Análise das cadeas globais de valor no sector textil : estudo dos seus impactos ambientais
Loading...
Identifiers
Publication date
Authors
Advisors
Tutors
Editors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Abstract
No presente traballo, realízase unha dobre aproximación teórica aos conceptos e implicacións
das Cadeas Globais de Valor (CGV) e da economía circular (EC). Incluíndo unha análise empírica
que integra esa dobre perspectiva.
En primeiro lugar, analízase o concepto de CGV, vantaxes e desvantaxes. Ademais de presentar
como funciona a súa estrutura en termos de gobernanza e upgrading.
En segundo lugar, apórtase unha descrición teórica da EC, así como os seus principios e
implicacións dentro do sector téxtil.
En terceiro lugar, lévase a cabo unha análise empírica na que conflúen ambas temáticas. Por
un lado, ponse en coñecemento a maneira de actuar predominante das principais economías
do sector dentro da CGV e, por outro lado, analizase a dinámica en torno as emisións de
dióxido de carbono (C02) presentes no comercio en valor engadido, usando como punto de
referencia a Unión Europea (UE-28).
En xeral, pódese concluír que existe un comportamento claro entre os países produtores e os
países compradores deste sector, algo que afecta de maneira evidente as emisións de C02 que
se realizan, tanto desde unha perspectiva de oferta como de demanda.
Description
Traballo Fin de Grao en Economía
Bibliographic citation
Relation
Has part
Has version
Is based on
Is part of
Is referenced by
Is version of
Requires
Sponsors
Rights
Atribución-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional








