Algoritmos no combate de incendios forestais

dc.contributor.affiliationUniversidade de Santiago de Compostela. Departamento de Estatística, Análise Matemática e Optimizaciónes_ES
dc.contributor.authorBuide Carballosa, Ana Belén
dc.contributor.authorNovo Pérez, Manuel Antonio
dc.contributor.authorGinzo Villamayor, María José
dc.date.accessioned2024-02-09T12:46:50Z
dc.date.available2024-02-09T12:46:50Z
dc.date.issued2019
dc.description.abstractEspaña é un dos países europeos con maior superficie forestal, pois conta cun total de 27,7 millóns de hectáreas de superficie forestal, o que equivale a máis da metade do seu territorio. Á súa vez, tamén é un dos países máis afectados por incendios forestais, aparecendo nos primeiros postos en número de incendios e superficie afectada. En concreto, o noroeste de España, e especialmente Galicia, é unha das zonas máis afectadas nos últimos anos. Debido a esta problemática nacional e global xorden varios proxectos de investigación e de transferencia. A nivel de transferencia, a través do Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial (CDTI) téñense subvencionado diferentes proxectos, moitos deles a modo de consorcio formado por empresas, organismos públicos de investigación (OPIs) e outras institucións, ao abeiro de diversos programas. Por exemplo, a nivel internacional, o proxecto ”Sistema intelixente para detectar incendios forestais e dirixir a extinción de incendios baseado en visión artificial, mapas 3D e tecnoloxía GIS“ (EFIRE) do programa Eurostars (período de execución 2011 a 2014). A nivel nacional, o proxecto ”Tecnoloxías para o combate integral contra incendios forestais e para a conservación dos nosos bosques“ (PROMETEO), que contou co maior financiamento concedido ata a data, do Programa CENIT (período de execución 2010 a 2014). No caso de Galicia o proxecto ”Tecnoloxías avanzadas para a extinción de grandes incendios forestais“ (LUMES), do programa INNTERCONECTA (período de execución 2013 a 2014), e o proxecto ”Misións críticas de emerxencias con medios aéreos tripulados e non tripulados en voo cooperativo“ (ENJAMBRE) do programa CIEN (período de execución 2014 a 2018). O equipo de investigación do que forman parte os autores deste traballo participou no consorcio dos dous últimos a través do Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial (ITMATI). A continuación preséntase con máis detalle a participación en ENJAMBRE e a concreción en dous dos algoritmos o ”Algoritmo de Rutas de Escape das Brigadas“ e o ”Algoritmo de Eficiencia nas Descargas de Auga“. O proxecto ENJAMBRE céntrase en tres prioridades da Estratexia de Seguridade Nacional: a ordenación de fluxos migratorios, a protección ante emerxencias e catástrofes e a seguridade marítima, fronte as cales se realizan operacións de observación e de intervención para manter a seguridade. Os incendios forestais englóbanse na prioridade de protección ante emerxencias e catástrofes, e o principal obxectivo neste contexto é o desenvolvemento de tecnoloxías, entre as que se atopa un servizo de misións críticas de emerxencias que permita a actuación, de forma cooperativa e segura, de aeronaves tripuladas e non tripuladas nun mesmo espazo aéreo, desempeñando estas últimas tarefas de observación ao servizo de aeronaves tripuladas de intervención, facilitando a toma de decisións durante as operacións e reducindo os custos das mesmas.es_ES
dc.description.peerreviewedNONes_ES
dc.identifier.citationBuide Carballosa, A.; Novo Pérez, M.A. and Ginzo-Villamayor, M.J. (2019). "Algoritmos no combate de incendios forestais". Boletín de la SGAPEIO (Informest) 53, 2-4. SGAPEIOes_ES
dc.identifier.issn1695-7083
dc.identifier.urihttp://hdl.handle.net/10347/32677
dc.language.isoglges_ES
dc.publisherSGAPEIOes_ES
dc.relation.publisherversionhttps://sgapeio.es/INFORMEST/Informest53.pdfes_ES
dc.rights© 2024 SGAPEIOes_ES
dc.rights.accessRightsopen accesses_ES
dc.subjectProxecto ENJAMBREes_ES
dc.subjectIncendios forestaises_ES
dc.subjectAlgoritmos matemáticoses_ES
dc.subject.classification1209 Estadísticaes_ES
dc.titleAlgoritmos no combate de incendios forestaises_ES
dc.typejournal articlees_ES
dc.type.hasVersionVoRes_ES
dspace.entity.typePublication
relation.isAuthorOfPublication20184528-0902-4f0d-a2e8-f7c5c4f5fff1
relation.isAuthorOfPublication.latestForDiscovery20184528-0902-4f0d-a2e8-f7c5c4f5fff1

Files

Original bundle

Now showing 1 - 1 of 1
Loading...
Thumbnail Image
Name:
Informest53.pdf
Size:
7.12 MB
Format:
Adobe Portable Document Format
Description:
Artículo principal