EC/016-Vol.16, Núm. 1 (2007)
Permanent URI for this collectionhttps://hdl.handle.net/10347/18919
Browse
Recent Submissions
Now showing 1 - 15 of 15
Item type: Item , Percepción social sobre xeración de electricidade con fontes de enerxía renovables en Galicia(Universidade de Santiago de Compostela, 2007) Prada Blanco, Albino; Vázquez Rodríguez, María Xosé; Soliño Millán, MarioNeste artigo presentamos unha análise de percepción social sobre a xeración de electricidade con fontes de enerxía renovables en Galicia. Realizamos unha enquisa de percepción a unha mostra representativa da poboación galega. A análise de respostas permítenos analizar diferentes cuestións de percepción ou de coñecemento sobre a estrutura de consumo e a produción eléctrica, as vantaxes e os inconvenientes da produción de electricidade con fontes enerxéticas convencionais (e-FEC) e renovables (e-FER), as preferencias e as prioridades sobre a substitución de e-FEC por e-FER, etc. O estudo compleméntase cunha análise das respostas por grupos, atendendo a tres variables individuais: o nivel de estudos, o tamaño do hábitat de residencia e a idadeItem type: Item , Relacións de poder no sistema de valor: aplicación empírica na cadea da madeira de Galicia e do País Vasco(Universidade de Santiago de Compostela, 2007) Gueimonde Canto, Ana; Diéguez Castrillón, María Isabel; Sinde Cantorna, Ana IsabelEste traballo examina as relacións de poder interempresarial que se manifestan nun subsistema de empresas configurado como sistema de valor. O obxectivo da investigación é duplo: caracterizar as estruturas de poder asimétrico que se desenvolven neste marco e investigar a influencia do poder interempresarial sobre o rendemento organizativo. A evidencia empírica obtívose do sector da serra da madeira de Galicia e do País Vasco. Sobre estes datos, o estudo presenta resultados que sustentan que o concepto de poder ten múltiples dimensións e indican que as relacións de poder inherentes á cadea interempresarial condicionan significativamente a xestión das empresasItem type: Item , Perfil do propietario forestal individual en Galicia: obxectivos e prácticas de xestión no nordeste da Comunidade(Universidade de Santiago de Compostela, 2007) Marey Pérez, Manuel; Rodríguez Vicente, Verónica; Crecente Maseda, Rafael; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría; Área de Enxeñaría e ArquitecturaO monte arborado en Galicia experimentou un auxe significativo nas últimas décadas tanto en superficie coma en valor económico. Este desenvolvemento forestal foi obxecto de importantes publicacións centradas, principalmente, en inventarios ou en censos relativos á produción e subministración da madeira. Porén, as condicións nas que se asenta este éxito non están tan amplamente documentadas, isto é, a estrutura da propiedade forestal e o perfil do seu xestor son practicamente tópicos descoñecidos. Partindo desta premisa, coñecer os factores que determinan o comportamento forestal é a base para comprender este auxe e, deste modo, proxectar a súa futura tendencia e planificar medidas públicas de apoio. Este traballo forma parte dunha liña de investigación máis ampla para o desenvolvemento dun modelo metodolóxico de análise e estudo dos propietarios forestais galegos. Preséntanse os resultados obtidos dun cuestionario persoal a 103 propietarios titulares catastrais con máis de 1 hectárea de superficie forestal produtora no municipio de Barreiros, no nordeste da provincia de Lugo, nun intento por caracterizar a propiedade individual e por comprender a conduta forestal do xestor. A análise expón que esta actividade pode ser unha ocupación económica interesante, aínda que actualmente non se practica como tal. Considerando o éxito parcial de medidas públicas exclusivamente agrarias ou forestais, asegurar o futuro da pequena propiedade requirirá ferramentas ou programas públicos orientados a integrar o conxunto de producións tradicionais da explotación familiar. Dese modo, poderase incentivar a continuidade xeracional da explotación mediante a práctica forestal e agrogandeira.Item type: Item , Dúas perspectivas sobre a cartografía de coberturas e usos do solo en Galicia(Universidade de Santiago de Compostela, 2007) Díaz Manso, José Marcial; Aller González, Dominique; Martín Rosón, Amparo; Barcia Noia, Berta; Pereira Paulo, SusanaA cuantificación anual de superficies agrícolas e forestais é un dato básico de partida á hora de estimar a renda agraria, unha vez que a aquelas se lles aplican rendementos, producións e prezos. As técnicas cartográficas están a converterse en ferramentas que ofrecen un soporte básico para a estimación destes datos superficiais. Neste traballo expóñense algúns dos resultados sobre a cobertura/uso do solo contidos no «Mapa de