RT Book,_Whole T1 Integración paisaxística por medio das cores e dos materiais das construcións: unha achega metodolóxica para a elaboración de recomendacións e propostas de composición. Aplicación á paisaxe galega A1 González Rodríguez, Alberte A1 Salvador Fernández, Jorge A1 López Guitar, Manuel José A1 Gómez Cereijo, Jorge K1 Integración paisaxística K1 Edificacións K1 Paisaxe galega K1 Galicia K1 Harmonización AB A integración paisaxística constitúe unha demanda social e institucional cada vez máis consolidada, no marco da crecente consideración da paisaxe como un recurso merecedorde protección e cuxa valorización pode contribuír de forma notable ao desenvolvemento socioeconómico. Esta demanda social, xunto ás esixencias normativas impulsadas nos últimos anos desde distintos ámbitos lexislativos, implican a necesidade de contar con fundamentos teóricos e desenvolvementos metodolóxicos que eviten a súa transformación nun conxunto de actuacións illadas e incoherentes.A metodoloxía descrita nesta monografía ten por obxecto establecer unhas pautas de composición para construcións e edificacións, que favoreza unha adecuada integración paisaxística e con iso contribuír a unha maior calidade da paisaxe galega.Esas pautas centraranse nos tipos de materiais máis recomendables para os diferentes elementos das construcións e edificacións, así como nas gamas ou paletas de cores máis congruentes coas características das contornas nas que se vaian empregar.A metodoloxía cristalizará nunha serie de recomendacións e propostas prácticas, con carácter orientativo, que poderían servir de fundamento e axuda para que os plans urbanísticos e os instrumentos de ordenación do territorio as concreten, para ámbitos territoriais menores, e por tanto dunha forma máis detallada e cun alcance normativo. PB IBADER (Universidade de Santiago de Compostela-Lugo) YR 2017 FD 2017 LK https://hdl.handle.net/10347/42216 UL https://hdl.handle.net/10347/42216 LA glg NO González Rodríguez, A., Salvador Fernández, J., López Guitar, M.J. e Gómez Cereijo, J. (2017). Integración paisaxística por medio das cores e dos materiais das construcións: unha achega metodolóxica para a elaboración de recomendacións e propostas de composición. Aplicación á paisaxe galega. IBADER. https://www.ibader.gal/download.php?f=2017_MonogIBADER_gau-1351.pdf DS Minerva RD 22 abr 2026