EC/013-Vol.13, Núm. 1-2 (2004)

Permanent URI for this collectionhttps://hdl.handle.net/10347/18915

Browse

Recent Submissions

Now showing 1 - 20 of 25
  • Item type: Item ,
    Economía de Galicia: situación actual y perspectivas. ALBINO PRADA BLANCO. Santa Comba: tresCtres. 2004 [220 páxinas]
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2004) Vázquez Vicente, Xosé Henrique
  • Item type: Item ,
    La economía de los argentinos: reglas de juego para una sociedad próspera y justa. Federico Sturzenegger. Bos Aires: Planeta. 2003 [288 páxinas]
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2004) Carballas Reboredo, A. David; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Economía Cuantitativa
  • Item type: Item ,
  • Item type: Item ,
    Desenvolvemento sostible e benestar social: unha referencia á Comunidade de Galicia
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2004) Pena Trapero, Jesús Bernardo
  • Item type: Item ,
    A Axenda 21 Local: proceso e avaliación
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2004) García Añón, María; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Ciencia Política e da Administración
  • Item type: Item ,
    Centenario de José Barral Souto, o xenio galego que anticipou a programación lineal
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2004) Fernández López, Manuel
  • Item type: Item ,
    No mar o risco cero non existe: o caso do pesqueiro O Bahía e doutros. Chamamento de Heildelberg por unha ecoloxía científica
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2004) Cancio Álvarez, Miguel; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Socioloxía
  • Item type: Item ,
    A integración do parque tecnolóxico de Galicia no territorio
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2004) González Vázquez, Beatriz
  • Item type: Item ,
    Aumento da demanda de emprego en enerxías renovables
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2004) Blanco Silva, Fernando
  • Item type: Item ,
    Análise da eficiencia técnica na educación secundaria
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2004) Seijas Díaz, Amparo
    O obxectivo deste traballo é avaliar o performance dos centros de educación secundaria da provincia da Coruña partindo do concepto de función de produción. Para este fin, emprégase como técnica de estimación dos resultados a análise envolvente de datos debido á súa flexibilidade para adaptarse ás peculiaridades do proceso educativo. Os resultados poñen de manifesto o elevado nivel de eficiencia técnica dos institutos analizados, así como o papel fundamental que desempeñan os factores non controlables polo xestor
  • Item type: Item ,
    Radiografía do sector comercial minorista en Galicia
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2004) Ruzo Sanmartín, Emilio; Díez de Castro, José Alberto; Barreiro Fernández, María Begoña; Losada Pérez, Fernando
    O sector da distribución comercial posúe cada vez máis importancia nas economías dos países desenvolvidos. Porén, nos últimos anos, e como froito dos cambios observados nos ditos países, estanse producindo numerosas transformacións na súa estrutura. Posto que España e Galicia non son alleas a todas estas transformacións, no presente traballo realízase unha descrición actualizada do sector da distribución comercial minorista en Galicia, localizando este estudio no contexto da Unión Europea e de España, coa finalidade de realizar unha análise completa da oferta e da demanda deste tipo de servizos
  • Item type: Item ,
    XBRL: unha proposta de tradución ao galego da taxonomía IAS-PFS
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2004) Ruiz Lamas, Fernando; Calvo Silvosa, Anxo Ramón; Piñeiro Sánchez, Carlos
    A extensión no emprego de Internet como medio para a comunicación de información financeira impón a necesidade dun mínimo de normalización na súa presentación, de maneira similar ao que veu sendo a súa formulación en papel. A todo isto engádese que nos atopamos nunha etapa de harmonización da normativa contable empregada nos diferentes países, baseada fundamentalmente nas denominadas Normas Internacionais de Contabilidade ou Normas Internacionais de Información Financeira (NIC/NIIF). Con todo, a normalización debe estenderse á linguaxe empregada nas distintas tarefas de captación, procesamento e transmisión dos datos; de aí que xurdise unha proposta de linguaxe estandarizada para a transmisión de información financeira como XBRL (eXtensible Business Reporting Language), e que o International Accounting Standards Board (IASB) desenvolvese unha taxonomía coas etiquetas desta linguaxe para definir os diferentes epígrafes dos estados financeiros obrigatorios. A posibilidade de examinar automaticamente os devanditos epígrafes en diferentes linguas require a existencia de traducións que os identifiquen correcta e univocamente en calquera idioma. Así, a Asociación Española de Contabilidad y Administración de Empresas (AECA) desenvolveu a tradución ao castelán da devandita taxonomía; neste traballo preséntase unha proposta de tradución a outra das linguas oficiais de España, como é o galego
  • Item type: Item ,
    A empresa familiar exportadora. O caso das empresas de conxelados e conservas de peixes, moluscos e crustáceos
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2004) Rodríguez Daponte, Rocío; López Miguens, María Jesús
    As empresas familiares que constitúen unha gran parte do tecido empresarial nas economías de corte capitalista non permanecen alleas ao proceso de globalización no que están inmersas a maioría das organizacións. Así, este traballo ten como obxectivo diferenciar as organizacións de conxelados e conservas de peixe, moluscos e crustáceos de Galicia atendendo á característica de ser ou non empresas familiares, para poder analizar a existencia de diferenzas entre ambos os dous tipos de organizacións nos procesos de internacionalización. Utilizando como fonte de información a enquisa, verificamos se existen diferenzas entre esta tipoloxía de organizacións en función do seu tamaño, da súa porcentaxe de vendas no exterior, da idade da empresa, dos anos de experiencia nos mercados internacionais e da existencia de departamento de exportación
  • Item type: Item ,
    As tecnoloxías da información e as comunicacións e a mellora dos resultados empresariais
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2004) Pérez Pérez, Manuela; Mártinez Sánchez, Ángel; Luis Carnicer, María Pilar de; Vela Jiménez, María José
