A reescritura do mito na novelística de materia clásica de Álvaro Cunqueiro
Loading...
Identifiers
Publication date
Authors
Advisors
Tutors
Editors
Journal Title
Journal ISSN
Volume Title
Publisher
Abstract
A presenza de tramas e personaxes mitolóxicos na obra, tanto narrativa
como poética, de Álvaro Cunqueiro, é constante e non se reduce só ao ámbito clásico, do que se ocupa este
traballo, senón que aparecen importantes manifestacións dos mitos artúricos, celtas e mesmo da tradición árabe
dAs mil e unha noites. De isto dan conta moitos dos títulos das súas novelas Las mocedades de Ulises, Merlín e
familia, Si o vello Sinbad volvese ás illas e Un hombre que se parecía a Orestes, unha das novelas nas que se
centrará especialmente este traballo de investigación.
Ademais, unha obra non se circunscribe a un único mito, pois Cunqueiro mestura a miúdo diferentes tradicións
mitolóxicas e Un hombre que se parecía a Orestes ou Las mocedades de Ulises, por citar aquelas de temática
clásica máis evidente, non son unha excepción. Nestas novelas, o autor reinterpreta tamén dende o seu particular
punto de vista elementos da novela amorosa bizantina, da novela de cabalarías ou da novela de formación
(Bildungsroman), entre outros. Porén, este traballo terá como fin analizar de que forma reinterpreta Cunqueiro o
mito clásico e, para isto, sinalaranse as diferenzas que existen con respecto do tratamento do mito,
fundamentalmente na traxedia grega, pero tamén noutras manifestacións literarias que contribuíron ao
establecemento das distintas fábulas nas súas versións máis coñecidas.
Description
Keywords
Bibliographic citation
Relation
Has part
Has version
Is based on
Is part of
Is referenced by
Is version of
Requires
Sponsors
Rights
Attribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 Internacional








