A aprendizaxe das ciencias desde a noción de modelo mental

dc.contributor.affiliationUniversidade de Santiago de Compostela. Departamento de Didácticas Aplicadasgl
dc.contributor.authorSesto Varela, Vanessa
dc.contributor.authorGarcía-Rodeja Gayoso, Isabel
dc.date.accessioned2020-02-18T12:56:17Z
dc.date.available2020-02-18T12:56:17Z
dc.date.issued2016
dc.description.abstractDurante as últimas décadas unha liña de investigación importante no ámbito da didáctica da ciencias foi o estudo da adquisición de coñecemento por parte dos estudantes sobre o mundo físico. Os estudos realizados sobre este tema permitiron concluír que os estudantes xa posúen as súas propias ideas acerca da natureza dos fenómenos. Chi (2013) entende por preconcepcións as ideas iniciais dos estudantes sobre o mundo físico antes de ser expostos na aula aos contidos da ciencia e construídas en base ás experiencias cotiás, mentres que por concepcións alternativas entende as ideas xeradas a partir dunha interpretación errónea dos conceptos científicos unha vez que os estudantes foron expostos aos contidos da ciencia. En estreita relación coas concepcións alternativas atópase a noción de modelos mentais, pois un conxunto estruturado de crenzas individuais pode constituír un modelo mental (Chi, 2013; García-Rodeja e Lima, 2012). A existencia de modelos mentais foi establecida por primeira vez polo psicólogo Kenneth Craik (1943), o cal sostiña que as persoas posuían na súa mente un modelo a pequena escala acerca do funcionamento do mundo. Na actualidade, unha definición bastante aceptada de modelo mental no ámbito da didáctica das ciencias é a de toda representación que un suxeito constrúe na súa mente como resultado da interacción social, da percepción ou de experiencias persoais, coa finalidade de proporcionar descricións, predicións e explicacións do mundo físico (Greca e Moreira, 2000). Dado que a capacidade das persoas para representar o mundo é limitada, os modelos mentais caracterízanse por ser representacións incompletas (Jones, Ross, Lynam, Perez e Leitch, 2011). Non obstante, debido ao seu carácter dinámico, os modelos mentais poden ser ampliados e mellorados conforme se vai incorporando neles nova información. Ademais, os modelos mentais adoitan ser inestables e non científicos, no senso de que reflicten as crenzas dos individuos sobre o sistema representado. Desde esta visión, non é apropiado supoñer que cando se ensina os estudantes constrúen modelos mentais que son copias perfectas dos modelos da ciencia escolar (Greca e Moreira, 2000). Polo xeral, os modelos mentais están repletos de distorsións e ideas alternativas que os fan diferir en contido e estrutura dos modelos da ciencia escolar. Sen embargo, malia poder contradicir aos modelos da ciencia escolar, os modelos mentais poden ser igualmente coherentes, sempre e cando as suposicións nas que se basean non se contradigan entre elas, permitindo ao seu construtor explicar e efectuar predicións sobre o sistema representado (Chi, 2013). Esta funcionalidade dos modelos mentais pode supoñer un obstáculo para que os modelos dos estudantes evolucionen cara os modelos da ciencia escolar, se estes non son conscientes dos seus modelos implícitos e interpretan de forma errónea a información que reciben.gl
dc.description.peerreviewedSIgl
dc.description.sponsorshipAos proxectos do Ministerio de Economía e Competitividade EDU2012-38022-C02-01 e EDU2015-6643-C2-2-P.gl
dc.identifier.citationBoletín das ciencias, ISSN 0214-7807, Ano 29, Nº. 82, 2016 (Ejemplar dedicado a: Recoge los contenidos presentados a: ENCIGA. Congreso (29. 2016. Negreira)), págs. 87-88gl
dc.identifier.issn0214-7807
dc.identifier.urihttp://hdl.handle.net/10347/20775
dc.language.isoglggl
dc.publisherAsociación de Ensinantes de Ciencias de Galicia (ENCIGA)gl
dc.relation.publisherversionhttp://www.enciga.org/files/boletins/82/IN18_a_aprendizaxe_das_ciencias_desde_a_nocion_de_modelo_mental.pdfgl
dc.rightsCopyright © 2016 Asociación de Ensinantes de Ciencias de Galicia (ENCIGA)gl
dc.rights.accessRightsopen accessgl
dc.titleA aprendizaxe das ciencias desde a noción de modelo mentalgl
dc.typejournal articlegl
dc.type.hasVersionVoRgl
dspace.entity.typePublication
relation.isAuthorOfPublication5e9198f1-0a00-4c72-9fdf-9e3ec1cccb4e
relation.isAuthorOfPublication.latestForDiscovery5e9198f1-0a00-4c72-9fdf-9e3ec1cccb4e

Files

Original bundle

Now showing 1 - 1 of 1
Loading...
Thumbnail Image
Name:
2016_bc_sesto_aprendizaxe.pdf
Size:
557.17 KB
Format:
Adobe Portable Document Format
Description: