EC/015-Vol.15, Núm. 2 (2006)
Permanent URI for this collectionhttps://hdl.handle.net/10347/18918
Browse
Recent Submissions
Now showing 1 - 14 of 14
Item type: Item , Mercado de capitales europeo: el camino a la integración. Mª Eugenia Escudero Prado [coord.]. A Coruña: Netbiblo. 2004 [402 páxinas](Universidade de Santiago de Compostela, 2006) Fernández Fernández, Loreto; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Economía Financeira e ContabilidadeItem type: Item , Nocións de crecemento e desenvolvemento económico(Universidade de Santiago de Compostela, 2006) Álvarez Gómez, Julio; Alonso González, ÁngelItem type: Item , Efectos das subvencións públicas sobre o investimento en I+D das empresas manufactureiras españolas(Universidade de Santiago de Compostela, 2006) Marra Domínguez, María ÁngelesNeste traballo especifícase e estímase un modelo econométrico que analiza os efectos das subvencións públicas ao investimento en I+D dunha mostra de empresas manufactureiras españolas innovadoras clasificada segundo o tamaño en dúas submostras durante o período 1991-1999. As estimacións confirman que as subvencións públicas teñen un efecto positivo feble e estatisticamente significativo sobre o investimento privado en I+D, polo que non se atopa evidencia de que exista un efecto de substitución total de fondos privados por fondos públicos. Ademais, tamén se detecta un efecto maior e estatisticamente máis significativo nas empresas de menor tamaño que nas grandes empresas, o que suxire que estes mecanismos contribúen en maior medida a estimular o investimento privado en I+D nas empresas de pequeno e media-no tamaño analizadasItem type: Item , Bancos e caixas de aforros: modelización da marxe de beneficio por regresión múltiple. Análise comparativa(Universidade de Santiago de Compostela, 2006) Vasallo Rapela, Alejandro Manuel; Vilar Fernández, Juan M.Este traballo desenvolve un modelo teórico que relaciona a marxe de beneficio das entidades financeiras con variables estratéxicas clave relativas ao seu tamaño e variables que fan referencia próxima aos servizos ofrecidos. A importancia do sector bancario na nosa economía, as modificacións do sistema financeiro e a importancia e o peso específico das caixas de aforro naquel determinan que o noso obxectivo básico en canto ao modelo elaborado sexa a comprobación das posibles diferenzas nas variables determinantes destes dous tipos de entidadesItem type: Item , Características das pemes galegas innovadoras fronte ás pemes non innovadoras(Universidade de Santiago de Compostela, 2006) Rodeiro-Pazos, David; Fernández Fernández, Loreto; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Economía Financeira e ContabilidadeA innovación é un dos aspectos máis relevantes na análise do nivel competitivo dunha empresa e, por extensión, dunha rexión ou país. Este traballo, centrado no ámbito empresarial galego, é unha primeira aproximación ao estudo da innovación no sector das pequenas e medianas empresas, e o seu principal obxectivo é identificar as principais características das pemes que levaron a cabo innovacións fronte a aquelas que non realizaron ningunha. As empresas que definimos como innovadoras posúen un maior tamaño e unha preocupación superior ante os factores competitivos que se consideraron neste estudo que as empresas consideradas non innovadoras. As innovacións son introducidas por iniciativa propia, mentres que as principais causas aducidas para non realizalas son a escaseza de recursos financeiros e humanos e a complexidade da súa introduciónItem type: Item , O papel da empregabilidade na satisfacción laboral dos traballadores temporais(Universidade de Santiago de Compostela, 2006) Álvarez Llorente, Gema; Miles Touya, DanielNeste traballo contrástase empiricamente en que medida a falta de estabilidade no emprego impacta negativamente sobre a satisfacción laboral dun traballador e como este impacto pode ser mitigado con medidas orientadas a mellorar a empregabilidade dos traballadores. A través dos datos da “Encuesta de calidad de vida en el trabajo”, realizada polo Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais no ano 2001, móstrase evidencia empírica de que contribuíndo a enriquecer o capital humano dos