Algoritmos no combate de incendios forestais

Loading...
Thumbnail Image
Identifiers

Publication date

Advisors

Tutors

Editors

Journal Title

Journal ISSN

Volume Title

Publisher

SGAPEIO
Metrics
Google Scholar
lacobus
Export

Research Projects

Organizational Units

Journal Issue

Abstract

España é un dos países europeos con maior superficie forestal, pois conta cun total de 27,7 millóns de hectáreas de superficie forestal, o que equivale a máis da metade do seu territorio. Á súa vez, tamén é un dos países máis afectados por incendios forestais, aparecendo nos primeiros postos en número de incendios e superficie afectada. En concreto, o noroeste de España, e especialmente Galicia, é unha das zonas máis afectadas nos últimos anos. Debido a esta problemática nacional e global xorden varios proxectos de investigación e de transferencia. A nivel de transferencia, a través do Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial (CDTI) téñense subvencionado diferentes proxectos, moitos deles a modo de consorcio formado por empresas, organismos públicos de investigación (OPIs) e outras institucións, ao abeiro de diversos programas. Por exemplo, a nivel internacional, o proxecto ”Sistema intelixente para detectar incendios forestais e dirixir a extinción de incendios baseado en visión artificial, mapas 3D e tecnoloxía GIS“ (EFIRE) do programa Eurostars (período de execución 2011 a 2014). A nivel nacional, o proxecto ”Tecnoloxías para o combate integral contra incendios forestais e para a conservación dos nosos bosques“ (PROMETEO), que contou co maior financiamento concedido ata a data, do Programa CENIT (período de execución 2010 a 2014). No caso de Galicia o proxecto ”Tecnoloxías avanzadas para a extinción de grandes incendios forestais“ (LUMES), do programa INNTERCONECTA (período de execución 2013 a 2014), e o proxecto ”Misións críticas de emerxencias con medios aéreos tripulados e non tripulados en voo cooperativo“ (ENJAMBRE) do programa CIEN (período de execución 2014 a 2018). O equipo de investigación do que forman parte os autores deste traballo participou no consorcio dos dous últimos a través do Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial (ITMATI). A continuación preséntase con máis detalle a participación en ENJAMBRE e a concreción en dous dos algoritmos o ”Algoritmo de Rutas de Escape das Brigadas“ e o ”Algoritmo de Eficiencia nas Descargas de Auga“. O proxecto ENJAMBRE céntrase en tres prioridades da Estratexia de Seguridade Nacional: a ordenación de fluxos migratorios, a protección ante emerxencias e catástrofes e a seguridade marítima, fronte as cales se realizan operacións de observación e de intervención para manter a seguridade. Os incendios forestais englóbanse na prioridade de protección ante emerxencias e catástrofes, e o principal obxectivo neste contexto é o desenvolvemento de tecnoloxías, entre as que se atopa un servizo de misións críticas de emerxencias que permita a actuación, de forma cooperativa e segura, de aeronaves tripuladas e non tripuladas nun mesmo espazo aéreo, desempeñando estas últimas tarefas de observación ao servizo de aeronaves tripuladas de intervención, facilitando a toma de decisións durante as operacións e reducindo os custos das mesmas.

Description

Bibliographic citation

Buide Carballosa, A.; Novo Pérez, M.A. and Ginzo-Villamayor, M.J. (2019). "Algoritmos no combate de incendios forestais". Boletín de la SGAPEIO (Informest) 53, 2-4. SGAPEIO

Relation

Has part

Has version

Is based on

Is part of

Is referenced by

Is version of

Requires

Sponsors

Rights

© 2024 SGAPEIO