As promocións nos principais xornais galegos e españois (1990-2010): Catalogación, tipoloxía e análise

Loading...
Thumbnail Image
Identifiers

Publication date

Tutors

Editors

Journal Title

Journal ISSN

Volume Title

Publisher

Metrics
Google Scholar
lacobus
Export

Geographic coverage

Research Projects

Organizational Units

Journal Issue

Abstract

A tese doutoral que leva por título As promocións na prensa galega e española (1990-2010): Catalogación, tipoloxía e análise pretende facer un estudo de todas as iniciativas promocionais que desenvolveron os principais xornais galegos e do estado español dentro dunha estrutura ríxida enmarcada en tres bloques de traballo.  O primeiro bloque da investigación é eminentemente teórico. Nel vanse conxugar as achegas teóricas que duns e doutros autores se poidan corresponder co tema a tratar e que permitan tecer unha base de coñecemento sobre o que poñer as aportacións propias derivadas, por unha banda, da lectura e da investigación teórica, e por outra banda, e o que resulta quizais máis importante, derivadas da investigación práctica e da propia experiencia de hemeroteca. Partindo das orixes do marketing e encamiñando o estudo cara o marketing de xornais e revistas elabórase unha propia tipoloxía de promocións que permita encadrar o bruto de iniciativas promocionais obxecto da análise.  O segundo bloque da investigación achega a experiencia práctica propiamente dita e as reflexións ás que se chegou a partir desta. Este bloque contén unha parte de descrición dos datos, unha relación fiel do que se viu unha vez analizados os xornais, e unha parte na que se fai unha interpretación dos datos derivada, por unha banda, da experiencia práctica, e por outra, do coñecemento teórico. Conxugando estes dous elementos, e cun afán de ser o máis claros posible, este bloque contén grande cantidade de gráficos e cadros que permiten comprender mellor, e máis facilmente a multitude de cifras que se manexan. É aquí onde se procede a catalogar e a analizar todas as iniciativas promocionais dos trece xornais estudados tanto galegos como españois e a expor os resultados de forma gráfica.  O terceiro bloque contén as conclusións xerais do traballo e as liñas de investigación futuras. É neste bloque onde se fala de cal é o día máis escollido para desenvolver unha iniciativa promocional, que xornal foi o que fixo máis promocións ou cal é a tendencia en función do ano de estudo.

Description

Bibliographic citation

Relation

Has part

Has version

Is based on

Is part of

Is referenced by

Is version of

Requires

Sponsors

Rights

Esta obra atópase baixo unha licenza internacional Creative Commons BY-NC-ND 4.0. Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra non incluída na licenza Creative Commons BY-NC-ND 4.0 só pode ser realizada coa autorización expresa dos titulares, salvo excepción prevista pola lei. Pode acceder Vde. ao texto completo da licenza nesta ligazón: https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/deed.gl