámbolos dous paises, e que España, ademais de presentar un coeficiente de persistencia máls elevado que Portugal, sufre axustes máis lentos cando ámbalas duas variables están fóra das súas posicións de equilibrio