“Os do monte”: movemento antifranquista galego
Loading...
Identifiers
Publication date
Authors
Advisors
Tutors
Editors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Geographic coverage
Abstract
A resistencia armada en Galicia ó franquismo, ó contrario do que a memoria política e social garda, tivo unha grande importancia: foi a primeira resistencia organizada en España e mantívose no tempo. O estudo da guerrilla que chega ó público xeral ten sido parcial e moi personalizada en figuras relevantes.
Neste traballo téntase ofrecer un enfoque xenérico, sen agarrarse ós nomes e cunha perspectiva que ten presente que a loita contra o franquismo está na base da consecución da democracia en España, facendo fincapé non só nos guerrilleiros “sen nome” e nos seus enlaces, senón que tentamos por o acento no papel das mulleres na resistencia, porque teñen sido a columna vertebral da mesma, pero son as súas grandes esquecidas.








