RT Generic T1 Revisión e actualización da fisiopatoloxía da enurese nocturna A1 Aboy Campos, Paula Belén K1 Nocturnal enurese K1 Enurese nocturna K1 Pathophysiology K1 Fisiopatología K1 Children K1 Urinary incontinence K1 Causes K1 Síndrome de apneas-hipoapneas del sueño K1 Niños K1 Patogenia K1 Prevalencia K1 Adenotonsillectomy K1 Sleep-disorder breathing K1 Sleep apnea K1 Spina Bifida Occulta AB 1.1. Introdución.A enurese nocturna infantil, de aquí en adiante (EN) é unha alteración que afecta a un número elevado de nenos e que hasta o momento pese a existir múltiples teorías plausibles, a súa fisiopatoloxía non foi esclarecida. Esta revisión está centrada especialmente na enurese de tipo primario e monosintomática.1.2. Obxectivo.A presente revisión ten como obxectivo mostrar a información máis actualizada en relación as principais teorías dos factores que neste momento se consideran os causantes da EN; destacando a heteroxeneidade e a complexidade da mesma, así mesmo , tratarase de mostrar algunhas formas nas que a investigación podería avanzar.Esta revisión ten como obxectivo xeral a actuación da información acerca das principais teorías da fisiopatoloxía da enurese nocturna, centrándose especialmente na monosintomática e primaria seleccionando artigos comparativos publicados dende 2010 a 2020. Non se inclúe información sobre a diagnose ou o tratamento da enfermidade. O autor aclara que este traballo non é unha metaanálise.1.3. Material e métodos.Revisión sistemática exhaustiva das principais bases de datos científicas de artigos publicados nos últimos dez anos que cumpran os criterios de inclusión.1.4. Resultados.As múltiples teorías estudadas polos investigadores nos últimos tempos como causa da enurese van dende a patoloxía psiquiátrica, hipótese que aparece dende os inicios da enfermidade, ate teorías máis recentes como que a enurese sexa consecuencia dunha obstrución ao fluxo aéreo durante o sono do neno, pasando por outras como alteración a nivel do sistema nervioso central, non podendo agrupar ningunha delas por completo a todos os nenos con enurese, o que leva a pensar que posiblemente existan múltiples fenotipos dentro da mesma enfermidade.1.5. Discusión.Ata o momento ningunha das hipóteses consegue resolver o enigma da fisiopatoloxía da enurese. Mais, tralo análise dos artigos consultados, o máis probable parece ser unha combinación de varias das principais teorías YR 2021 FD 2021 LK http://hdl.handle.net/10347/27726 UL http://hdl.handle.net/10347/27726 LA glg NO Traballo Fin de Grao en Medicina. Curso 2020-2021 DS Minerva RD 28 abr 2026