O Códice de Florencia das Cantigas de Santa María (B.R. 20). Transcrición paleográfica
Loading...
Identifiers
Publication date
Advisors
Tutors
Editors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades
Abstract
Trátase da transcrición paleográfica conservadora do códice florentino das Cantigas de Santa María (B.R. 20), que reflicte os trazos da escritura gótica, coa súa alternancia de caracteres rectos e unciales segundo as Leis de Meyer e o rico xogo de abreviaturas que permitían aforrar o valioso espazo do manuscrito. Posto que este tipo de edicións tan conservadoras non adoitan ser as máis habituais dada a laboriosidade da súa confección, xa que se recolle tipografía nada común (letras unciales, maiúsculas ou expandidas; de uncial e de recta; erre redonda e erre de martelo, ese alta ou ese baixa, símbolos de abreviación planos, curvos, en zigzag ou outros etc.), e sinálanse os accidentes ocorridos tanto durante a copia (erros do copista, riscados, raspaduras) como posteriores (manchas de tinta, de humidade, perforacións) que non adoitan incluírse nas edicións paleográficas correntes. Como, debido a todas estas circunstancias, poida que para o ollo pouco afeito a estes estraños signos, a interpretación do texto resulte dificultosa, incorporouse ademais unha edición semipaleográfica da transcrición que facilita a lectura e as procuras no interior do texto. Todo iso está precedido dun estudo de carácter introdutorio ao códice menos coñecido e máis imperfecto das CSM, así como dunha minuciosa descrición dos criterios de edición seguidos.
Description
Trátase dunha transcrición paleográfica conservadora que reflicte o texto tal como está no manuscrito, é dicir, que se amosan os caracteres que se usaron na súa copia sen conversión ás grafías actuais, o cal permite un estudo pormenorizado dos rasgos grafemáticos do texto. Ao ser unha publicación en liña, permite facer as buscas que nun texto impresio serían moi difíciles de levar a termo.
Bibliographic citation
Relation
Has part
Has version
Is based on
Is part of
Is referenced by
Is version of
Requires
Publisher version
https://doi.org/10.52740/argamed.19.01.00046Sponsors
Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades








