RT Journal Article T1 Algoritmos no combate de incendios forestais A1 Buide Carballosa, Ana Belén A1 Novo Pérez, Manuel Antonio A1 Ginzo Villamayor, María José K1 Proxecto ENJAMBRE K1 Incendios forestais K1 Algoritmos matemáticos AB España é un dos países europeos con maior superficie forestal, pois conta cun total de 27,7 millóns de hectáreasde superficie forestal, o que equivale a máis da metadedo seu territorio. Á súa vez, tamén é un dos países máisafectados por incendios forestais, aparecendo nos primeiros postos en número de incendios e superficie afectada.En concreto, o noroeste de España, e especialmente Galicia, é unha das zonas máis afectadas nos últimos anos.Debido a esta problemática nacional e global xorden varios proxectos de investigación e de transferencia. A nivelde transferencia, a través do Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial (CDTI) téñense subvencionado diferentes proxectos, moitos deles a modo deconsorcio formado por empresas, organismos públicos deinvestigación (OPIs) e outras institucións, ao abeiro dediversos programas. Por exemplo, a nivel internacional,o proxecto ”Sistema intelixente para detectar incendiosforestais e dirixir a extinción de incendios baseado en visión artificial, mapas 3D e tecnoloxía GIS“ (EFIRE) doprograma Eurostars (período de execución 2011 a 2014).A nivel nacional, o proxecto ”Tecnoloxías para o combateintegral contra incendios forestais e para a conservacióndos nosos bosques“ (PROMETEO), que contou co maiorfinanciamento concedido ata a data, do Programa CENIT (período de execución 2010 a 2014). No caso de Galicia o proxecto ”Tecnoloxías avanzadas para a extinciónde grandes incendios forestais“ (LUMES), do programaINNTERCONECTA (período de execución 2013 a 2014),e o proxecto ”Misións críticas de emerxencias con mediosaéreos tripulados e non tripulados en voo cooperativo“(ENJAMBRE) do programa CIEN (período de execución2014 a 2018). O equipo de investigación do que formanparte os autores deste traballo participou no consorciodos dous últimos a través do Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial (ITMATI). A continuación preséntase con máis detalle a participación en ENJAMBREe a concreción en dous dos algoritmos o ”Algoritmo deRutas de Escape das Brigadas“ e o ”Algoritmo deEficiencia nas Descargas de Auga“.O proxecto ENJAMBRE céntrase en tres prioridades daEstratexia de Seguridade Nacional: a ordenación de fluxos migratorios, a protección ante emerxencias e catástrofes e a seguridade marítima, fronte as cales se realizanoperacións de observación e de intervención para mantera seguridade. Os incendios forestais englóbanse na prioridade de protección ante emerxencias e catástrofes, e oprincipal obxectivo neste contexto é o desenvolvementode tecnoloxías, entre as que se atopa un servizo de misións críticas de emerxencias que permita a actuación,de forma cooperativa e segura, de aeronaves tripuladase non tripuladas nun mesmo espazo aéreo, desempeñando estas últimas tarefas de observación ao servizo deaeronaves tripuladas de intervención, facilitando a tomade decisións durante as operacións e reducindo os custosdas mesmas. PB SGAPEIO SN 1695-7083 YR 2019 FD 2019 LK http://hdl.handle.net/10347/32677 UL http://hdl.handle.net/10347/32677 LA glg NO Buide Carballosa, A.; Novo Pérez, M.A. and Ginzo-Villamayor, M.J. (2019). "Algoritmos no combate de incendios forestais". Boletín de la SGAPEIO (Informest) 53, 2-4. SGAPEIO DS Minerva RD 1 may 2026