Revisión e actualización da fisiopatoloxía da enurese nocturna

Loading...
Thumbnail Image
Identifiers

Publication date

Advisors

Editors

Journal Title

Journal ISSN

Volume Title

Publisher

Metrics
Google Scholar
lacobus
Export

Research Projects

Organizational Units

Journal Issue

Abstract

1.1. Introdución. A enurese nocturna infantil, de aquí en adiante (EN) é unha alteración que afecta a un número elevado de nenos e que hasta o momento pese a existir múltiples teorías plausibles, a súa fisiopatoloxía non foi esclarecida. Esta revisión está centrada especialmente na enurese de tipo primario e monosintomática. 1.2. Obxectivo. A presente revisión ten como obxectivo mostrar a información máis actualizada en relación as principais teorías dos factores que neste momento se consideran os causantes da EN; destacando a heteroxeneidade e a complexidade da mesma, así mesmo , tratarase de mostrar algunhas formas nas que a investigación podería avanzar. Esta revisión ten como obxectivo xeral a actuación da información acerca das principais teorías da fisiopatoloxía da enurese nocturna, centrándose especialmente na monosintomática e primaria seleccionando artigos comparativos publicados dende 2010 a 2020. Non se inclúe información sobre a diagnose ou o tratamento da enfermidade. O autor aclara que este traballo non é unha metaanálise. 1.3. Material e métodos. Revisión sistemática exhaustiva das principais bases de datos científicas de artigos publicados nos últimos dez anos que cumpran os criterios de inclusión. 1.4. Resultados. As múltiples teorías estudadas polos investigadores nos últimos tempos como causa da enurese van dende a patoloxía psiquiátrica, hipótese que aparece dende os inicios da enfermidade, ate teorías máis recentes como que a enurese sexa consecuencia dunha obstrución ao fluxo aéreo durante o sono do neno, pasando por outras como alteración a nivel do sistema nervioso central, non podendo agrupar ningunha delas por completo a todos os nenos con enurese, o que leva a pensar que posiblemente existan múltiples fenotipos dentro da mesma enfermidade. 1.5. Discusión. Ata o momento ningunha das hipóteses consegue resolver o enigma da fisiopatoloxía da enurese. Mais, tralo análise dos artigos consultados, o máis probable parece ser unha combinación de varias das principais teorías

Description

Traballo Fin de Grao en Medicina. Curso 2020-2021

Bibliographic citation

Relation

Has part

Has version

Is based on

Is part of

Is referenced by

Is version of

Requires

Sponsors

Rights

Atribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional

Collections