As circunstancias atenuantes da responsabilidade criminal
Loading...
Identifiers
Publication date
Advisors
Tutors
Editors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da Universidade de Santiago de Compostela
Abstract
A unidade didáctica que aquí se presenta ten carácter básico, pois
incide nun dos aspectos esenciais dese sistema de determinación da pena:
as circunstancias atenuantes xenéricas do artigo 21 do Código penal.
Trátase de instrumentos legais de medición da pena, é dicir, son causas de
modificación da pena. Esta é a súa finalidade e sentido no noso modelo
legal. O seu fundamento vincúlaas directamente co principio constitucional
de proporcionalidade. En función delas o xuíz sinalará a concreción ou
extensión da pena (determinación legal concreta da pena), unha vez
establecido o marco penal (límite máximo e mínimo).
Así, ofreceráselle ao estudantado unha panorámica do catálogo de
circunstancias de atenuación contido no artigo 21 do Código penal,
destacando os seus aspectos fundamentais (elementos obxectivos e
subxectivos e réximes de comunicabilidade e compatibilidade).
A correcta asimilación dos contidos desta unidade didáctica fai
posible a comprensión doutros aspectos máis específicos do programa da
materia, especialmente os relativos ao sistema de consecuencias xurídicas
que o Dereito penal español establece para as infraccións penais.
Description
MATERIA: Dereito Penal I (Parte Xeral)
Keywords
Bibliographic citation
Relation
Has part
Has version
Is based on
Is part of
Is referenced by
Is version of
Requires
Sponsors
Rights
Attribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 Internacional








