EC/012-Vol.12, Núm. 1 (2003)
Permanent URI for this collectionhttps://hdl.handle.net/10347/18913
Browse
Recent Submissions
Now showing 1 - 20 of 20
Item type: Item , A Comparison of Small and Medium Sized Enterprises in Europe and in the USA. Solom M. Karmel e Justin Bryon. New York: Routeledge. 2002 [257 páxinas](Universidade de Santiago de Compostela, 2003) Romero Castro, Noelia María; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Economía Financeira e ContabilidadeItem type: Item , Economía de la educación. M.J. San Segundo. Madrid: Síntesis. 2001 [319 páxinas](Universidade de Santiago de Compostela, 2003) Rodeiro-Pazos, David; Fernández López, Sara; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Economía Financeira e ContabilidadeItem type: Item , “Jurisprudencia constitucional sobre cajas de ahorros”, Perspectivas del Sistema Financiero, núm. 71 (monográfico). VV.AA. Madrid: FUNCAS. 2001 [570 páxinas](Universidade de Santiago de Compostela, 2003) Cadabal Sampedro, María; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Economía AplicadaItem type: Item , As teorías da localización do investimento estranxeiro directo: unha aproximación(Universidade de Santiago de Compostela, 2003) Díaz Vázquez, RaquelItem type: Item , A política fiscal na Unión Europea: prioridades para os próximos anos(Universidade de Santiago de Compostela, 2003) Fernández Méndez, Andrés; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Economía AplicadaItem type: Item , Consideracións en torno ó gasto público(Universidade de Santiago de Compostela, 2003) Cadabal Sampedro, María; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Economía AplicadaItem type: Item , Análise da obra de Lomborg, Simon, Sala-Martín e outros sobre o catastrofismo ecolóxico(Universidade de Santiago de Compostela, 2003) Cancio Álvarez, Miguel; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de SocioloxíaItem type: Item , A competitividade externa das rexións españolas. Unha análise do impacto da Capacidade tecnolóxica(Universidade de Santiago de Compostela, 2003) Taboada Fontao, María Carmen; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Economía AplicadaO presente traballo constitúe un intento de análise da competitividade das comunidades autónomas españolas no mercado mundial durante os últimos quince anos. Para a dita análise estudiámo-la evolución das cotas rexionais nas exportacións mundiais, xunto co impacto do factor tecnolóxico como variable explicativa do nivel competitivo acadado por cada rexión. Trátase así de destacar en certa medida a relevancia da tecnoloxía fronte a outras variables explicativas tradicionais, así como o carácter acumulativo que amosa o coñecemento tecnolóxico, que explicará en boa medida a posición relativa de cada autonomía nas exportacións mundiaisItem type: Item , Programas forestais nas comunidades de montes veciñais en man común na Rede Natura 2000: unha análise Delphi(Universidade de Santiago de Compostela, 2003) Soliño Millán, MarioNeste traballo realízase unha avaliación do marco institucional de políticas forestais de aplicación na Comunidade Autónoma de Galicia. Tomando como referencia territorial espacios rurais de montaña con vocación forestal da Galicia meridional propostos para formar parte da Rede Natura 2000, realízase unha análise delphi cun panel de expertos formado por presidentes electos de comunidades de montes veciñais en mancomún. Os resultados mostran a opinión deses xestores no que respecta á contía, duración e outros aspectos das axudas establecidas nos programas examinados. Realízase, ademais, unha análise diferenciando dúas zonas territoriais: a área de interior limítrofe á provincia de Pontevedra e as zonas máis interiores de Galicia. Ademais da análise das políticas desenvolvidas na Política Agraria Común, avalíase unha proposta hipotética dun novo programa de conservación de paisaxes autóctonas que conforma un exercicio de previsión que no futuro poderá ser tido en conta polos decisores políticos á hora de elaborar novos programas que fomenten accións beneficiosas para a conservación de espacios rurais de montaña. Para iso analízase en qué medida as contías das axudas destinadas a fomentar ese tipo de accións están en consonancia coas demandas dos axentes sociais ós que van dirixidasItem type: Item , As operacións de reestructuración empresarial en Galicia no marco do réxime fiscal especial(Universidade de Santiago de Compostela, 2003) Sieiro Constela, María MilagrosAs operacións de reestructuración empresarial están fortemente condicionadas pola súa fiscalidade. A importancia das plusvalías que poden poñerse de manifesto con ocasión da súa realización fan do factor fiscal un aspecto central. Unicamente a configuración dun réxime especial con fundamento na neutralidade impositiva podería resultar coherente coas esixencias da internacionalización económica. Este proceso, unido á confianza que outorga un marco normativo comunitario, e a súa lectura flexible pola norma interna española de adaptación explican a súa crecente utilización nos últimos dez anos. As empresas galegas non permaneceron alleas a esta realidade. O seu comportamento neste período axústase a determinadas pautas: un equilibrio cada vez máis apreciable entre as operacións de “concentración” e “reorganización” empresarial, acompañado dunha evolución crecente que ten como punto de inflexión o ano 1996Item type: Item , A miticultura galega desde a perspectiva da economía social(Universidade de Santiago de Compostela, 2003) Rodríguez Rodríguez, Gonzalo; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Economía AplicadaO presente artigo ten por obxecto analiza-lo emprego que a miticultura galega realiza da forza de traballo, considerando tanto aspectos productivos coma socioeconómicos. Tal propósito require a comprensión tanto de aspectos materiais, tales como o volume de ocupación nas diversas categorías do emprego, como inmateriais, constituídos por unha cultura productiva específica mediante a que esta actividade afronta os retos da supervivencia e da competencia. En particular, o cultivo de mexillón optou por un modelo intensivo en man de obra, carac-terística, en xeral, propia das empresas de economía social, nas que a relación entre eficiencia e redistribución rara vez se resolve cun equilibrio perfecto, tendendo a predomina-la función redistributiva. Tal elección permitiu a supervivencia desta actividade. Na actualidade, e dentro da continua busca dese equilibrio, esta actividade ten un importante reto de mellora da eficiencia; cuestión que, como veremos, pode resolverse non só respectando a noción de economía social, senón afondando aínda máis nelaItem type: Item , O comercio electrónico e a asimetría da información: unha aproximación desde os custos de transacción(Universidade de Santiago de Compostela, 2003) Rodríguez López, Nuria; Vázquez Abad, Jesús; Martínez Carballo, ManuelÓ comercio electrónico atribúenselle numerosas vantaxes entre as que destacan as ganancias potenciais derivadas da eliminación de intermediarios e o trato directo entre compradores e vendedores. Sen embargo, a eficiencia das transaccións non pasa unicamente pola reducción de custos de busca e comunicación entre as partes concorrentes na transacción senón que cómpre supera-los problemas derivados da información asimétrica sobre as características dos productos, para o cal a presencia de intermediarios pode seguir sendo necesaria. O presente traballo analiza e avalía os cambios acontecidos nos custos de transacción como consecuencia da introducción de Internet nas transaccións entre as empresas e os consumidores finais (B2C). Para iso, o traballo estructurouse en dúas partes: na primeira analízase desde o punto de vista teórico dos custos de transacción a característica da asimetría da información; na segunda parte contrastámo-la problemática presentada coa aplicación que o comercio electrónico está a ter no subsector do “peixe e marisco fresco-refrixerado” en Galicia, integrado maioritariamente por pequenas e medianas empresasItem type: Item , Competitividade e análise estratéxica do sector turístico en Galicia: consideracións para a mellora competitiva(Universidade de Santiago de Compostela, 2003) Rodríguez Domínguez, María del Mar; Guisado Tato, Manuel; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Organización de Empresas e ComercializaciónO turismo foise revelando como unha actividade capaz de dinamiza-la economía dun país debido principalmente ós efectos multiplicadores que produce na renda nacional. No caso español, converteuse nun dos sectores que máis contribúe ó PIB. Non obstante, non tódalas zonas xeográficas contribúen na mesma medida á economía e, de feito, Galicia non ocupa un lugar moi destacado a pesar das grandes potencialidades que se lle recoñecen. Por iso, resulta necesaria unha redefinición da súa estratexia colectiva que lle permita explota-las súas vantaxes comparativas, transformándoas en vantaxes competitivas, buscando a consecución do seu sostemento no tempo. No presente artigo realizarase unha análise estratéxica do sector en Galicia e estudiaranse as variables causais da competitividade internacional que tradicionalmente se agrupan en tres grandes bloques: país, sector e empresa. Con base nesta análise expoñeranse algúns aspectos que se deberían ter en conta para mellora-la situación das empresas turísticas galegas que redunde nunha mellor posición competitiva do destino en xeralItem type: Item , Acerca da facenda local e a súa reforma. Unha proposta modesta(Universidade de Santiago de Compostela, 2003) Rego Veiga, Gustavo; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Economía AplicadaCando está próximo a finaliza-lo proceso de descentralización do gasto e a aprobación do sistema de financiamento para o período 2001-2006, parece que é hora de acometer un proceso de reforma no nivel de administración máis próximo ó cidadán: o local. Para iso, partindo da situación presente da facenda local española en xeral e da galega en particular, reflexionaremos sobre certos elementos que poderían condicionar ou mediatiza-la evolución desta posible reformaItem type: Item , A avaliación de investimentos en tecnoloxías da información. Aplicacións á teoría da decisión multicriterio(Universidade de Santiago de Compostela, 2003) Piñeiro Sánchez, Carlos; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Economía Financeira e ContabilidadeO problema da selección de investimentos formulouse tradicionalmente desde a óptica da economía da empresa, considerando criterios financeiros como o valor actual neto ou a taxa interna de rendemento. Estes métodos están avalados polo seu fundamento teórico e pola súa acreditada eficacia práctica; sen embargo, a evidencia empírica suxire que non son adecuados para a avaliación de sistemas de información. Este artigo propón o fundamento dun método práctico para a avaliación de investimentos en tecnoloxías da información baseado no modelo AHP de decisión multicriterioItem type: Item , A demanda de estudios superiores de economía por parte dos universitarios galegos(Universidade de Santiago de Compostela, 2003) Neira Gómez, Isabel; Fernández López, Sara; Ruzo Sanmartín, Emilio; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Economía Cuantitativa; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Economía Financeira e Contabilidade; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Organización de Empresas e ComercializaciónNo presente artigo estúdianse os factores que inflúen na decisión dos estudiantes galegos, en particular dos de Administración e Dirección de Empresas, de amplia-la súa formación en educación superior cursando estudios universitarios de segundo ciclo ou cursos de posgrao. Para iso utilizaremos un modelo logit binomial que nos permita coñece-las variables implicadas nesa decisión, prestándolle especial atención a aquelas que a “teoría do capital humano” sinala como fundamentais en investimento educativoItem type: Item , Tendencias productivas nas explotacións de leite galegas(Universidade de Santiago de Compostela, 2003) Miguel Domínguez, José Carlos de; Pérez Vidal, Tomás; Rodriguez González, Xosé Antón; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Economía CuantitativaNeste traballo analízase o comportamento productivo do sector productor de leite en Galicia nos últimos anos, utilizando os datos dispoñibles de 32 explotacións que se recollen no Programa de xestión de explotacións de leite de Galicia (Consellería de Agricultura). Como resultado deste dedúcense os cambios que experimentou o modelo productivo das explotacións de leite galegas, cuantifícase o papel das distintas variables productivas nas ditas transformacións e concrétanse os factores condicionantes que as explican e que deben considerarse no deseño dunha política agraria efectivaItem type: Item , A formación de capital humano en Galicia (1860-1900): alfabetización e atraso económico(Universidade de Santiago de Compostela, 2003) Martínez Domínguez, BlancaGalicia afrontou durante o século XIX un proceso de cambio económico no cal a mobilidade da poboación constituíu o motor da difusión da alfabetización, nunha sociedade predominantemente rural e de hábitat disperso. No desenvolvemento da alfabetización persistiron características tradicionais, como o pronunciado desequilibrio entre as taxas de alfabetización de ámbolos dous sexos, que prexudicaba espe-cialmente ó sexo feminino, principal compoñente da poboación galega. As femias accedían menos á escola, e nela afondábanse as diferencias na carga instructiva de alfabetización. O ciclo escolar era de carácter estacional e irregular, en función dos ciclos económicos agrícola e pesqueiro. A acumulación de coñecementos resentíase e o rendemento escolar era moi baixo. A crise estructural e o cambio económico da economía alteraron a distribución dos stocks de ca-pital humano e tamén supuxeron unha clara descapitalización, en termos de alfabetización, nal-gúns centros neurálxicos da economía tradicional, especialmente nos núcleos litorais e prelitorais de elevada densidade do sector téxtil da lencería. En xeral, a mobilidade xeográfica da poboación galega ralentizou a acumulación de capital humano alfabetizado e, paradoxalmente, revelouse como o compoñente máis dinámico da demanda de alfabetizaciónItem type: Item , O financiamento municipal galego: reformas inaprazables(Universidade de Santiago de Compostela, 2003) Álvarez Corbacho, XaquínUn trazo característico do municipalismo galego é o seu raquitismo orzamentario e fiscal. Este trazo explícase pola presencia de políticas clientelares extensivas. O traballo mostra a distribución destes recursos públicos mediante convenios, propoñendo á súa vez ideas alternativas para mellora-la facenda local de GaliciaItem type: Item , Emprego e productividade do traballo: unha análise descritiva para as industrias galega e española(Universidade de Santiago de Compostela, 2003) Abad Romero, Pilar; González Cerdeira, Xulia; Miles Touya, Daniel; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Economía AplicadaNeste traballo estúdiase o emprego da industria galega mediante a Encuesta Industrial de Empresas, desde dúas vertentes: por unha parte, desde unha perspectiva comparada coa industria española e, por outra, desde unha perspectiva de evolución temporal durante o período 1993 a 1999. Preséntase evidencia do crecemento experimentado no emprego durante este período expansivo, aínda que se detectan algunhas diferencias entre a industria galega e a española. Mentres que na primeira foron as grandes empresas as que xeraron máis emprego, na segunda foron as empresas de menor tamaño. Tamén se mostra que os custos laborais e a productividade do traballo (medida en termos de valor engadido por traballador ou por hora) están correlacionados de maneira positiva co tamaño da empresa e co nivel tecnolóxico do sector no que operan