Análise descritiva e interpretativa do deseño e contido dos videoxogos elaborados en Galicia
Loading...
Identifiers
Publication date
Authors
Advisors
Tutors
Editors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Geographic coverage
Abstract
O presente estudo ten como propósito fundamental, contribuír á compilación e análise dos videoxogos desenvolvidos en Galicia, centrándose principalmente nos dirixidos á educación. Con este fin, deséñase, valídase e aplícase unha guía de avaliación de videoxogos dirixida a describir e interpretar as características técnicas, pedagóxicas, lúdicas e funcionais dos videoxogos galegos elaborados con intencionalidade educativa que ademais poida ser reutilizada de xeito independente e aplicada a outros contextos. A tal fin, a investigación estrutúrase en dúas partes estreitamente vinculadas:
- O marco teórico, no que se trata de fundamentar a investigación dende a perspectiva dos estudos sobre os videoxogos na educación, sentando así as bases sobre as que sustentar a seguinte parte da indagación.
- O estudo empírico, que consta de catro partes ben diferenciadas, coa pretensión de que cada unha delas supoña unha contribución en si mesma: compilación e selección de videoxogos, elaboración da guía de avaliación, aplicación da guía a unha mostra representativa, análise e discusión dos resultados obtidos.
Description
Keywords
Bibliographic citation
Relation
Has part
Has version
Is based on
Is part of
Is referenced by
Is version of
Requires
Sponsors
Rights
Attribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 Internacional








