Dinámicas da cultura na Galiza, na actualidade: O caso da feira CULTURGAL e o campo editorial galego

dc.contributor.affiliationUniversidade de Santiago de Compostela. Facultade de Filoloxía
dc.contributor.authorSalgueiro Pérez, Sofía del Sol
dc.contributor.tutorVillarino Pardo, María del Carmen
dc.coverage.spatialeast=-8.1338558; north=42.5750554; name=Galicia
dc.date.accessioned2025-05-14T11:30:11Z
dc.date.available2025-05-14T11:30:11Z
dc.date.issued2024-07-05
dc.description.abstractNo actual século, é perceptível o peso que foron gañando os diferentes ámbitos das industrias creativas de modo que cada vez resulta máis frecuente, por exemplo, certos aspectos cuantitativos das mesmas. Vinculadas a estas novas dinámicas, xurdiron e renováronse eventos como festivais e feiras que colocan o foco neses diversos sectores; un fenómeno a que non é allea a Galiza. Así, e como exemplo, ademais de festivais literarios e das xa consolidadas feiras do libro en vilas e cidades galegas, foron xurdindo outros eventos como os -cada vez con maior repercusión- festivais de música. Nesa liña mais nunha fórmula máis ambiciosa, encóntrase a feira Culturgal, cuxa primeira edición tivo lugar en Pontevedra en 2007 co nome de “Cultur.gal”/“Cultur-gal” promovida pola Asociación de Editores Galegos (AGE) e que sentou as bases do que, 15 anos despois, continúa sendo: “unha feira para empresas, profesionais e institucións. [...]. Un espazo para poñer en contacto a artistas, creadores e compañías con profesionais da xestión cultural, programadores, empresas e institucións” (Culturgal, https://www.culturgal.com/culturgal/que-e-culturgal) O principal obxectivo deste traballo é, tendo en conta a diversidade de eventos culturais no territorio galego na actualidade, centrarse na feira Culturgal como un estudo de caso das dinámicas culturais na Galiza e, de modo específico, a análise da (re)presentación sector editorial neste evento e no campo cultural galego durante o período delimitado pola celebración da feira até a actualidade. Convén ter presente que, na altura en que naceu o Culturgal, acababa de aprobarse a Ley 17/2006, de 27 de diciembre, del libro y de la lectura de Galicia (https://www.boe.es/buscar/pdf/2007/BOE-A-2007-3036-consolidado.pdf) e que, de entre os diferentes sectores culturais que alberga este evento, o editorial ten un peso destacado. A perspectiva teórico-metodolóxica para a súa abordaxe é, fundamentalmente, da socioloxía da literatura e da cultura con base nas propostas de Pierre Bourdieu (1993) e de Gisèle Sapiro (2016), asi como das análises recentes sobre festivais e feiras internanacionais vinculadas ás industrias creativas. Bibliografía: Bourdieu, Pierre (1993) The Field of Cultural Production, Columbia University Press. Sapiro, Gisèle (2016) “The metamorphosis of modes of consecration in the literary field: Academies, literary prizes, festivals” , Poetics, v. 5, 5-19.
dc.identifier.urihttps://hdl.handle.net/10347/41515
dc.language.isoglg
dc.rightsAttribution-NonCommercial-ShareAlike 4.0 Internationalen
dc.rights.accessRightsopen access
dc.rights.urihttp://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/4.0/
dc.subject.classification6301 Sociología cultural
dc.subject.classification630109 Sociología de la literatura
dc.titleDinámicas da cultura na Galiza, na actualidade: O caso da feira CULTURGAL e o campo editorial galego
dc.title.alternativeDinámicas de la cultura en Galicia, en la actualidad: EL caso de la feria CULTURGAL y el campo editorial gallego
dc.title.alternativeCulture dynamics in Galicia, nowadays: the case of the CULTURGAL fair and the Galician publishing field
dc.typemaster thesis
dspace.entity.typePublication
relation.isTutorOfPublication562751dc-6c90-47e9-80e8-87251d072c1e
relation.isTutorOfPublication.latestForDiscovery562751dc-6c90-47e9-80e8-87251d072c1e

Files

Original bundle

Now showing 1 - 1 of 1
Loading...
Thumbnail Image
Name:
TFM- E.L.C.Salgueiro Pérez, Sofía del Sol.pdf
Size:
4.43 MB
Format:
Adobe Portable Document Format