As promocións nos principais xornais galegos e españois (1990-2010): Catalogación, tipoloxía e análise

dc.contributor.advisorTúñez López, José Miguel
dc.contributor.authorJuiz Fernández, Cristina
dc.coverage.spatialeast=-8.536814366653518; north=42.871259472679; name=Galicia
dc.coverage.spatialeast=-3.685092881622054; north=40.39459209541496; name=España
dc.date.accessioned2013-10-23T07:30:15Z
dc.date.available2013-10-23T07:30:15Z
dc.date.issued2013-10-23
dc.description.abstractA tese doutoral que leva por título As promocións na prensa galega e española (1990-2010): Catalogación, tipoloxía e análise pretende facer un estudo de todas as iniciativas promocionais que desenvolveron os principais xornais galegos e do estado español dentro dunha estrutura ríxida enmarcada en tres bloques de traballo.  O primeiro bloque da investigación é eminentemente teórico. Nel vanse conxugar as achegas teóricas que duns e doutros autores se poidan corresponder co tema a tratar e que permitan tecer unha base de coñecemento sobre o que poñer as aportacións propias derivadas, por unha banda, da lectura e da investigación teórica, e por outra banda, e o que resulta quizais máis importante, derivadas da investigación práctica e da propia experiencia de hemeroteca. Partindo das orixes do marketing e encamiñando o estudo cara o marketing de xornais e revistas elabórase unha propia tipoloxía de promocións que permita encadrar o bruto de iniciativas promocionais obxecto da análise.  O segundo bloque da investigación achega a experiencia práctica propiamente dita e as reflexións ás que se chegou a partir desta. Este bloque contén unha parte de descrición dos datos, unha relación fiel do que se viu unha vez analizados os xornais, e unha parte na que se fai unha interpretación dos datos derivada, por unha banda, da experiencia práctica, e por outra, do coñecemento teórico. Conxugando estes dous elementos, e cun afán de ser o máis claros posible, este bloque contén grande cantidade de gráficos e cadros que permiten comprender mellor, e máis facilmente a multitude de cifras que se manexan. É aquí onde se procede a catalogar e a analizar todas as iniciativas promocionais dos trece xornais estudados tanto galegos como españois e a expor os resultados de forma gráfica.  O terceiro bloque contén as conclusións xerais do traballo e as liñas de investigación futuras. É neste bloque onde se fala de cal é o día máis escollido para desenvolver unha iniciativa promocional, que xornal foi o que fixo máis promocións ou cal é a tendencia en función do ano de estudo.gl
dc.identifier.urihttp://hdl.handle.net/10347/9253
dc.language.isoglggl
dc.rightsEsta obra atópase baixo unha licenza internacional Creative Commons BY-NC-ND 4.0. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra non incluída na licenza Creative Commons BY-NC-ND 4.0 só pode ser realizada coa autorización expresa dos titulares, salvo excepción prevista pola lei. Pode acceder Vde. ao texto completo da licenza nesta ligazón: https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.gl
dc.rights.accessRightsopen accessgl
dc.rights.urihttps://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.gl
dc.subjectPromociónsgl
dc.subjectMarketinggl
dc.subjectPrensagl
dc.subjectGaliciagl
dc.subjectEspañagl
dc.titleAs promocións nos principais xornais galegos e españois (1990-2010): Catalogación, tipoloxía e análisegl
dc.typedoctoral thesisgl
dspace.entity.typePublication

Files

Original bundle

Now showing 1 - 1 of 1
Loading...
Thumbnail Image
Name:
rep_491.pdf
Size:
81.98 MB
Format:
Adobe Portable Document Format