RT Book,_Whole T1 O Códice de Florencia das Cantigas de Santa María (B.R. 20). Transcrición paleográfica A1 Fidalgo Francisco, Elvira A1 Fernández Guiadanes, Antonio K1 Cantigas de Santa María K1 Paleografía K1 Códice de Florencia K1 Ortografía alfonsina AB Trátase da transcrición paleográfica conservadora do códice florentino das Cantigas de Santa María (B.R. 20), que reflicte os trazos da escritura gótica, coa súa alternancia de caracteres rectos e unciales segundo as Leis de Meyer e o rico xogo de abreviaturas que permitían aforrar o valioso espazo do manuscrito. Posto que este tipo de edicións tan conservadoras non adoitan ser as máis habituais dada a laboriosidade da súa confección, xa que se recolle tipografía nada común (letras unciales, maiúsculas ou expandidas; de uncial e de recta; erre redonda e erre de martelo, ese alta ou ese baixa, símbolos de abreviación planos, curvos, en zigzag ou outros etc.), e sinálanse os accidentes ocorridos tanto durante a copia (erros do copista, riscados, raspaduras) como posteriores (manchas de tinta, de humidade, perforacións) que non adoitan incluírse nas edicións paleográficas correntes. Como, debido a todas estas circunstancias, poida que para o ollo pouco afeito a estes estraños signos, a interpretación do texto resulte dificultosa, incorporouse ademais unha edición semipaleográfica da transcrición que facilita a lectura e as procuras no interior do texto. Todo iso está precedido dun estudo de carácter introdutorio ao códice menos coñecido e máis imperfecto das CSM, así como dunha minuciosa descrición dos criterios de edición seguidos. PB Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades YR 2019 FD 2019 LK https://hdl.handle.net/10347/38717 UL https://hdl.handle.net/10347/38717 LA glg NO Trátase dunha transcrición paleográfica conservadora que reflicte o texto tal como está no manuscrito, é dicir, que se amosan os caracteres que se usaron na súa copia sen conversión ás grafías actuais, o cal permite un estudo pormenorizado dos rasgos grafemáticos do texto. Ao ser unha publicación en liña, permite facer as buscas que nun texto impresio serían moi difíciles de levar a termo. NO Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades DS Minerva RD 29 abr 2026