coberturas e usos do solo» (1998), iniciativa proposta desde a propia Comunidade Autónoma. Ademais, realízase unha análise dos indicadores de cambio obtidos a partir dos resultados que se xeraron no proxecto «CORINE Land Cover» no período 1990-2000, cartografía proposta desde a Unión Europea. Ponse de manifesto a capacidade local para describir puntualmente a situación das coberturas/ usos do solo e a necesidade de recorrer a un proxecto de orixe europea para coñecer a evolución das coberturas. A primeira liña describe a complexidade da paisaxe galega facendo fincapé na coexistencia de usos e coberturas en pequenas áreas, que configuran unha paisaxe moi peculiar. A través de «CORINE Land Cover» apréciase que a superficie arborada medra á conta das zonas forestais desarboradas e tamén das zonas de gandería tradicional, clase claramente en retroceso. En canto á superficie ocupada polo viñedo, ponse de manifesto o seu alto grao de disgregación e un lixeiro crecemento neste intervalo de tempo. Tamén é notorio o crecemento das superficies artificiais debido fundamentalmente á construción de novas infraestruturas viarias. Como conclusión, cómpre dicir que apoiar as novas iniciativas de produción cartográfica que pretenden harmonizar as necesidades das comunidades autónomas, dos Estados e os intereses da Unión Europea parece o máis sensato, como pretende facer o proxecto SIOSE (Sistema de Información da Ocupación do Solo de España)Item type: Item , Presión de tempo e contido informativo das promocións de vendas(Universidade de Santiago de Compostela, 2007) Alén González, María Elisa; Fraiz Brea, José Antonio; Mazaira Castro, AndrésNo presente traballo de natureza exploratoria faise unha aproximación á limitación de tempo como elemento persuasivo nas promocións de vendas. Esta limitación de tempo non só se materializa na fixación dunha data a partir da cal non se pode participar na promoción senón que o anunciante intenta transmitirlles aos consumidores unha sensación de escaseza coa intención de que o valor percibido do incentivo promocional aumente. Ademais, realízase unha avaliación do grao informativo dos anuncios promocionais recollidos, facendo unha análise descritiva por categorías de produto. Por último, establécense as principais conclusións e propóñense futuras liñas de investigaciónItem type: Item , Analizando a desigualdade global: a evolución das desigualdades internas e entre países no contexto da globalización(Universidade de Santiago de Compostela, 2007) Vilas Castro, AleixoO presente artigo ten como obxectivo afondar no debate actual sobre a evolución das desigualdades de renda no contexto da globalización económica. Partidarios e detractores deste proceso afirman, respectivamente, que as desigualdades se teñen reducido ou incrementado neste período, recorrendo tanto os uns coma os outros a distintas interpretacións de diferentes fontes bibliográficas. Neste traballo farémonos eco dos estudos que analizan os diferentes niveis de desigualdade, e comprobaremos como existe un amplo consenso no que se refire á tendencia ao incremento da desigualdade interna dos países. A continuación, observaremos como os resultados dos estudos das desigualdades entre os países e da desigualdade global difiren segundo a metodoloxía empregada para realizar a comparación entre as diferentes moedas (tipos de cambio ou paridades de poder adquisitivo), o período seleccionado, a mostra de países seleccionada, as diferentes fontes estatísticas, etc.Item type: Item , Tamaño, incentivos fiscais e custo de capital de I+D privado das empresas manufactureiras españolas(Universidade de Santiago de Compostela, 2007) Marra Domínguez, María ÁngelesEste traballo analiza empiricamente o efecto dos incentivos fiscais para reducir o custo de capital de I+D privado das empresas manufactureiras españolas clasificadas segundo o seu tamaño medido polo persoal total ocupado durante o período 1991-1999. Os resultados confirman que os incentivos fiscais foron un instrumento eficaz para reducir o custo de capital de I+D privado, aínda que se evidencia que as empresas máis pequenas se benefician dun menor aforro fiscal na base e na cota, que soportan un maior custo da súa débeda e, en consecuencia, que lle fan fronte a un maior custo de capital de I+D. Tamén se obtén evidencia de que a elasticidade do prezo efectivo do capital de I+D privado con respecto aos cambios nos incentivos fiscais alcanza un valor medio superior á unidade, polo que pode concluírse que estes mecanismos teñen un impacto significativo para reducir o custo do capital de I+D, sendo este maior para as grandes empresas que para as empresas de menor dimensiónItem type: Item , Determinantes socioeconómicos da lingua: o caso do galego(Universidade de Santiago