Máster en Xerontoloxía
Permanent URI for this collectionhttps://hdl.handle.net/10347/11557
Browse
Recent Submissions
Now showing 1 - 3 of 3
Item type: Item , O impacto da participación en actividades de ocio na calidade de vida das persoas maiores(2025-06) Pose Suárez, Nuria; Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Enfermaría; Martínez Roget, FidelEste Traballo de Fin de Máster analiza a relación entre a participación en actividades de lecer e a calidade de vida das persoas maiores nos contextos urbano e rural, é dicir, Santiago de Compostela e Camariñas, respectivamente. Ademais do impacto do impacto global na calidade de vida, a investigación busca examinar os beneficios percibidos da participación regular en actividades de ocio en variables psicosociais como a soidade, a autoestima ou a satisfacción coa saúde por parte dos adultos maiores. Empregouse un deseño cuantitativo cunha mostra de 272 persoas maiores de 60 anos. A recollida de datos realizouse mediante un cuestionario estruturado, que incluíu escalas realizadas e validadas como a de Autoestima de Rosenberg e a de Soidade na Escala de UCLA. Os resultados evidenciaron que a unha maior frecuencia de participación en actividades de ocio está asociado cunha mellor percepción da calidade de vida e a saúde. Así mesmo, observouse que as persoas que máis altos niveis de benestar emocional, conexión social e percepción positiva da saúde teñen, son as que máis participan de maneira habitual nestas actividades. Ademais, identificáronse diferenzas significativas en función do municipio de residencia e do nivel educativo. Polo tanto, a participación activa en actividades de ocio contribúe significativamente á mellora da calidade de vida das persoas maiores. Esta influencia maniféstase principalmente a través do incremento do benestar emocional, a redución da soidade e unha maior percepción da saúde. Estes resultados subliñan a importancia de deseñar e implementar programas de ocio accesibles para todos/as para favorecer un envellecemento activo e satisfactorio.Item type: Item , Influencia das relación familiares na calidade de vida das persoas con demencia(2025-06) Dafonte Iglesias, Anabel; Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Enfermaría; Pazos Couselo, MarcosNo presente traballo analízase a influencia das relacións familiares na calidade de vida das persoas con demencia mediante a realización dun revisión sistemática, seguindo a guía PRISMA. Empregáronse dúas bases de datos: Dialnet e PubMed, para as cales se trazou unha estratexia de busca concreta e se seleccionaron os estudos máis relevantes segundo uns criterios establecidos. Os resultados evidencian que as relacións familiares positivas e cohesionadas se asocian a un maior benestar físico e mental na persoa con demencia, así como das persoas coidadoras. En cambio, as relacións disfuncionais provocan sobrecarga física, emocional e un deterioro máis prematuro, tanto en quen proporciona os coidados como en quen os recibe. Así, percibiuse a necesidade de incluír a familia como eixo central de intervención. Entre as limitacións detectadas, atópase a escaseza de estudos específicos sobre o tema e o uso maioritario de deseños transversais.Item type: Item , Apoderando a sexualidade femenina: Proxecto de educación sexual para mulleres maiores(2024-06) Otero López, Lucía; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina; Díaz Geada, AinaraAntecedentes A sexualidade correspóndese cun aspecto biopsicosocial que acompaña aos seres humanos durante todas as súas etapas vitais, sendo un indicador de calidade de vida para as persoas maiores. No proceso de envellecemento experiméntanse unha serie de cambios fisiolóxicos, funcionais, psicolóxicos, sociais, económicos... que poden producir alteracións á hora de vivir a sexualidade. Ademais dos cambios mencionados, outro factor que inflúe en gran medida na sexualidade das persoas maiores, con maior énfase nas mulleres, é a existencia de prexuízos e estereotipos sociais. A consecuencia disto é que as persoas maiores sintan culpa ou vergoña se manteñen actividades ou intereses sexuais, afastándose cada vez máis da sexualidade provocando a aparición de dificultades na súa saúde tanto física como mental. Obxectivos O obxectivo xeral deste proxecto correspóndese con ofrecer coñecemento sobre a sexualidade a mulleres maiores de 65 anos habitantes do rural da provincia de A Coruña. Para isto, establecemos unha serie de obxectivos específicos centrados en: reducir os prexuízos e estereotipos sobre a sexualidade feminina na terceira idade; aumentar o autocoñecemento e a autoestima das mulleres participantes; facilitar o acceso das mulleres usuarias do proxecto a servizos e recursos da comunidade; mitigar o sentimento de culpa e vergoña das mulleres participantes en canto á sexualidade e por último, proporcionar un espazo seguro no que crear unha rede de apoio entre as mulleres participantes e fomenten a socialización e a axuda mutua. Metodoloxía Para alcanzar estes obxectivos, levarase a cabo un proxecto de intervención dividido en seis sesións a través das cales se abordarán temáticas como os cambios fisiolóxicos do envellecemento, os mitos e estereotipos sociais, o sentimento de culpa, etc. De maneira simultánea, propoñemos a utilización dunha técnica de investigación cualitativa, a ‘’Fotovoz’’, coa finalidade de afondar e mostrar á sociedade como afectan os estereotipos na autoestima, na corporalidade positiva e no autocoñecemento das mulleres maiores dende o empoderamento das mesmas.