RT Generic T1 “¿Pero na oralidade? ¡bueno, ho! ¡que el cuerpo varía!”. Ideoloxías lingüísticas e (des)estandarización en galego T2 “¿Pero na oralidade? ¡bueno, ho! ¡que el cuerpo varía!”. Language ideologies and (de)standardisation in Galician T2 “¿Pero na oralidade? ¡bueno, ho! ¡que el cuerpo varía!”. Ideologías lingüísticas y (des)estandarización en gallego A1 López Besteiro, Alicia K1 Galego K1 Ideoloxía do estándar K1 Desestandarización K1 Ideoloxías lingüísticas K1 Análise Crítica do Discurso AB A ideoloxía lingüística con máis forza nas actuais sociedades occidentais é a ideoloxía do estándar (Milroy & Milroy, 1991; Gal, 2006, 2018): a crenza de que hai unha única forma correcta de falar e de que unha sociedade para ser moderna necesita ter unha variedade estándar para o seu uso na vida pública. Con todo, nesta época de modernidade tardía, a cultura lingüística está mudando e, entre outros procesos, xorden tendencias á desestandarización en distintas linguas europeas (Coupland & Kristiansen, 2011; Kristiansen, 2021), é dicir, prodúcese un certo debilitamento desa idea de superioridade absoluta do estándar. Isto non ocasiona que a ideoloxía do estándar perda a súa lexitimidade, pero si volve máis complexa, multidimensional e mesmo contraditoria a relación entre o estándar e a variación. Neste sentido, o obxectivo deste traballo é estudar en que medida se pode estar dando un proceso de desestandarización tamén no galego. A investigación baséase nun corpus de grupos de discusión, formados por mozas e mozos universitarios, sobre temas metalingüísticos. O noso marco teórico é o que McLelland (2021) denomina "estandardoloxía da terceira vaga”, que se centra na dimensión ideolóxica da estandarización, especialmente en contextos multilingües. Desde a perspectiva da Análise Crítica do Discurso (Fairclough, 2013; Blommaert, 2005), trataremos de observar como se reproducen, negocian ou contestan as ideoloxías lingüísticas dominantes. YR 2024 FD 2024-05-06 LK https://hdl.handle.net/10347/41357 UL https://hdl.handle.net/10347/41357 LA glg DS Minerva RD 22 abr 2026