RT Dissertation/Thesis T1 A reescritura do mito na novelística de materia clásica de Álvaro Cunqueiro A1 Mariño Mexuto, Marta K1 Reescritura K1 Mito K1 Comparación K1 Álvaro Cunqueiro AB A presenza de tramas e personaxes mitolóxicos na obra, tanto narrativacomo poética, de Álvaro Cunqueiro, é constante e non se reduce só ao ámbito clásico, do que se ocupa estetraballo, senón que aparecen importantes manifestacións dos mitos artúricos, celtas e mesmo da tradición árabedAs mil e unha noites. De isto dan conta moitos dos títulos das súas novelas Las mocedades de Ulises, Merlín efamilia, Si o vello Sinbad volvese ás illas e Un hombre que se parecía a Orestes, unha das novelas nas que secentrará especialmente este traballo de investigación.Ademais, unha obra non se circunscribe a un único mito, pois Cunqueiro mestura a miúdo diferentes tradiciónsmitolóxicas e Un hombre que se parecía a Orestes ou Las mocedades de Ulises, por citar aquelas de temáticaclásica máis evidente, non son unha excepción. Nestas novelas, o autor reinterpreta tamén dende o seu particularpunto de vista elementos da novela amorosa bizantina, da novela de cabalarías ou da novela de formación(Bildungsroman), entre outros. Porén, este traballo terá como fin analizar de que forma reinterpreta Cunqueiro omito clásico e, para isto, sinalaranse as diferenzas que existen con respecto do tratamento do mito,fundamentalmente na traxedia grega, pero tamén noutras manifestacións literarias que contribuíron aoestablecemento das distintas fábulas nas súas versións máis coñecidas. YR 2021 FD 2021 LK http://hdl.handle.net/10347/26324 UL http://hdl.handle.net/10347/26324 LA glg DS Minerva RD 22 abr 2026