O Convenio Europeo da Paisaxe como marco para a ordenación da paisaxe
| dc.contributor.affiliation | Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Xeografía | |
| dc.contributor.affiliation | Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Xeografía e Historia | |
| dc.contributor.author | Paül Carril, Valerià | |
| dc.date.accessioned | 2014-04-28T10:58:23Z | |
| dc.date.available | 2014-04-28T10:58:23Z | |
| dc.date.issued | 2013 | |
| dc.description | Titulación: Grao en Xeografía e Ordenación do Territorio -- Materia: Xestión Territorial da Paisaxe | gl |
| dc.description.abstract | Esta unidade didáctica achega o contido central da materia de Xestión territorial da paisaxe, de carácter obrigatorio no cuarto curso do Grao en Xeografía e Ordenación do Territorio. En efecto, se a materia no seu conxunto se dirixe á consideración da paisaxe desde a ordenación e a xestión territoriais, esta unidade en particular permite aproximarse ao instrumento clave que permite esta abordaxe: o Convenio Europeo da Paisaxe (CEP). Desde o ano 2000, cando foi asinado este documento transcendente en Florencia, a ordenación e a xestión da paisaxe fanse case sen excepcións baixo este marco normativo. De feito, no caso español, as distintas leis autonómicas que implantan as políticas da paisaxe como tales parten de forma deliberada do CEP, o cal recoñecen como fonte principal das súas determinacións. De todos os xeitos, é obvio que entre o estritamente estabelecido no CEP e as diferentes normativas, lexislacións ou praxes de planificación que se están a desenvolver en cada territorio en Europa ou no Estado español, á escala que sexa, hai diferenzas que nesta unidade tamén serán obxecto de atención. Dunha banda, a consideración da paisaxe forma parte do mellor da historia científica da xeografía. Por pór un exemplo altamente revelador, un dos persoeiros considerado «pai» da xeografía moderna, Alexander von Humboldt (Berlín, 1769-1859), situou a paisaxe no centro da súa reflexión. Doutra banda, a paisaxe constitúe na actualidade un argumento central nos documentos de planificación territorial e urbanística, así como nas estratexias de desenvolvemento local e territorial; deste xeito, é fundamental para o desenvolvemento das destrezas laborais en xeografía que o alumnado comprenda plenamente o significado da paisaxe e dea distinguido que engade esta na ordenación e xestión territoriais, en particular diferenciándoo de conceptos concomitantes como medio ambiente ou territorio. Por estas razóns, a materia ofrece un equilibrio entre contidos de tipo teórico-conceptual, dunha banda, e aspectos metodolóxicos e prácticos, da outra. En coherencia con esta formulación xenérica, a abordaxe do CEP conxugará ambos os dous na medida do posíbel. | gl |
| dc.description.sponsorship | Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüística | gl |
| dc.identifier.isbn | 978-84-15876-28-1 | |
| dc.identifier.uri | http://hdl.handle.net/10347/10213 | |
| dc.language.iso | glg | gl |
| dc.publisher | Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico | gl |
| dc.relation.ispartofseries | Unidades Didácticas (Universidade de Santiago de Compostela). Xestión Territorial da Paisaxe ; 3 | |
| dc.rights | © Universidade de Santiago de Compostela, 2013. Esta obra atópase baixo unha licenza Creative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 4.0 Internacional (CC BY-NC-SA 4.0) | gl |
| dc.rights.accessRights | open access | gl |
| dc.rights.uri | http://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/4.0/ | |
| dc.subject | Paisaxe | gl |
| dc.subject | Paisaje | gl |
| dc.subject | Políticas paisaxísticas | gl |
| dc.subject | Políticas paisajísticas | gl |
| dc.subject | Obxectivo de calidade paisaxística (OCPs) | gl |
| dc.subject | Objetivo de calidad paisajística (OCPs) | gl |
| dc.subject | Protección das paisaxes | gl |
| dc.subject | Protección de los paisajes | gl |
| dc.subject | Xestión das paisaxes | gl |
| dc.subject | Gestión de los paisajes | gl |
| dc.subject | Ordenación paisaxística | gl |
| dc.subject | Ordenación paisajística | gl |
| dc.subject | Convenio de Aarhus de 1998 | gl |
| dc.subject | Convenio Europeo da Paisaxe (CEP) | gl |
| dc.subject | Convenio Europeo del Paisaje (CEP) | gl |
| dc.subject | Estudos de impacto e integración paisaxística | gl |
| dc.subject | Estudios de impacto e integración paisajística | gl |
| dc.subject | Observatorio Galego da Paisaxe | gl |
| dc.subject | Observatorio Gallego del Paisaje | gl |
| dc.subject | Estratexia da paisaxe galega | gl |
| dc.subject | Estrategia del paisaje gallego | gl |
| dc.subject | Xestión Territorial da Paisaxe | |
| dc.subject | Grao en Xeografía e Ordenación do Territorio | |
| dc.subject.classification | Materias::Investigación::54 Geografía::5499 Otras especialidades geográficas (Especificar) | gl |
| dc.subject.classification | Materias::Investigación::25 Ciencias de la tierra y del espacio::2505 Geografía::250599 Otras (especificar) | gl |
| dc.title | O Convenio Europeo da Paisaxe como marco para a ordenación da paisaxe | gl |
| dc.type | book | gl |
| dspace.entity.type | Publication | |
| relation.isAuthorOfPublication | 75903a96-d9b3-4ca1-942e-0c358d65fc6c | |
| relation.isAuthorOfPublication.latestForDiscovery | 75903a96-d9b3-4ca1-942e-0c358d65fc6c |
Files
Original bundle
1 - 1 of 1
Loading...
- Name:
- Paul_Carril_Valeria_UD3-AAH.pdf
- Size:
- 949.61 KB
- Format:
- Adobe Portable Document Format
- Description: