Integración paisaxística por medio das cores e dos materiais das construcións: unha achega metodolóxica para a elaboración de recomendacións e propostas de composición. Aplicación á paisaxe galega

Loading...
Thumbnail Image
Identifiers

Publication date

Advisors

Journal Title

Journal ISSN

Volume Title

Publisher

IBADER (Universidade de Santiago de Compostela-Lugo)
Metrics
Google Scholar
lacobus
Export

Research Projects

Organizational Units

Journal Issue

Abstract

A integración paisaxística constitúe unha demanda social e institucional cada vez máis consolidada, no marco da crecente consideración da paisaxe como un recurso merecedorde protección e cuxa valorización pode contribuír de forma notable ao desenvolvemento socioeconómico. Esta demanda social, xunto ás esixencias normativas impulsadas nos últimos anos desde distintos ámbitos lexislativos, implican a necesidade de contar con fundamentos teóricos e desenvolvementos metodolóxicos que eviten a súa transformación nun conxunto de actuacións illadas e incoherentes. A metodoloxía descrita nesta monografía ten por obxecto establecer unhas pautas de composición para construcións e edificacións, que favoreza unha adecuada integración paisaxística e con iso contribuír a unha maior calidade da paisaxe galega. Esas pautas centraranse nos tipos de materiais máis recomendables para os diferentes elementos das construcións e edificacións, así como nas gamas ou paletas de cores máis congruentes coas características das contornas nas que se vaian empregar. A metodoloxía cristalizará nunha serie de recomendacións e propostas prácticas, con carácter orientativo, que poderían servir de fundamento e axuda para que os plans urbanísticos e os instrumentos de ordenación do territorio as concreten, para ámbitos territoriais menores, e por tanto dunha forma máis detallada e cun alcance normativo.

Description

Bibliographic citation

González Rodríguez, A., Salvador Fernández, J., López Guitar, M.J. e Gómez Cereijo, J. (2017). Integración paisaxística por medio das cores e dos materiais das construcións: unha achega metodolóxica para a elaboración de recomendacións e propostas de composición. Aplicación á paisaxe galega. IBADER. https://www.ibader.gal/download.php?f=2017_MonogIBADER_gau-1351.pdf

Relation

Has part

Has version

Is based on

Is part of

Is referenced by

Is version of

Requires

Sponsors

Rights

Attribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 International