«Da ren que mays amey / daquela me segudades» (Osoyro Anes, B 40)
Loading...
Identifiers
Publication date
Authors
Advisors
Tutors
Editors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico
Abstract
Des que en 2008 tiven ocasión de achegarme á figura histórica do trobador Osoyro Anes, chamoume a atención a lectura que os distintos editores que editaron a súa obra ofrecen do vocábulo final do verso 9 da súa cantiga v(B 40), pois parecíame que non pechaba a estrofa cun sentido satisfactorio. Esta lectura vénse repetindo desde a edición das cantigas de amor do noso autor ofrecida por Carolina Michäelis de Vasconcellos ata a máis recente de J. Carlos Miranda. Cando tiven noticia da edición monográfica do corpus poético de Osoyro Anes que preparara Simone Marcenaro, pensei que fi nalmente este erro ía ser corrixido. Pero non foi así. Por iso me animo a publicar esta nótula, coa esperanza de dar cabo a unha tradición crítica errónea que se vén reiterando de xeito rutineiro, talvez confiada en exceso das leccións dos grandes mestres, algo desatenta á letra dos manuscritos e, sobre todo, non dabondo consciente da necesidade de considerar coidadosamente os aspectos lingüísticos dos textos
Description
Bibliographic citation
Monteagudo Romero, Henrique (2015). «Da ren que mays amey / daquela me segudades» (Osoyro Anes, B 40). En: "En memoria de tanto miragre. Estudos dedicados ó profesor David Mackenzie" (pp. 103-111). Santiago de Compostela: Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela








