A evolución das disparidades rexionais en España no actual período de crise
Loading...
Identifiers
Publication date
Authors
Advisors
Tutors
Editors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Abstract
Na segunda metade do século XX España experimentou en conxunto un claro proceso de converxencia rexional no PIB por habitante, pero este cesou case por completo a partir da década de 1980. Desde entón fóronse sucedendo etapas de diverxencia e converxencia, nun contexto xeral de estabilidade aproximada das disparidades rexionais. Dentro desas oscilacións, a última fase de expansión económica (1995-2007) caracterizouse por unha tendencia á converxencia, apoiada nun achegamento das taxas de ocupación polo maior crecemento do emprego nas rexións menos desenvolvidas, debido principalmente ao sector da construción. O inicio da crise económica actual en 2007 vai orixinar unha ruptura desa tendencia, de modo que nos anos transcorridos da crise asistimos a unha notable ampliación das disparidades rexionais no PIBpc. A análise dos factores determinantes deste indicador pon de manifesto que a orixe desa evolución está na crecente diverxencia das taxas de ocupación por Comunidades Autónomas, mentres que na produtividade por traballador as diferenzas son menos marcadas.
Description
Traballo Fin de Grao en Economía. Curso 2014-2015
Keywords
Bibliographic citation
Relation
Has part
Has version
Is based on
Is part of
Is referenced by
Is version of
Requires
Sponsors
Rights
Atribución-NoComercial-CompartirIgual 3.0 España








