RT Dissertation/Thesis T1 Análise descritiva e interpretativa do deseño e contido dos videoxogos elaborados en Galicia A1 López Gómez, Silvia K1 videoxogos K1 educación K1 Galicia K1 análise de videoxogos AB O presente estudo ten como propósito fundamental, contribuír á compilación e análise dos videoxogos desenvolvidos en Galicia, centrándose principalmente nos dirixidos á educación. Con este fin, deséñase, valídase e aplícase unha guía de avaliación de videoxogos dirixida a describir e interpretar as características técnicas, pedagóxicas, lúdicas e funcionais dos videoxogos galegos elaborados con intencionalidade educativa que ademais poida ser reutilizada de xeito independente e aplicada a outros contextos. A tal fin, a investigación estrutúrase en dúas partes estreitamente vinculadas: - O marco teórico, no que se trata de fundamentar a investigación dende a perspectiva dos estudos sobre os videoxogos na educación, sentando así as bases sobre as que sustentar a seguinte parte da indagación. - O estudo empírico, que consta de catro partes ben diferenciadas, coa pretensión de que cada unha delas supoña unha contribución en si mesma: compilación e selección de videoxogos, elaboración da guía de avaliación, aplicación da guía a unha mostra representativa, análise e discusión dos resultados obtidos. YR 2018 FD 2018 LK http://hdl.handle.net/10347/16695 UL http://hdl.handle.net/10347/16695 LA glg DS Minerva RD 27 abr 2026