As adaptacións na Educación Física

dc.contributor.affiliationUniversidade de Santiago de Compostela. Departamento de Didáctica da Expresión Musical, Plástica e Corporales_ES
dc.contributor.authorGarrido Filgueira, Uxía
dc.date.accessioned2024-05-31T07:32:19Z
dc.date.available2024-05-31T07:32:19Z
dc.date.issued2011
dc.description.abstractEsta unidade didáctica, denominada As Adaptacións na Educación Física forma parte da materia obrigatoria Educación Física Especial I que se imparte no 1º cuadrimestre do 3º curso na titulación de mestra ou mestre na especialidade de Educación Física. A materia ten unha carga lectiva de 6 créditos (4,5 teóricos e 1,5 prácticos) e ten como obxectivos que o alumnado tome conciencia das súas actitudes sobre as persoas con diversidade funcional. Outro obxectivo é adquirir coñecementos e ferramentas para elaborar e impartir sesións de educación física en Primaria dun xeito inclusivo, é dicir, dando resposta ás necesidades de aprendizaxe de todo o alumnado, incluíndo aquel que presente algunha discapacidade ou teña algunha enfermidade que afecte á súa resposta motriz e á súa participación nas clases de educación física escolar. Concretamente nesta unidade didáctica, que coincide co primeiro tema da materia, ofrécese unha presentación conceptual sobre as diferentes visións e características das adaptacións; primeiro dende unha perspectiva global, a continuación dende unha particular –orientada á área de Educación Física–, na que se ofrece ao alumnado un conxunto de criterios e estratexias pedagóxicas que lle vai permitir iniciarse no proceso de elaboración de adaptacións das sesións e unidades didácticas da área de Educación Física escolar. Á par, a través das sesións prácticas, vaise levar ao alumnado cara ao recoñecemento, á análise e, se fose o caso, á modificación das propias actitudes cara ás persoas con diversidade funcional, contribuíndo dese xeito ao autocoñecemento e o proceso de asunción de valores democráticos. É imprescindible aclarar que nesta materia nos vemos na obriga de presentar uns coñecementos xenéricos sobre as adaptacións curriculares antes de abordar estas estratexias docentes dun xeito específico para a Educación Física, debido a que a materia troncal que desenvolve aqueles contidos non é impartida ata o 2º cuadrimestre do 3º curso, é dicir, a posteriori da materia que nos compete.es_ES
dc.description.sponsorshipUniversidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüísticaes_ES
dc.identifier.isbn978-84-9887-730-4
dc.identifier.urihttp://hdl.handle.net/10347/34020
dc.language.isoglges_ES
dc.publisherUniversidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científicoes_ES
dc.relation.ispartofseriesUnidades Didácticas (Universidade de Santiago de Compostela). Educación Física Especial I;1
dc.rightsAtribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional
dc.rights.accessRightsopen accesses_ES
dc.rights.urihttp://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/4.0/
dc.titleAs adaptacións na Educación Físicaes_ES
dc.typebookes_ES
dspace.entity.typePublication
relation.isAuthorOfPublication326934ab-9d59-418d-8af9-d51a9d4d8bd0
relation.isAuthorOfPublication.latestForDiscovery326934ab-9d59-418d-8af9-d51a9d4d8bd0

Files

Original bundle

Now showing 1 - 1 of 1
Loading...
Thumbnail Image
Name:
Garrido Filgueira-adaptacions-educacion-fisica (2).pdf
Size:
525.07 KB
Format:
Adobe Portable Document Format
Description:
Garrido Filgueira-adaptacions-educacion-fisica.pdf