Contrato de viaxe combinada

Loading...
Thumbnail Image
Identifiers
ISBN: 978-84-9887-545-4

Publication date

Advisors

Tutors

Editors

Journal Title

Journal ISSN

Volume Title

Publisher

Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico
Metrics
Google Scholar
lacobus
Export

Research Projects

Organizational Units

Journal Issue

Abstract

O turismo desempeña un papel cada vez máis importante na economía e, singularmente, as viaxes combinadas constitúen unha parte fundamental da actividade turística. Non cabe dúbida de que o sector dos servizos combinados se vería estimulado para alcanzar maior crecemento e produtividade adoptándose un mínimo de normas que supoñan unha serie de garantías efectivas para os consumidores e usuarios de viaxes combinadas. Dito doutro xeito, se o turismo pode ser o alicerce do progreso social e económico de calquera país, cómpre coñecer e familiarizarse con toda a normativa, a doutrina e as decisións xurisprudenciais que garanten unha axeitada protección dos consumidores e usuarios das viaxes, vacacións, circuítos combinados e do transporte aéreo. Por outra parte, coa chegada das vacacións proliferan nos medios de comunicación noticias sobre atrasos aéreos, con perdas de enlaces e de días de vacacións; extravío de equipaxes; denegacións de embarque; cancelación de voos… coas conseguintes escenas nos aeroportos dos lugares máis dispares. En efecto, os tipos de incidencia que poden ocorrer con ocasión dunha viaxe en avión son moitas e de diversa índole. Isto supuxo que, tanto no ámbito internacional, como no comunitario e interno, se adoptasen medidas tendentes a regular, por un lado, os dereitos dos pasaxeiros e, por outro, a responsabilidade dos transportistas aéreos. Partindo desas premisas, a unidade didáctica que se presenta ao alumnado como instrumento académico de traballo, ten a pretensión de afrontar as devanditas cuestións dende unha perspectiva estritamente xurídica.

Description

Keywords

Bibliographic citation

Relation

Has part

Has version

Is based on

Is part of

Is referenced by

Is version of

Requires

Sponsors

Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüística

Rights

Atribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional