O ingreso público
Loading...
Identifiers
Authors
Advisors
Tutors
Editors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico
Abstract
A materia Facenda Pública: Ingresos e Gastos se enmarca no bloque formativo relativo ao estudo do sector público, no Grao de Economía. A materia está destinada aos alumnos do Grao en Economía da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais.
A programación docente está dividida en cinco unidades didácticas, nas que se abordan os aspectos máis relevantes para coñecer a Economía do Sector Público. A primeira parte, está destinada á contextualización da economía pública, á definición dos seus axentes e aos instrumentos de intervención cos que conta o sector público.
A segunda centrase no estudo concreto dos gastos públicos e os orzamentos das administracións públicas. Na terceira, estúdase o financiamento do sector publico e os seus efectos no comportamento dos cidadáns na economía de mercado. O cuarto céntrase no estudo dos distintos impostos que forman o sistema fiscal, que proporciona a maioría dos ingresos. Déixase para o final o tema do federalismo fiscal, a súa xustificación económica, os aspectos teóricos e prácticos da descentralización e as competencias de ingresos e gastos correspondentes a cada nivel de goberno.
Na unidade didáctica que nos ocupa, a nosa atención céntrase no apartado dos ingresos públicos, é dicir, como se financia o sector publico, cales son os seus ingresos e que efectos produce ese financiamento na economía e mercado. Analízanse os distintos ingresos a través e buscando, o mesmo tempo, a eficiencia e a equidade dos ingresos públicos. Estúdase sobre quen recaen os tributos, determinando os efectos destes na economía e no comportamento dos cidadáns. Analízanse os principios da imposición como regras que serven para xulgar e reformar os distinto ingresos.
Esta unidade está estreitamente relacionada coa seguinte, O Sistema Fiscal.
Entre as dúas unidades, o alumno pode facerse unha idea da importancia no só dos ingresos públicos senón tamén dos efectos que estes teñen na economía.
Description
Grao en economía
Bibliographic citation
Relation
Has part
Has version
Is based on
Is part of
Is referenced by
Is version of
Requires
Sponsors
Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüística
Rights
© Universidade de Santiago de Compostela, 2013. Esta obra atópase baixo unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional (CC BY-NC-SA 4.0)