    Este traballo analiza os datos dunha enquisa realizada a unha mostra de pemes galegas sobre a adopción de tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC), e os seus efectos sobre a mellora dos resultados empresariais e das relacións con clientes, provedores e empregados. Os resultados indican que existe unha correlación positiva entre o investimento e o uso das TIC coa mellora de resultados e de relacións da empresa
  • Item type: Item ,
    A iniciativa comunitária Leader no marco teórico da política agraria
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2004) Pérez Fra, María do Mar; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Economía Aplicada
    A iniciativa comunitária LEADER é um programa público desenhado desde umha perspectiva de actuaçom local que tem no meio rural o seu âmbito de intervençom e na consecuçom do desenvolvimento integral destas áreas o seu objectivo declarado. Esta iniciativa surge num momento de câmbio de paradigma, no que as políticas tradicionais de apoio ao desenvolvimento de corte sectorial passam a ser substituídas por outras formas de intervençom no espaço. O objectivo deste trabalho é: 1) Realizar umha revisom crítica dos conceitos relacionados com a questom do desenvolvimento de áreas rurais com a fim de clarificar o contexto teórico no que se insere a iniciativa LEADER e situála no marco das políticas europeias; 2) Aportar elementos de discusom sobre a aplicabilidade do seu enfoque de tal jeito que constituam umha base a partir da qual se poda testar a influência real que tivo nas áreas de aplicaçom
  • Item type: Item ,
    A planificación turística sostible: unha análise aplicada ao municipio de Caldas de Reis
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2004) Pardellas de Blas, Xulio X.; Padín Fabeiro, María Carmen
    O turismo como actividade económica presenta cada vez en maior medida unha notable importancia no ámbito local, fornecendo ingresos e emprego, ademais de servir como motor de desenvolvemento doutros sectores económicos, tales como a agricultura, a pesca, a artesanía, a construción, o transporte, etc. Con todo, tamén é certo que pode significar un factor desequilibrador e incluso ter un impacto negativo sobre o territorio, polo que cómpre un debate sobre os problemas do seu desenvolvemento. Existe na actualidade unha importante e valiosa literatura científica sobre o tema da sostibilidade do turismo, na que se insire este traballo, intentando unha aplicación nos labores de planificación das ideas e fundamentos da sostibilidade no municipio de Caldas de Reis (Pontevedra) cos datos do estudo realizado polos autores no ano 2003 para analizar un proxecto de desenvolvemento turístico na área de influencia do municipio con fondos da iniciativa europea Leader, e no que se levou a cabo un inventario e unha auditoría de sostibilidade dos recursos
  • Item type: Item ,
    Nova economía e tributación internacional
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2004) Núñez Aguado, Francisco Javier; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Economía Aplicada
    O presente artigo trata de poñer de manifesto os principais cambios que os avances nos medios de comunicación e tratamento da información están xerando tanto no ámbito económico coma no administrativo. Este traballo pode dividirse en dúas partes claramente diferenciadas: unha primeira na que se debullan os aspectos máis relevantes dos cambios introducidos pola difusión das tecnoloxías da información e comunicación (TIC) e internet no ámbito económico, con especial referencia ao papel da produtividade e da innovación no quefacer empresarial e na estrutura dos mercados. A segunda parte está dedicada a glosar os principais retos que os cambios comentados presentan no ámbito da tributación internacional, diferenciándoos segundo afecten á imposición directa ou indirecta, así como os esforzos realizados por aclarar a actual situación desde os diversos organismos e foros internacionais
  • Item type: Item ,
    Estudo descritivo do sector do transporte internacional de mercadorías por estrada en Galicia
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2004) Lampón Caride, Jesús Fernando
    Nos últimos anos estamos asistindo a un cambio na contorna económica marcado pola liberalización da economía e pola globalización dos mercados. Estes supuxeron unha maior facilidade e aumento de intercambio de bens, poñendo de relevo a importancia do transporte neste novo escenario. Galicia e os seus sectores estratéxicos de actividade xa están inmersos nesta contorna vendendo os seus produtos en mercados globais (sobre todo europeos), considerando a exportación como a liña estratéxica para a mellora dos seus resultados. É esta situación a que lle confire ao transporte internacional de mercadorías en xeral e por estrada en particular unha grande importancia como garante da internacionalización da economía galega. Este artigo mostra os resultados dun estudo que presenta as características actuais e futuras do sector. O grao de subcontratación da actividade, o custo de transporte e a súa optimización, as características dos envíos e a estrutura das empresas de transporte líderes no sector son algúns dos elementos estratéxicos analizados. O obxectivo é que tanto os cargadores coma os transportistas respondan ao mercado internacional dos produtos galegos en condicións de máxima eficiencia
  • Item type: Item ,
    Orientación ao servizo dos hoteis de Galicia: efecto da categoría. Localización e pertenza a unha cadea
    (Universidade de Santiago de Compostela, 2004) García Garazo, Teresa; Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Organización de Empresas e Comercialización
    A orientación ao servizo da empresa, que define a contorna de traballo, inflúe no comportamento do persoal de contacto das empresas de servizos durante a prestación do servizo ao cliente. O obxectivo deste traballo é confirmar empiricamente as dimensións que constitúen a orientación ao servizo organizativa e analizar se a categoría do hotel, a súa localización e a súa pertenza ou non a unha cadea inflúen sobre a súa orientación ao servizo. A partir dunha mostra de hoteis galegos realizamos un estudo empírico cuns resultados que indican que a categoría do hotel e a súa pertenza a unha cadea inflúen na maioría das dimensións da orientación ao servizo organizativa