RT Generic T1 A evolución das disparidades rexionais en España no actual período de crise A1 Rivanera López, Andrea Lorena K1 Disparidades rexionais K1 Crise económica AB Na segunda metade do século XX España experimentou en conxunto un claro proceso de converxencia rexional no PIB por habitante, pero este cesou case por completo a partir da década de 1980. Desde entón fóronse sucedendo etapas de diverxencia e converxencia, nun contexto xeral de estabilidade aproximada das disparidades rexionais. Dentro desas oscilacións, a última fase de expansión económica (1995-2007) caracterizouse por unha tendencia á converxencia, apoiada nun achegamento das taxas de ocupación polo maior crecemento do emprego nas rexións menos desenvolvidas, debido principalmente ao sector da construción. O inicio da crise económica actual en 2007 vai orixinar unha ruptura desa tendencia, de modo que nos anos transcorridos da crise asistimos a unha notable ampliación das disparidades rexionais no PIBpc. A análise dos factores determinantes deste indicador pon de manifesto que a orixe desa evolución está na crecente diverxencia das taxas de ocupación por Comunidades Autónomas, mentres que na produtividade por traballador as diferenzas son menos marcadas. YR 2015 FD 2015-12-03 LK http://hdl.handle.net/10347/13749 UL http://hdl.handle.net/10347/13749 LA glg NO Traballo Fin de Grao en Economía. Curso 2014-2015 DS Minerva RD 28 abr 2026