empregados e, xa que logo, mellorando a súa empregabilidade, estes poden chegar a sentirse máis satisfeitos co seu trabalo, o que repercutirá positivamente na realización das súas funcións dentro da empresaItem type: Item , A taxa de crecemento compatible co equilibrio externo: un test para a economía española(Universidade de Santiago de Compostela, 2006) Fernández Castro, Belén; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Fundamentos da Análise EconómicaNeste traballo contrástase un modelo de crecemento con restricións de balanza de pagamentos. No enfoque habitual estes modelos establecen unha relación entre renda, importacións e renda do resto do mundo mentres que neste traballo se establece unha relación entre renda, demanda interna e renda do resto do mundo. Estímase a relación entre estas tres variables e obtense a taxa de crecemento compatible co equilibrio externo. Contrástase se a taxa de crecemento sostible obtida a partir deste enfoque predí adecuadamente a taxa de crecemento da economía española e, por último, analízase que compoñentes da demanda interna son máis relevantes á hora de determinar o crecemento económico. Os resultados obtidos mostran que, para a economía española, a taxa de crecemento se predí cunha gran precisión en función da evolución da demanda privada da economía e da renda do resto do mundoItem type: Item , Prezos de transferencia e comercio electrónico en España. Evidencia empírica(Universidade de Santiago de Compostela, 2006) Núñez Aguado, Francisco Javier; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Economía AplicadaPártese da hipótese de que os diferenciais impositivos entre o país de orixe da multinacional e aqueles nos que se asentan as súas filiais condiciona o seu comportamento fiscal, alterando o volume de actividade declarado en función da incidencia dese diferencial sobre a súa factura impositiva. Así mesmo, considérase que a xeneralización do emprego das tecnoloxías da información e da comunicación (TIC) facilita a adopción de técnicas de prezos de transferencia mediante as cales se beneficia dese diferencial para reducir a cifra de impostos pagados. Inténtase contrastar estas hipóteses mediante a análise de regresión dunha mostra de empresas residentes en España, filiais de grupos multinacionais estranxeiros. Os resultados, aínda que condicionados pola brevidade da mostra obtida, poñen de manifesto unha certa relación positiva entre o diferencial fiscal e as cifras de vendas e ingresos declaradas; con todo, os resultados relacionados co emprego das novas TIC e o uso de prezos de transferencia non mostran ningunha relación significativaItem type: Item , Que diferencia ás multinacionais que xeran internacionalmente innovacións?(Universidade de Santiago de Compostela, 2006) Quintás Corredoira, María de los Ángeles; García Vázquez, José ManuelEste traballo analiza as principais diferenzas que presentan os grupos multinacionais que xeran internacionalmente actividades tecnolóxicas fronte aos que non as xeran, medindo esas actividades a través de patentes da vía europea. Os resultados mostran que existen diferenzas significativas entre os dous tipos de grupos; os que xeran internacionalmente tecnoloxías posúen matrices cun maior volume de vendas e número de empregados e son grupos cun maior número de empresas, están máis diversificados xeograficamente, son máis antigos e posúen un maior volume, diversificación e experiencia tecnolóxica. Por último, de entre todas as variables analizadas, aquelas que diferencian mellor ambos os dous grupos son as relacionadas coa diversificación tanto xeográfica coma tecnolóxicaItem type: Item , O criterio de elección do sucesor nas empresas familiares galegas(Universidade de Santiago de Compostela, 2006) Barbeito Roibal, Susana; Guillén Solórzano, Eduardo; Martínez Carballo, Manuel; Domínguez Feijóo, GerardoO obxectivo principal deste artigo é levar a cabo unha exposición sobre algunhas características básicas das empresas familiares, afondando no caso concreto da Comunidade Autónoma de Galicia, no criterio de primoxenitura como criterio tradicional de acceso ao posto de máximo responsable nunha empresa familiar e na existencia de plans de sucesión definidos. O punto de partida deste traballo céntrase nunha mostra de empresas familiares galegas obtida a partir da base de datos ARDÁN, ás cales se lles envía unha enquisa que recolle distintos aspectos do proceso de sucesiónItem type: Item , Actividade económica, estrutura produtiva e emprego no val do Cauca(Universidade de Santiago de Compostela, 2006) Aguado Quintero, Luis FernandoO artigo analiza o desempeño da actividade económica do Val do Cauca no período 1996-2003 e para iso realiza unha análise comparativa da estrutura sectorial da economía rexional e da nacional a partir dun sinxelo coeficiente de especialización sectorial; ademais, descompón a evolución do PIB per cápita rexional para describir o comportamento da produtividade media do traballo e algunhas variables asociadas ao mercado de traballo e demográficas. Deste modo, detéctase como algunhas diferenzas na estrutura e na composición do valor agregado rexional poden incidir no desenvolvemento da actividade económica rexional e no comportamento do mercado de traballoItem type: Item , Revolución científica, tecnolóxica e enerxética: a influenza sobre o pensamento económico dos séculos XVI e XVII(Universidade de Santiago de Compostela, 2006) Guerra, Sinclair Mallet Guy; Macedo, Gustavo de Conti; Neto, Tania María de Castro CarvalhoEste traballo sitúa algúns dos escritos económicos dos séculos XVI e XVII no contexto das revolucións científicas e tecnolóxicas dese período e precedentes, fase de transición do feudalismo ao capitalismo. Tamén discute o cambio do centro de atención dos autores, xa que de asuntos teolóxicos, lóxicos e éticos pásase a tratar as “cousas prácticas da vida”, tal e como ocorreu nos dous séculos estudados. Para iso dáselle relevancia ao traballo de William Petty. Continúa discutindo o progreso na apropiación de sistemas enerxéticos e como este feito transformou a realidade feudal dirixíndoa cara a unha economía mercantilista, alterando tamén as preocupacións dos letrados en relación coas cuestións sociais, inducíndoos a percibir o comercio internacional como un dos factores que explicarían o enriquecemento dun Estado. Finalmente, o pensamento económico do período foi analizado polo miúdo procurando resaltar nos escritos a influenza dos sistemas enerxéticos e da tecnoloxía, así como a visión sobre estes temas dos autores ou das escolas de pensamentoItem type: Item , Comparación de escalas para a medición da calidade percibida en establecementos termais(Universidade de Santiago de Compostela, 2006) Alén González, María ElisaNos últimos anos acéptase que a calidade percibida polo consumidor dun servizo é unha avaliación subxectiva do servizo que se lle presta. Pero lonxe da súa conceptualización, a unha empresa prestadora de servizos o que lle interesa fundamentalmente é a medición desa avaliación. Na literatura de marketing de servizos propóñense varios instrumentos para a súa medición, aínda que os máis populares son as escalas SERVQUAL e SERVPERF. Estas escalas difiren basicamente na forma na que fan operativa a calidade de servizo, tendo en conta as percepcións e as expectativas dos clientes no primeiro caso e só as súas percepcións no segundo. A maior adecuación dunha ou doutra foi obxecto dun intenso debate na literatura que parece terse saldado coa consideración de que a escala SERVQUAL ofrece maiores posibilidades de diagnóstico mentres que a SERVPERF ten mellores propiedades psicométricas. No noso traballo pretendemos contrastar, no ámbito do turismo termal, este último extremoItem type: Item , Innovación e novas tecnoloxías nas pemes de Galicia. Os sectores téxtil e conserveiro(Universidade de Santiago de Compostela, 2006) Gómez Suárez, Águeda; González Lamas, Jorge; Lusa Bernal, Exter; Osorio Montenegro, Juan LuisNeste artigo preséntanse os resultados dunha investigación realizada durante o ano 2003 para o Ministerio de Ciencia e Tecnoloxía sobre as actividades innovadoras e a aplicación das TIC nas pemes do litoral galego dos sectores téxtiles e conserveiros. Finalmente, descríbense varias experiencias de “boas prácticas” identificadas nestas empresas e expóñense unha serie de recomendacións destinadas ás administracións públicas, ás asociacións e ás propias pemes para mellorar estes dous ámbitos