Dinámicas da cultura na Galiza, na actualidade: O caso da feira CULTURGAL e o campo editorial galego
Loading...
Identifiers
Publication date
Authors
Advisors
Editors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Geographic coverage
Abstract
No actual século, é perceptível o peso que foron gañando os diferentes ámbitos das industrias creativas de modo que cada vez resulta máis frecuente, por exemplo, certos aspectos cuantitativos das mesmas. Vinculadas a estas novas dinámicas, xurdiron e renováronse eventos como festivais e feiras que colocan o foco neses diversos sectores; un fenómeno a que non é allea a Galiza.
Así, e como exemplo, ademais de festivais literarios e das xa consolidadas feiras do libro en vilas e cidades galegas, foron xurdindo outros eventos como os -cada vez con maior repercusión- festivais de música.
Nesa liña mais nunha fórmula máis ambiciosa, encóntrase a feira Culturgal, cuxa primeira edición tivo lugar en Pontevedra en 2007 co nome de “Cultur.gal”/“Cultur-gal” promovida pola Asociación de Editores Galegos (AGE) e que sentou as bases do que, 15 anos despois, continúa sendo: “unha feira para empresas, profesionais e institucións. [...]. Un espazo para poñer en contacto a artistas, creadores e compañías con profesionais da xestión cultural, programadores, empresas e institucións” (Culturgal, https://www.culturgal.com/culturgal/que-e-culturgal)
O principal obxectivo deste traballo é, tendo en conta a diversidade de eventos culturais no territorio galego na actualidade, centrarse na feira Culturgal como un estudo de caso das dinámicas culturais na Galiza e, de modo específico, a análise da (re)presentación sector editorial neste evento e no campo cultural galego durante o período delimitado pola celebración da feira até a actualidade.
Convén ter presente que, na altura en que naceu o Culturgal, acababa de aprobarse a Ley 17/2006, de 27 de diciembre, del libro y de la lectura de Galicia (https://www.boe.es/buscar/pdf/2007/BOE-A-2007-3036-consolidado.pdf) e que, de entre os diferentes sectores culturais que alberga este evento, o editorial ten un peso destacado.
A perspectiva teórico-metodolóxica para a súa abordaxe é, fundamentalmente, da socioloxía da literatura e da cultura con base nas propostas de Pierre Bourdieu (1993) e de Gisèle Sapiro (2016), asi como das análises recentes sobre festivais e feiras internanacionais vinculadas ás industrias creativas.
Bibliografía:
Bourdieu, Pierre (1993) The Field of Cultural Production, Columbia University Press.
Sapiro, Gisèle (2016) “The metamorphosis of modes of consecration in the literary field: Academies, literary prizes, festivals” , Poetics, v. 5, 5-19.
Description
Keywords
Bibliographic citation
Relation
Has part
Has version
Is based on
Is part of
Is referenced by
Is version of
Requires
Sponsors
Rights
Attribution-NonCommercial-ShareAlike 4.0 International







