A performatividade como estratexia de resistencia en catro poetas galegas contemporáneas: Xiana Arias, Paula Carballeira, Andrea Nunes e María Rosendo
Loading...
Identifiers
Publication date
Authors
Advisors
Tutors
Editors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Geographic coverage
Abstract
Comezando o século XXI xurdiron novas voces poéticas no contexto galego representativas da emerxencia de novas linguaxes e práctica de resistencia fronte aos discursos hexemónicos, ao subverteren cuestións relacionadas coa idea dunha identidade unívoca, pechada, non mutable; cunha idea de autoría baseada nun principio de autoridade, cunha figura individual caracterizada polos presupostos do “xenio” autoral; e co canon patriarcal. Afondamos na obra de Xiana Arias, Paula Carballeira, Andrea Nunes e María Rosendo. Estas autoras van da “creadora” individual á actividade compartida, e asumen posturas activistas de funcionamento en rede. Empregan o anonimato, heterónimos, traballan colectivamente ou buscan novas formas de edición que apostan por fórmulas abertas de “dereitos de autor”. Esta nova percepción carrexa tamén unha liberación con respecto á opresión do sistema patriarcal. Aquilo que ten que ver co corpo e coa autorrepresentación é estratéxico para darlles a volta aos estereotipos de xénero.
Description
Keywords
Bibliographic citation
Relation
Has part
Has version
Is based on
Is part of
Is referenced by
Is version of
Requires
Sponsors
Rights
Attribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 Internacional








