“¿Pero na oralidade? ¡bueno, ho! ¡que el cuerpo varía!”. Ideoloxías lingüísticas e (des)estandarización en galego
Loading...
Identifiers
Publication date
Authors
Advisors
Editors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Geographic coverage
Abstract
A ideoloxía lingüística con máis forza nas actuais sociedades occidentais é a ideoloxía do estándar (Milroy & Milroy, 1991; Gal, 2006, 2018): a crenza de que hai unha única forma correcta de falar e de que unha sociedade para ser moderna necesita ter unha variedade estándar para o seu uso na vida pública. Con todo, nesta época de modernidade tardía, a cultura lingüística está mudando e, entre outros procesos, xorden tendencias á desestandarización en distintas linguas europeas (Coupland & Kristiansen, 2011; Kristiansen, 2021), é dicir, prodúcese un certo debilitamento desa idea de superioridade absoluta do estándar. Isto non ocasiona que a ideoloxía do estándar perda a súa lexitimidade, pero si volve máis complexa, multidimensional e mesmo contraditoria a relación entre o estándar e a variación. Neste sentido, o obxectivo deste traballo é estudar en que medida se pode estar dando un proceso de desestandarización tamén no galego. A investigación baséase nun corpus de grupos de discusión, formados por mozas e mozos universitarios, sobre temas metalingüísticos. O noso marco teórico é o que McLelland (2021) denomina "estandardoloxía da terceira vaga”, que se centra na dimensión ideolóxica da estandarización, especialmente en contextos multilingües. Desde a perspectiva da Análise Crítica do Discurso (Fairclough, 2013; Blommaert, 2005), trataremos de observar como se reproducen, negocian ou contestan as ideoloxías lingüísticas dominantes.
Description
Bibliographic citation
Relation
Has part
Has version
Is based on
Is part of
Is referenced by
Is version of
Requires
Sponsors
Rights
Attribution-NonCommercial-ShareAlike 4.0 International