de Compostela, 2007) Gradín Lago, Carlos ManuelEn Galicia conviven actualmente dúas linguas diferentes co rango de idioma oficial: o castelán, oficial en toda España, e o galego, que adquire o rango de lingua propia da Comunidade Autónoma tras a aprobación do Estatuto de autonomía no ano 1981. Como consecuencia da relativamente recente xeneralización do castelán e da proximidade entrambas as dúas linguas, as estatísticas amosan que o galego mantén unha elevada presenza no conxunto da poboación: case a totalidade da poboación manifesta entender o galego falado e máis dun 60% di falalo de forma habitual en maior medida ca o castelán. Pero cómpre salientar que o galego ten hoxe unha menor presenza nos estratos de poboación urbana, máis nova, educada e de nivel socioeconómico máis elevado, e que a súa utilización é maior no ámbito familiar e máis reducida nas relacións económicas. Neste traballo analízase, en función da «Enquisa de condicións de vida das familias» elaborada polo Instituto Galego de Estatística, o actual perfil socioeconómico dos galegofalantes en función das súas características xeográficas, demográficas e laborais, e como estes factores inflúen na dinámica do cambio lingüístico que vén experimentando a poboación galegaItem type: Item , Internacionalización-cooperación nas pemes de Vigo e da súa área metropolitana(Universidade de Santiago de Compostela, 2007) Cal Bouzada, María Isabel; Verdugo Matés, María Victoria; Fernández-Jardón Fernández, Carlos MaríaO obxectivo deste traballo é a análise do proceso de internacionalización das pemes de Vigo e da súa área metropolitana. Para iso utilizáronse os resultados dunha enquisa realizada a empresas desa área xeográfica. Baseándonos no “modelo do proceso de internacionalización” (Uppsala-Model) e analizando a teoría asociada aos indicadores de magnitudes económicas, concretados cos comportamentos da empresa galega e utilizando técnicas multivariantes, cuantificouse o grao e a forma de internacionalización das pemes de Vigo e da súa área metropolitanaItem type: Item , As competencias da empresa como factor básico na rendibilidade económica(Universidade de Santiago de Compostela, 2007) Cabanelas Lorenzo, Pablo; Lorenzo Paniagua, JavierUnha das principais vías de investigación no campo da dirección estratéxica é explicar por que as empresas son diferentes entre si e cales son as bases das vantaxes competitivas. En particular, co presente artigo pretendemos desenvolver unha nova contribución sobre este debate. Para iso, realizamos unha revisión teórica sobre os principais enfoques que tratan de explicar as fontes de competitividade; a partir desta, propoñemos unha serie de hipóteses que pretenden achegar indicios sobre a validez de cada unha das aproximacións identificadas. Con este obxecto, recorremos á descomposición da varianza da rendibilidade económica co fin de determinar cales dos enfoques posúen un maior valor, sobre unha mostra de empresas representativa da economía españolaItem type: Item , Productos financieros y operaciones de inversión RICARDO J. PALOMO ZURDO / JOSÉ LUIS MATEU GORDON Madrid: Instituto Superior de Técnicas y Prácticas Bancarias. 2004 [922 páxinas](Universidade de Santiago de Compostela, 2007) Vivel Búa, Milagros; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Economía Financeira e ContabilidadeItem type: Item , Bolsas, mercados y técnicas de inversión F.J. LÓPEZ LUBIÁN / P. GARCÍA ESTÉVEZ Madrid: McGraw Hill. 2005 [325 páxinas](Universidade de Santiago de Compostela, 2007) Vivel Búa, Milagros; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Economía Financeira e ContabilidadeItem type: Item , El gobierno de las cooperativas de crédito en España RAFAEL CHAVES / FRANCISCO SOLER Valencia: CIRIEC-España. 2004 [237 páxinas](Universidade de Santiago de Compostela, 2007) Millán Calenti, Rafael Álvaro; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Dereito Público Especial e da EmpresaItem type: Item , Beneficios y costes sociales en la conservación de la Red Natura 2000 ALBINO PRADA BLANCO /MARÍA XOSÉ VÁZQUEZ RODRÍGUEZ /MARIO SOLIÑO MILLÁN Fundación Caixa Galicia. 2006 [265 páxinas](Universidade de Santiago de Compostela, 2007) Carballo Penela, Adolfo; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Organización de Empresas e ComercializaciónItem type: Item , Electricidad verde. La biomasa en los montes de Galicia ALBINO PRADA BLANCO [DIR.] /MARÍA XOSÉ VÁZQUEZ RODRÍGUEZ MARIO SOLIÑO MILLÁN Centro de Investigación Económica y Financiera (CIEF) / Fundación Caixa Galicia. (Colección Monografías, Serie Estudios Sectoriales). 2006 [270 páxinas](Universidade de Santiago de Compostela, 2007) Villasante Larramendi, Carlos Sebastián; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Economía Aplicada