O personaxe da "moura" na mitoloxía galega: Análise desde unha perspectiva de xénero
Loading...
Identifiers
Publication date
Authors
Advisors
Editors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Abstract
A tradición oral é un vasto fenómeno de grande complexidade referido ao conxunto de manifestacións culturais que se transmite de xeneración en xeneración e que ten como papel esencial preservar os saberes, experiencias, prácticas, etc. considerados ancestrais, legandóos ás novas xeracións para a súa sobrevivencia futura. Con relación á literatura de tradición oral e popular, chama a atención a aparición de estudos feitos desde unha perspectiva de xénero, fundamentalmente como consecuencia do xurdimento do movemento feminista nos anos 50 e 60 do século XX nos USA.
A perspectiva de xénero trátase dunha metodoloxía analítica que xorde co fin de explicar as desigualdades entre homes e mulleres, situando o foco de atención na multiplicidade de identidades. Nas últimas décadas produciuse un grande avance nas ciencias sociais motivado pola inclusión dos estudos da muller como novo paradigma que debe ser estudado. Atendendo a estes avances, interésanos a contribución que o enfoque de xénero ten na análise dos roles de xénero a partir dos contos infantís. Tomando como modelo estes traballos, na nosa investigación queremos achegar o noso gran de area na valoración da tradición oral, ofrecendo vías de investigación relativas á análise crítica, desde unha perspectiva de xénero, da figura feminina na mitoloxía galega de tradición oral, escollendo, para este fin, a personaxe da "moura". Desa maneira queremos investigar os diversos roles, imaxes, modos de representación, etc. desta figura lendaria, partindo, como fonte primaria de información, do estudo dunha escolma de lendas galegas eleborada para tal finalidade. Para iso, aproveitaranse diversas fontes secundarias, como por exemplo o "Dicionario de seres míticos galegos" de Antonio Reigosa, a "Guía da Galiza máxica, mítica e lendaria" de Vítor Vaqueiro, o "Diccionario del simbolismo animal" de Xosé Ramón Mariño, "Imágenes de la mujer y del hombre: símbolos de sexo, seducción, matrimonio y género" do mesmo autor, ou doutros moitos manuais
Description
Traballo Fin de Grao en Lingua e Literatura Galegas. Curso 2018-2019








